26.2.10

Inauguración da exposición MulleresxMulleres

FOTO DE ESQUERDA A DEREITA: Soledad Pite, Emilia Salgueiro; Cruz Pérez Rubido, Margarida Vázquez, Yolanda Ferrer, Julia Ares, Dorda, Jose Luis Rey, Fina Mantiñan, Josefina Cerviño, Carmen Senande, Anne Heyvaert , Maria Xose Bravo, Soledad Penalta, Luisa Valdes e Aurichu.


Onte inaugurouse a esposición MulleresxMulleres, exposición colectiva que conta coas pezas que dezasete artistas realizaron para lembrar e recuperar a memoria doutras tantas mulleres protagonistas da nosa historia. Estará ata o 25 de marzo na Casa da Cultura Salvador de Madariaga. Esta exposición organizouse pola Concellaría de Cultura atendendo á próxima celebración do 8 de marzo, día internacional das mulleres. Para tal fin, a presentación contou coa presenza de María Xosé Bravo, responsable de cultura do Concello da Coruña, e Margarida Vázquez Veras, responsable do departamento de Igualdade e Participación Cidadá. Por parte de Servizos Sociais, destacar a asistencia de Silvia Longueira.

Temos que destacar o impresionante traballo de Jose Luis Rey en canto ao deseño desta exposición, destacando o uso duns veos que acotan os espazos independentes de cada obra mais permiten, a un tempo, integralas unhas coas outras. Este será tamén o responsable do deseño da exposición "Visibilidade", organizada pola Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá, que se inaugurará o próximo 8 de marzo ás 19:30 horas na sala de exposicións de María Pita. Estamos xa impacientes!!!!!

Deixámosvos aquí unhas fotos do acto inaugural que vivimos onte.





















25.2.10

Carmen Merelas Rico, nova Directora da Opinión de A Coruña


Desde a Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá do Concello da Coruña queremos expresar os nosos máis sinceros parabéns a Carmen Merelas Rico, nova Directora de La Opinión de A Coruña, en sustitución de Francisco Orsini, Director ata o de agora deste medio impreso.

Consideramos que supón un importantísimo avanzo na consecución da igualdade real entre homes e mulleres a presenza cada vez menos excepcional dunha muller en postos directivos de tanta responsabilidade e que, ata hai ben pouco tempo, resultaban vedadas para as persoas de sexo feminino.

Agardamos que cunda o exemplo e continuemos avanzando cara esa igualdade que é o noso obxectivo prioritario como Concellaría. Parabéns, Carmen.


22.2.10

Agradecementos compartidos


En primeiro lugar, debemos agradecer á Asociación de Veciños dos Rosales e ao Blog de Los Rosales por publicitar o obradoiro que hoxe celebraremos no Centro Cívico para explicar o Banco de Tempo da Coruña. Podedes ver as novas nestes enlaces:



E en segundo lugar, pero non por iso menos importante, agradecer a Fernando e Esther a inmensa amabilidade que nos adican na súa páxina a respecto da edición de Mercanatura do pasado sábado 20. Graciñas!!!!!



19.2.10

Impacto nos medios de comunicación da edición de Mercanatura que se celebrará mañá nos Rosales




Reproducimos aquí os enlaces relativos aos medios de comunicación onde atopamos información relativa á terceira edición de Mercanatura, que se celebrará mañá sábado a partir das 10:30. Esperamos vervos por alí!!!!



18.2.10

Terceira edición de Mercanatura

A Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá e a Asociación de Veciños dos Rosales presentan unha edición máis, a terceira xa, da Feira de produtos ecolóxicos e naturais Mercanatura, que se celebrará este sábado 20 de 10:30 a 15:00 horas nas proximidades da Praza Elíptica. Esta edición estará capitalizada polas celebracións de entroido que estamos a celebrar estes días na nosa cidade e comarca.

Para tal fin, achegamos o programa que está previsto desenvolver ao longo desa mañá.


Programación:


10.30 h.: apertura de Mercanatura.

11.00 h.: Obradoiros de disfraces e maquillaxe. (Trataríase de axudar aos nenos a confeccionar disfraces de froitas, verduras e animais a partir de bolsas plásticas, cartulinas e papeis de cores, así como de maquillalos adecuadamente).

12.00 h: apertura do stand de venda da “Filloa Solidaria” (cuxos beneficios van destinados aos damnificados do terremoto de Haití), a cargo de alumnos da Escola de Hostelería San Javier, da Coruña.

12.00 h.: concentración das comparsas na entrada da Praza Elíptica e inicio do desfile pola r/ Manuel Azaña ata a r/ Rodríguez Castelao (e volta á Praza Elíptica).

13.00 h.: rota do tapeo carnavaleiro e verbena amenizada polo Dúo Café.

15.00 h.: clausura de Mercanatura e da festa.


Nota: de contar cunha climatoloxía propicia todos os actos festivos terían lugar na Praza Elíptica. De no ser así, pasarían a celebrarse no Centro Cívico.

Temos que sinalar o agradecemento dos organizadores á Escola de Hostelería San Javier por ter "cedido" dous alumnos para a realización das filloas solidarias de cara a paliar, na medida do posible, as necesidades das persoas damnificadas polo desastre de Haití.

Aula de cata da Escola de Hostelería San Javier

17.2.10

Unha das candidaturas á Xunta Directiva do Colexio de Avogados da Coruña está formada integramente por mulleres


Tal e como adiantou onte o Ideal Gallego, de entre as tres candidaturas presentadas para as eleccións á Xunta Directiva do Colexio de Avogados da Coruña, onde se inclúe a elección do Decanato, unha delas estaría formada única e exclusivamente por mulleres. Reproducimos un extracto da noticia onde se explica o por qué desta casuística:

"En femenino > Por su parte, las integrantes de “El hall del juzgado” cuentan con una baza añadida, la de ser la primera candidatura íntegramente femenina. “Nos vemos como un motor que necesita la abogacía. Gente nueva, proyectos nuevos, motivaciones nuevas...”, adelanta la candidata a decana.

Como admite Novoa, cuando comenzaron a perfilar su proyecto, el equipo estaba abierto a todo tipo de apoyos, pero resultaron ser las mujeres las únicas que se decidieron a “tirarse a la piscina”, si bien intentan representar a todos los profesionales del ente".

As eleccións serán o próximo día 10 de marzo, data moi próxima á celebración do 8 de marzo, día internacional das mulleres.

Agardamos, en todo caso, que o resultado destas eleccións sexa o mellor para o funcionamento deste Ilustre Colexio.

10.2.10

Fotos da visita ao Centro Cívico e Social e á Polideportiva de Novomesoiro

Como xa vos adiantamos, Quique Tello, Margarida Vázquez e Xan M. Caxigal visitaron as obras do Centro Cívico e Social de Mesoiro e a Polideportiva, impulsadas polas respectivas Concellarías de Igualdade e Participación e Deportes.

No Salón de Actos, Exposicións e Actividades improvisouse unha rolda de prensa onde se falou destas infraestruturas, do barrio e doutros temas de interese cidadán que protagonizan estes días as portadas dos diversos medios: Consorcio das Mariñas, PXOUM ou Torre de Hércules, entre outros.

Recibidor e Patio exterior


Módulo corredeiro que separa o recibidor e o Salón de Actos


Sala de Lectura. Esta Sala conta con acceso exterior independente.


Ludoteca infantil. Do mesmo xeito que a Sala de Lectura, conta cun acceso exterior que dá directamente ao Patio.


Aseos para as nenas da Ludoteca. Totalmente adaptados.


Aseos para os nenos.


Salón de Actos, Exposicións e Actividades. Pode abrirse totalmente ao recibidor.


Acceso interno á Sala dobre Polivalente e á Sala de Lectura (á dereita). Á esquerda, acceso aos aseos de adultos, camerinos, almacén e escenario do Salón de Actos.


Conserxería do Centro. Está pensada para funcionar como Rexistro para determinados trámites.


De esqueda a dereita, Margarida Vázquez, Quique Tello e Xan M. Caxigal dispóñense a atender aos numerosos medios presentes.










A continuación, desprazámonos ao cercano Polideportivo, que está previsto finalice en mes e medio. Alí, Xan M. Caxigal, Concelleiro de Deportes, ensinounos os diferentes equipamentos que alí se contemplan.

Pista polideportiva e vestiarios (esquerda).


Aulas para actividades.


Impresionante gradería. Só falta o público.....


Vista do val desde o acceso principal. O aproveitamento da luminosidade natural, como no caso do Centro Cívico e Social, é indispensable neste tipo de edificios.


Xan M. Caxigal e Quique Tello co Xefe de Obra.


Graderío, Pista e entrada frontal de luz.


Vestiarios.


Os acabados da Polideportiva son espectaculares.


Aquí apréciase perfectamente o impacto do edificio no contorno.

9.2.10

Quique Tello, Margarida Vázquez e Xan Caxigal visitarán Novomesoiro mañá ás 11:00


Mañá mércores, ás 11:00 horas, o Primeiro Tenente de Alcalde, Quique Tello, a Concelleira de Igualdade e Participación Cidadá, Margarida Vázquez, e o Concelleiro de Deportes, Xan M. Caxigal, visitarán as diferentes obras impulsadas desde os departamentos de Participación e Deportes con cargo aos fondos FEIL do pasado ano. En concreto, trátase do Centro Cívico e Social de Mesoiro, do que xa vos adiantamos unha foto ao comezo desta entrada, e o Polideportivo impulsado pola Concellaría de Deportes. Dúas obras, efectivamente, reclamadas e consensuadas coas veciñas e veciños deste xoven barrio coruñés.

A visita iniciarase ás 11:00 horas no Centro Cívico e Social, xa rematado e en período de preparación e inicio de actividades, para logo dirixirse ao Polideportivo que se ubica na mesma Avenida dos Ancares.







Desde logo, dúas novas infraestruturas que colmarán os desexos das veciñas e veciños do barrio....e especialmente dos máis novos.

Que os desfrutedes.

5.2.10

Mulleres, espello de culturas, ata o 4 de abril no Quiosco Alfonso

Desde o pasado 3 de febreiro ata o 4 de abril, pódese visitar no Quiosco Alfonso da Coruña a exposición Mulleres, espello de culturas, da que xa vos temos falado neste espazo virtual.

Desde logo, sobran as palabras para animarvos a acudir a este excelente traballo de reivindicación de culturas ancestrais, e mesmo de sociedades máis igualitarias no seu tempo que as formadas polos reinops europeos que as colonizaron, impoñendo a súa visión sobre os roles de xénero.

Deixámosvos aquí unha pequena mostra do que poderedes ver.


Togo, inicios s.XX
Colección Graf von Zech
Fotoarchiv, Staatliches Museum für Völkerkunde München


Cabeza dunha raíña nai (iyoba)
África: Nixeria; Reino de Benín; siglos XVIII-XIX
Lata
Foto: SMV, Marianne Franke


Amazonia, 1903-1905
Fotoarchiv, Staatliches Museum für Völkerkunde München


Myanmar, sur dos Estados de Shan, Myinmati
Fotoarchiv, Staatliches Museum für Völkerkunde München
Foto: Christine Scherman 1910


Torso dunha figura feminina (yakshi)
India, Orissa, siglo XI
Piedra arenosa
Foto: SMV, S.Autrum-Mulzer


Deusa Mahisha
Sur da India, Kerala; siglo XVII
Plata
Foto: SMV



Xapón, 1900
Fotógrafo desconocido
Fotoarchiv, Staatliches Museum für Völkerkunde München


Forquela representando a ave fénix
China, Cantón; siglo XIX
Col. Real de Utensilios Domésticos
Foto: Georg A. Thuringer, Passau


Australian Museum Archives
Foto: Percy Momey, 1908



Cortesía do Museo Etnológico de Múnich
Foto: Antoin Sevruguin, c. 1892


Dama con pipa de auga
Irán; acuarela, finais século XIX - principios século XX
N.º inv. 88-311-100
Foto: SMV, M. Weidner


Alaska, c. 1920
Foto: Edward S. Curtis


Vestido de chicha
América do Norte: Grandes Planuras, Dakota; segunda metade do século XIX
Coiro, cristal, corda, fío téxtil
Colección Liselotte Eber, Munich
Foto: Georg A. Thuringer, Passau