31.3.11

A concelleira de Igualdade presenta o II Plan de Equidade entre mulleres e homes como unha aposta pola calidade de vida da cidadanía


O PLAN CONTEMPLA UN CONXUNTO DE OBXECTIVOS E MEDIDAS PARA PROMOVER UNA IGUALDADE EFECTIVA E NON SÓ LEGAL

A concelleira de Igualdade e Participación Social, Margarida Vázquez, presentou o II Plan para a promoción da equidade entre mulleres e homes do Concello da Coruña (2011-2014). “Este Plan supón unha aposta deste Concello polo fomento da sostenibilidade económica, demográfica e social, a solidariedade, o traballo en rede e, en suma, aposta pola calidade de vida e o benestar dos coruñeses e as coruñesas”, sinalou a concelleira Vázquez. “E contempla un conxunto de obxectivos e medidas basados neses principios e valores fundamentais e promove unha igualdade efectiva, e non só legal, entre mulleres e homes, partindo do feito de que o sexo dunha persoa non debe condicionar o seu desenvolvemento e as súas aspiracións”.

O plan recolle que a calidade de vida e benestar que desexamos para ambos sexos están en consonancia ou en relación coas características e idiosincrasia da nosa cidade: alta densidade poboacional, poboación altamente envellecida, baixo nível de natalidade, mais da metade da poboación son mulleres – concretamente un 53,47%, según datos INE 1/01/2009, logo non se trata dun colectivo respecto do total poboacional- , importante incidencia na xente nova – tanto en rapazas como en rapaces, aínda que con mais incidencia nestes últimos – de actitudes e posicionamentos machistas e homófobos, etc.

Diferencia principal con I Plan: o impulso da EQUIDADE.

A implementación deste Plan non persigue beneficiar en exclusividade ás mulleres coruñesas, nin parte da premisa de que estas son o centro dos problemas que lles afectan, polo tanto non poden ni deben ser o foco de atención en exclusividade das políticas públicas locais.

As diferencia fundamental respecto do primer Plan: o cambio de enfoque ou estratexia nas políticas de igualdade do Concello. O Concello, neste sentido, aposta por:
 Unha estratexia política que integre de xeito efectivo as políticas específicas/medidas de acción positiva que viña desenvolvendo con outras de carácter transversal (ver área 1. Administración igualitaria.
 Unha estratexia que sitúa o seu centro de interese no desenvolvemento das Mulleres e dos Homes e non só das Mulleres, isto é, nas relacións entre homes e mulleres, na toma en consideración das súas necesidades e realidades, de ahí o término de EQUIDADE. O emprego deste término constata que ainda que homes e mulleres non sexan iguais (como non o son os homes entre si e as mulleres entre si) si o deben ser os seus dereitos, oportunidades e posibilidades. Neste sentido, o II Plan en materia de promoción da igualdade deste Concello é realmente o I Plan de promoción da equidade.

Antededentes do II Plan e traballos previos a súa elaboración

O II Plan municipal do Concello ten como punto de partida os resultados e a experiencia do I Plan municipal de Igualdade do Concello (2001-2004). O novo Plan supón nalgunha das actuacións comprometidas no anterior plan a adaptación as necesidades actuais.

O traballo da súa elaboración iniciouse no ano 2008 coa elaboración dunha diagnose base que se completaría o ano seguinte cunha diagnose aplicada e cuxas conclusións se tiveron en conta na redación - no ano 2010 – dun Plan específico ou sectorial , o Plan de programación do tempo da cidade da Coruña.

O obxectivo xeral das medidas que contempla este Plan é a promoción do cambio na organización temporal vixente na cidade mediante un proceso participativo. En todo este proceso o Concello contou co asesoramento e financiación da Consellería de Traballo (Xunta de Galicia).

Posteriormente a ao longo do ano 2010 iniciouse a diagnose para a redacción doutro Plan específico ou sectorial centrado na conciliación da vida persoal, familiar e laboral, isto é, un conxunto de medidas dirixidas a convertir a cidade da Coruña nunha cidade amable para a cidadanía, impulsando a realización de medidas que faciliten a conciliación da vida persoal, familiar e laboral da cidadanía, fomentar a corresponsabilidae e a harmonización dos usos sociais do tempo.
Neste proceso o Concello contou co apoio e asesoramento posto a disposición desde o Instituto da Muller gracias á colaboración deste último coa Femp e a Asociación Noruega de autoridades locais e rexionais (KS).


Casi simultaneamente e tamén ao longo do ano 2010 iniciouse o traballo de diagnose para a redacción do Plan de Equidade, en cuxa redacción se contemplaron todos os obxectivos e medidas contempladas nos plans específicos mencionados e polo tanto as súas metodoloxías de traballo.
Neste proceso o Concello contou con financiación a cargo da subvención anual da Deputación da Coruña.

Por todo o anterior é destacable o peso específico da Conciliación na redacción do Plan de Equidade pero é importante suliñar que o Plan de Equidade é moito mais amplio, isto é, contempla obxectivos e medidas vencellados a outros ámbitos ou temáticas.

Contidos (áreas do Plan) e exemplos dalgún obxectivo específico e medidas contempladas no Plan

1. administración igualitaria e conciliadora
2. atención multidisciplinar á violencia de xénero
3. benestar social e saúde
4. conciliación e corresponsabilidade
5. educación e deportes
6. emprego e novas tecnoloxías
7. multiculturalidade, diversidade, participación cidadá e sensibilización en igualdade
8. turismo e cultura
1. urbanismo e medioambiente
2. xestión da información, linguaxe e publicidade

Importancia do proceso participativo na elaboración do Plan (tanto a nível municipal como por parte da cidadanía)

No proceso participativo de elaboración do Plan de Equidade, participaron persoal técnico e político do Concello e a cidadanía organizada a través de diferentes entidades, axentes e institucións. . Destacar que se realizaron:

- mesas sectoriais e de concertación
- reunións dos órganos: Comité e Comisión de conciliación do Concello da Coruña.
- entrevistas e grupos focais nos que participaron axentes sociais, asociacións, colectivos feministas, etc.

30.3.11

Ciclo audiovisual da Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá o xoves 31 de marzo e o venres 1 de abril


Os próximos días, máis concretamente mañá e pasado mañá, comeza o ciclo audiovisual que a Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá programou dentro das actividades do mes de marzo en conmemoración do Día internacional das mulleres. Estas son as dúas interesantísimas propostas:


Ciclo audiovisual

Ambito deportivo. Documentais:

1. IRENE A PORTEIRA: Irene xogou ao fútbol a comezos do século XX na Coruña como porteira do seu equipo. Acadou tanta sona que chegou, primeiro, a ser a capitana e, logo, a darlle o nome ao clube: Irene Fútbol Club.
Autora: Lis Franco

2. PÁDEL: nesta peza documental dase a coñecer un deporte considerado “enganosamente” ultraminoritario pero que é o deporte máis practicado por mulleres maiores de 35 anos en España.
Autora: Lis Franco

3. MEDINA FEMININO DE BALONCESTO: este equipo foi campión da liga española na temporada 1965/66 e subcampión noutras catro ocasións entre 1966 e 1970. Ademais, foron campionas da copa da raíña de 1961.
Autor: Oscar Losada

Lugar: Centro cívico Labañou
Data: 31 de marzo
Hora: 19.30 h.


Longamentraxe documental “A maleta de Sofía”
quen coñece a Sofía Casanova .....?

"A Maleta de Sofía" é unha longametraxe que recupera a vida e a historia de Sofía Casanova, escritora, poeta e correspondente de guerra, que presenciou algúns dos acontecementos máis importantes do século XX, incluídas as dúas Revolucións Rusas e as dúas Guerras Mundiais. No mes de setembro do presente ano 2011 cúmprese o cento cincuenta aniversario do seu nacemento, en A Coruña.
Director e produtor: Marcos Gallego

Lugar: Domus
Hora: 20.00 h.

A entrada en ambas as dúas proxeccións é libre ata completar aforo.

24.3.11

Os veciños de Monelos buscarán hoxe novos finais para os contos tradicionais no obradoiro que se desenvolverá no centro cívico

A CONCELLARÍA DE IGUALDADE DESEÑOU UN COMPLETO PROGRAMA CON MOTIVO DA CELEBRACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES CO FIN DE SENSIBILIZAR AOS CIDADÁNS SOBRE A NECESIDADE DE EDUCAR EN IGUALDADE


O Centro Cívico de Monelos acollerá mañá xoves, 24 de marzo, ás 18.30 horas, o obradoiro “O que nunca che contaron: Contos vellos, novos finais”, que se trasladará na xornada do venres, 25 de marzo, ás 11.30 horas, ao Centro Cívico de Artesanos. Este obradoiro de sensibilización está pensado para todas as idades, a partir dos 16 anos, e ten como obxectivo revisar os vellos contos, dominados polos valores estereotipados e pola violencia contra as mulleres. 

Esta actividade enmárcase no programa deseñado para este ano pola Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá con motivo da conmemoración do Día Internacional das Mulleres, baixo o lema “A Coruña, medrando en igualdade”. Nestas actividades formativas e divulgativas teñen un gran protagonismo os centros cívicos da cidade, xa que un dos máximos obxectivos desta concellaría é chegar ao maior número posible de cidadáns e cidadás con estas propostas. As actividades que se están a desenvolver están acadando un grande éxito de participación en todos os centros cívicos, onde numerosos usuarios de todas as idades achéganse á cultura da igualdade grazas a esta iniciativa da Concellaría de Igualdade.
Recuperar a historia das mulleres é o obxectivo doutra das actividades programadas, que leva por título “Mulleres no rueiro” e que consiste nunha homenaxe ás 37 mulleres que teñen rúas dedicadas na Coruña dun total de 1.500 vías. Así, realízase un itinerario guiado achegando ás persoas participantes a historia descoñecida destas mulleres, nunha actividade que se desenvolverá en cinco centros cívicos. Este obradoiro desenvolverase mañá xoves, ás 10.30 horas, no Centro Cívico de Monelos.

Outro dos obradoiros que se desenvolveron nestes días é o de Corresponsabilidade, apoiado nos paneis da exposición “Visibilidade”. O obxectivo é romper os tópicos sexistas na división do traballo e concienciar sobre a necesidade de que homes e mulleres compartan as tarefas domésticas. 

A continuación incluímos, na seguinte páxina, un cadro coas datas e os horarios das actividades que aínda quedan por celebrar:


Actividade Data Hora Centro Cívico


Mulleres no rueiro 24/03/2011 10.30 h Monelos
25/03/2011 11.00 h. Mesoiro
06/04/2011 17.00 h. Eiris

O que nunca 
che contaron 24/03/2011 18.00 h. Monelos
25/03/2011 11.30 h. Artesanos
07/04/2011 18.00 h. Mesoiro
13/05/2011 17.00 h. Eirís

22.3.11

Recollida dos traballos presentados ao concurso IGUAIS non premiados nin seleccionados

Dende a Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá do Concello da Coruña queremos comunicarvos ás persoas cuxos traballos presentados ao concurso IGUAIS non foron premiados nin seleccionados que os días 28 e 29 de marzo en horario de 12:00 a 14:30 poderedes recoller a obra que presentastes ao concurso organizado pola nosa concellaría.

Para a recollida da devandita obra deberedes dirixirvos á Conserxería do Concello, sita no Palacio de María Pita, nº 1, Planta Baixa.

Para calquera aclaración poderedes poñervos en contacto connosco no teléfono 981 184 309 (en horario de 8.30 a 14.30).

A Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá da Coruña premiada como entidade pública máis comprometida na I Gala do deporte feminino


O próximo día 25 de marzo será unha data que aparecerá marcada no calendario: Mudegá celebrará a primeira Gala do Deporte Feminino en Galicia, na que se premiará ás mellores deportistas, técnicas, entidades, árbitras, clubs da pasada tempada.

A cita é o próximo día 25 de marzo (20:30 horas) no Salón de Actos do Pazo da Cultura de Pontevedra, nun evento que é posible grazas a colaboración do Concello de Pontevedra e do Pazo da Cultura. Con este acto, Mudegá busca lograr a visibilidade do deporte feminino, un dos obxectivos principais deste colectivo: Lograr que os éxitos do deporte feminino sexan recoñecidos pola sociedade e para iso é necesario ser visibles nos medios de comunicación.

O xurado, que se reuniu o día 18 de marzo, estivo formado por Mari Luz Ferreiro (xornalista da Voz de Galicia); David Acevedo (Xefe de deportes do Diario de Pontevedra); Elena Fernández (Directora do Centro Galego de Tecnificación Deportiva); Belia Méndez (directora do IMD de Pontevedra); Javier Rico (xerente da Fundación Deporte Galego); Nuria Rodríguez (presidenta da Federación Galega de Salvamento e Socorrismo), Mercé Barrientos (presidenta da Federación Galega de Taekwondo) e Pilar Neira (presidenta de Mudegá). Como secretaria actuou Ana Varela (presidenta do club perla de Fútbol Sala de Sada e directiva de Mudegá).

As persoas e entidades premiadas son: Estefanía Hernández, como mellor deportista galega feminina, e a traineira Rías Baixas, como equipo máis destacado. O xurado tamén recoñeceu a traxectoria profesional da piragüista Ana Penas, Ana Valín (pentatlón) como adestradora máis destacadas do ano 2010. O premio para a mellor árbitro galega recibirao Teresa Martínez Cancelo.  Na categoría de mellor iniciativa a favor do deporte feminino foi premiada María Ruiz Castro, creadora de de o club Pádel Cíes. Extruigasa (entidade privada que máis colabora co deporte feminino); Anxo Alfonso Villar, do Friol (mellor directivo); a gimnasta Yael Campo (mellor promesa); Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá do Concello da Coruña (entidade pública máis comprometida), e A tempada do fútbol galego (medio de comunicación).




PREMIOS I GALA DO DEPORTE FEMININO GALEGO

Mellor deportista, Estefanía Hernández
Mellor traxectoria, Ana Penas
Medios de comunicació,n A temporada do fútbol galego
Mellor adestradora, Ana Valín
Mellor árbitro, Teresa Martínez Cancelo
Iniciativa a prol do deporte feminino, María Ruíz Castro, creadora do club Padel Feminino Cíes
Entidade privada amiga, Extrugasa
Entidade pública máis comprometida, Concellería de Igualdade do Concello da Coruña
Directivo máis comprometido, Ángel Alfonso Villar (Friol)
Mellor equipo, Traíñas Rías Baixas
Premio a mellor promesa, Yael Campelo

19.3.11

Máis traballos seleccionados

Cambia o conto, por Adrián Morgade Valcárcel

 Comportamento, por Ricardo Fernández Mora

 O máis difícil todavía, por Lilith Acción Social e Educativa

Razoa un futuro xusto, por Pedro Martín Pérez


Traballos presentados a IGUAIS e seleccionados para proxectos expositivos coa súa autoría


Como se indicaba nas bases e convocatoria deste concurso, o xurado escolleu un número de obras presentadas para formar parte de futuras exposicións organizadas pola nosa Concellaría.

Nos próximos días indicaremos onde se poden recoller os traballos non seleccionados.


4 Cambia o conto, por Adrián Morgade Valcárcel
5 Igualitas, por Jose Javier Pérez López
7 Comportamento, por Ricardo Fernández Mora
9 O máis difícil todavía, por Lilith Acción Social e Educativa
12 Razoa un futuro xusto, por Pedro Martín Pérez
15 Nova fregati, por Somosmagenta, S.L.
16 Home ou muller, por Carlos Lorenzo Ayala
17 Píxel, por Borja Lamas Rodríguez
19 Por que elexir?, por Isabel Albela González
21 Que non te encasillen!, por Xiana de la Peña Parga
24 Nivelados, por Xoán Carpente López
26 Desmárcate, por Purificación Cabido Pérez
32 Carta de axuste, Begoña Pastoriza Varela
33 Debuxo, por Laura Cabal García
35 Muller do fogar, por Verónica Eugenia Iglesias Pérez
36 O Sexador, por Juan Diego Ingelmo Benavente
37 Un novo código, por Emilio Pablo Hueso Arevalillo
38 Mente, por Roberto Cores Ferreira ( 1º Accésit )
40 Día do pai, por Alberto Lorenzo Otero
41 Desodorante, por Patricia Portela Vaamonde
45 Fíxate, por Celestino Barreiro Torrado e Rafael Rumbo Vieira ( 2º Accésit )
52 Iguais, por Belén Otero Mouro
54 Sae e xoga pola igualdade, por Lucía Blanco Torres
55 Non queremos ser bonecas, por Marta Paz Naveiro
56 Non é unha muller, por Noemí Cubillo Rico ( 1º Premio )
58 Cabeza, por Antón Lezcano González
59 Oferta, por Rafael Pier Romero
60 Credulidade, por Manuel Ramas Quilez
63 Pseudonimo: Del Lagrace, por Iria Presedo Martínez
64 Tanta loita para isto?, por Esther Amil Bastardo



18.3.11

Campaña de corresponsabilidade da Cruz Vermella

O pasado 15 de marzo asistimos á inauguración da exposición "Te corresponde, nos corresponde", organizada pola Cruz Vermella coa colaboración da Secretaría de Estado de igualdade e da Obra Social La Caixa no Centro Comercial Espacio Coruña. Esta exposición de vinte viñetas de recoñecidos debuxantes de humor gráfico pretende concienciar sobre a conciliación da vida persoal, familiar e laboral como un dos grandes retos do século XXI. Podedes visitala na primeira planta deste Centro.

Ao mesmo tempo que na Coruña, poderá tamén visitarse en Madrid, Pamplona, Toledo, Castellón, Valladolid, Las Palmas, Oviedo, Girona e Sevilla.

Consulta datas, autores e todo o relativo a este proxecto na  Web "Te corresponde, nos corresponde"





15.3.11

Actividades da Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá polo 8 de marzo

Rematado o festival arte+parte 3, aínda nos quedan moitísimas actividades interesantes desde onte, 14 de marzo, ata a primeira semana de abril, coa salvedade do Centro Cívico de Eirís, onde chegaremos ata o 13 de maio co obradoiro "Contos vellos, novos finais".


“As mulleres no rueiro”

Das máis de 1500 vías coas que conta a cidade da Coruña, só 37 están adicadas a mulleres, mentres que máis de 300 honran a memoria de homes. Por iso, e como unha homenaxe a elas, preséntase esta ruta para que a cidadanía coñeza o seu barrio, as vías adicadas ás mulleres e a vida das mesmas. Co itinerario guiado polas rúas con nome de muller preténdese achegar ás persoas participantes a historia descoñecida dalgunhas mulleres.

C.Cívico San Diego 14-03-2011 10:00
Centros cívicos Monte Alto e Artesanos 18-03-2011 10:00
C.C. Monelos 24-03-2011 10:30
C.C. Mesoiro 25-03-2011 11:00
C.C. Castrillón e Eiris 06-04-2011 17:00

O que nunca che contaron: “Contos vellos, novos finais”
Obradoiro de sensibilización en igualdade interxeneracional

A proposta pretende visibilizar e reforzar o papel fundamental das unidades familiares como axentes de socialización primaria. 

Facilitarase unha análise crítica dos roles e estereotipos de xénero que desde os contos tradicionais se están a reforzar e reproducir na infancia.

Destacar os seguintes obxectivos: 

- Concienciar da importancia dos contos como factor de socialización da infancia.
- Evidenciar o trazo sexista e a violencia contra as mulleres presentada a través da literatura infantil tradicional.
- Valorar positivamente os contos que desenvolvan actitudes e comportamentos de cooperación, amizade, respecto á diferenza e relacións de igualdade.

Centros Cívicos. Monte Alto y Artesanos 15 -03-2011 11:00
C.C. San Diego 16-03-2011 18:00
C.C. Palavea 21-03-2011 18:00
C.C. Monelos 24-03-2011 18:30
C.C. Mallos 31-03-2011 18:00
C.C. Artesanos 01-04-2011 11:30
C.C. Mesoiro 7 - 04-2011 18:00
C.C. Eiris 13-05-2011 17:00

Obradoiro de corresponsabilidade:

 “Resetea o teu Rol: saberes esenciais para convivir” + Exposición “ Visibilidade”

Con este obradoiro, apoiado nos paneis da Exposición “Visibilidade” queremos axudar a romper os tópicos e estereotipos sexistas na división do traballo e concienciar sobre a necesidade de que homes e mulleres compartan as tarefas domésticas e responsabilidades familiares para poder gozar da vida en condicións de igualdade. 
O dito obradoiro contribúe a visibilizar a realidade do traballo reprodutivo, concienciar da súa importancia e da necesidade de compartilo.


C.C. Elviña 14-03-2011 18:00
C.C. Castrillón 17-03-2011 17:00

Ciclo audiovisual 

    Ambito deportivo. Documentais:  

1. IRENE A PORTEIRA: Irene xogou ao fútbol a comezos do século XX na Coruña como porteira do seu equipo. Acadou tanta sona que chegou, primeiro, a ser a capitana e, logo, a darlle o nome ao clube: Irene Fútbol Club.
Autora: Lis Franco

2. PÁDEL: nesta peza documental dase a coñecer un deporte considerado “enganosamente” ultraminoritario pero que é o deporte máis practicado por mulleres maiores de 35 anos en España.
Autora: Lis Franco

3. MEDINA FEMININO DE BALONCESTO: este equipo  foi campión da liga española na temporada 1965/66 e subcampión noutras catro ocasións entre 1966 e 1970. Ademais, foron campionas da copa da raíña de 1961.
Autor: Oscar Losada

Lugar: Centro cívico Labañou
Data: 31 de marzo 
Hora: 19.30 h. 

Longamentraxe documental “A maleta de Sofía” 
quen coñece a Sofía Casanova .....?

"A Maleta de Sofía" é unha longametraxe que recupera a vida e a historia de Sofía Casanova, escritora, poeta e correspondente de guerra, que presenciou algúns dos acontecementos máis importantes do século XX, incluídas as dúas Revolucións Rusas e as dúas Guerras Mundiais. No mes de setembro do presente ano 2011 cúmprese o cento cincuenta aniversario do seu nacemento, en A Coruña.
Director e produtor: Marcos Gallego

Lugar: Domus
Hora: 20.00 h.













14.3.11

Centos de persoas participaron nas actividades de tarde e case un milleiro asistiron aos concertos da noite


No transcurso do festival entregáronse os premios Iguais de publicidade antisexista. O primeiro premio recaeu en Noemí Cubillo, e os accesits foron entregados a Roberto Cores e a Celestino Barreiro e Rafael Rumbo

Durante a xornada os numerosos visitantes ao festival que se celebra en EXPOCORUÑA puidero ver ás equilibristas de Duelirium, ou a exposición colectiva “En Feminino” e pola noite o prato forte chegou co concerto de “Ojos de Brujo” e os grupos coruñeses Chotokoeu e Duplo Son


O Festival Mulleres Arte + Parte, celebrado onte en EXPOCORUÑA e promovido pola Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá, acadou un grande éxito de participación, tanto nas actividades celebradas durante a tarde, na que se achegaron ao recinto centos de persoas, como pola noite, no programa musical, que chegou a reunir en EXPOCORUÑA a un milleiro de persoas. O obxectivo desta proposta multidisciplinar é reivindicar o papel protagonista das mulleres nas distintas disciplinas artísticas, nas que historicamente foi relegada como simple elemento decorativo. Ademais, no transcurso deste evento celebrouse o acto institucional con motivo do Día Internacional das Mulleres. Ao acto asistiron o alcalde da Coruña, Javier Losada, así como o primeiro tenente de alcalde, Henrique Tello, e a concelleira de Igualdade e Participación Cidadá, Margarida Vázquez.
No transcurso deste acto fíxose público o fallo e realizouse a entrega dos premios de publicidade antisexista “Iguais”, do que permaneceron expostos durante toda a xornada os 60 traballos finalistas. O primeiro premio, dotado con 5.000 euros, foi entregado polo alcalde, e recaeu en Noemí Cubillo Rico, polo seu traballo titulado “Non é unha muller”. O primeiro accesit, dotado con 2.500 euros, foi entregado polo primeiro tenente de alcalde e Roberto Cores Ferreira, polo seu traballo titulado “Mente”. O segundo accesit, dotado coa mesma contía e entregado pola concelleira de Igualdade, foi para Celestino Barreiro e Rafael Rumbo, polo seu traballo titulado “Fíxate”.


Durante o transcurso do festival, que celebrou este ano a súa terceira edición, foron as mulleres o eixo condutor dun encontro no que se mesturaron as artes plásticas, as artes escénicas e, por suposto, a música. As primeiras en actuar, e levantando os aplausos de público de todas as idades, foron as equilibristas do dúo artístico galego Duelirium, integrado por Mercè Solé e Raquel Oitavén. As artistas fixeron un despregue da súa linguaxe propia, na que mesturan mimo, teatro, malabares e unha gran empatía co público con trapecio, danza vertical, voo, contorsión e danza.


Xa ás 19.15 horas celebrouse unha mesa redonda coas artistas participantes na exposición “En Feminino". Esta mostra pictórica colectiva comisariada pola artista coruñesa Rebeca Ponte, conta con obras da propia Rebeca Ponte, Belén Cossío, Mónica Pan,Lara Pintos, Noelia Buján e Yolanda Dorda. A exposición presenta a obra de seis artistas mulleres que na súa propia linguaxe creativa, diferente e persoal, dialogan co público a través do espazo expositivo sobre a imaxe da muller. De xeito indirecto, as artistas participantes realizan unha homenaxe a todas as mulleres da historia que tiveron que asinar as súas obras con pseudónimos ou nomes de home para que así as pezas puidesen ver a luz. A exposición “En Feminino” tense convertido nunha arma contra a violencia machista a través da expresión artística. Así foi considerada polo Instituto Catalán da Muller, que premiou esta mostra na que se transmite con sinxeleza, claridade e solidariedade un grito de liberdade e igualdade.

No transcurso do festival o público puido achegarse de forma gratuíta a contemplar esta mostra, sobre a que Rebeca Ponte presentou unha montaxe de danza – performance inspirada nas obras da mostra. Ademais, durante todo o festival proxectouse a videocreación “Autorretrato”, da recoñecida creadora Ana Domínguez, que é xunto con Ángel Rueda co-directora do festival de cinema S8 (Mostra de Cinema Periférico).


O prato forte chegou a partir das 21.30 horas, co programa musical, que incluiu os concertos dos grupos locais Duplo Son e Chotokoeu. Estas actuacións remataron co concerto culminante, a cargo do grupo Ojos de Brujo, que está realizando a súa xira de despedida, que comezou en xaneiro e rematará en decembro. Por tanto, o público coruñés, formado por en torno a mil persoas, foi un dos privilexiados que puido ver a Ojos de Brujo nunha das súas últimas actuacións.
Para poder levar adiante estas edicións do festival, a Concellaría de Igualdade ven contando coa colaboración estable de entidades e organizacións como están as empresas Gadisa, Begano e Estrella Galicia, así como o Centro Comercial Los Rosales e o Consorcio de Turismo da Coruña.

Listado dos trinta traballos seleccionados dentro do concurso IGUAIS para diferentes proxectos expositivos


Como se indicaba nas bases e convocatoria deste concurso, o xurado escolleu un número de obras presentadas para formar parte de futuras exposicións organizadas pola nosa Concellaría.

Nos próximos días indicaremos onde se poden recoller os traballos non seleccionados.


4 Cambia o conto, por Adrián Morgade Valcárcel
5 Igualitas, por Jose Javier Pérez López
7 Comportamento, por Ricardo Fernández Mora
9 O máis difícil todavía, por Lilith Acción Social e Educativa
12 Razoa un futuro xusto, por Pedro Martín Pérez
15 Nova fregati, por Somosmagenta, S.L.
16 Home ou muller, por Carlos Lorenzo Ayala
17 Píxel, por Borja Lamas Rodríguez
19 Por que elexir?, por Isabel Albela González
21 Que non te encasillen!, por Xiana de la Peña Parga
24 Nivelados, por Xoán Carpente López
26 Desmárcate, por Purificación Cabido Pérez
32 Carta de axuste, Begoña Pastoriza Varela
33 Debuxo, por Laura Cabal García
35 Muller do fogar, por Verónica Eugenia Iglesias Pérez
36 O Sexador, por Juan Diego Ingelmo Benavente
37 Un novo código, por Emilio Pablo Hueso Arevalillo
38 Mente, por Roberto Cores Ferreira ( 1º Accésit )
40 Día do pai, por Alberto Lorenzo Otero
41 Desodorante, por Patricia Portela Vaamonde
45 Fíxate, por Celestino Barreiro Torrado e Rafael Rumbo Vieira ( 2º Accésit )
52 Iguais, por Belén Otero Mouro
54 Sae e xoga pola igualdade, por Lucía Blanco Torres
55 Non queremos ser bonecas, por Marta Paz Naveiro
56 Non é unha muller, por Noemí Cubillo Rico ( 1º Premio )
58 Cabeza, por Antón Lezcano González
59 Oferta, por Rafael Pier Romero
60 Credulidade, por Manuel Ramas Quilez
63 Pseudonimo: Del Lagrace, por Iria Presedo Martínez
64 Tanta loita para isto?, por Esther Amil Bastardo



13.3.11

Traballos premiados no concurso IGUAIS de publicidade antisexista

Primeiro premio 
Non é unha muller 
Noemí Cubillo Rico

Primeiro accésit 
Mente 
Roberto Cores Ferreira

Segundo accésit
Fíxate
Celestino Barreiro e Rafael Rumbo

10.3.11

O festival Mulleres arte+parte 3 ofrecerá unha vídeo-creación de Ana Domínguez, codirectora do festival Cinema S8


Durante toda a tarde do festival, que se celebrará o sábado 12 de marzo en EXPOCORUÑA, proxectarase a video-creación titulada “Autorretrato”

Obxectivo deste evento, que terá carácter multidisciplinar e se pechará co concerto de “Ojos de Brujo”, é reivindicar o papel protagonista das mulleres nas distintas disciplinas artísticas

O recinto de EXPOCORUÑA acollerá o sábado 12 de marzo a terceira edición do festival Mulleres Arte + Parte, promovido pola Concellaría de Igualdade e concibido como un evento multidisciplinar que ten como obxectivo reivindicar o papel protagonista das mulleres nas distintas disciplinas artísticas, nas que historicamente foi relegada como simple elemento decorativo. Por tanto, serán elas o eixo condutor dun encontro no que se mesturarán as artes plásticas, as artes escénicas e, por suposto, a música, cun atractivo programa que se dará a coñecer en próximas datas.

Durante todo o transcurso deste festival, que dará comezo ás 18.30 horas, proxectarase a videocreación “Autorretrato”, da recoñecida creadora Ana Domínguez, que é xunto con Ángel Rueda co-directora do festival de cinema S8 (Mostra de Cinema Periférico).

A peza que os asistentes poderán ver en EXPOCORUÑA está inspirada na tribu dos Yanomami, que significa ser humano. Indica a videocreadora, en referencia á súa obra, que os Yanomami “tíznanse a pel cando van á guerra para que non os distingan na selva. A miña introversión convértese nunha pintura, que me defende…que me fai menos vulnerable...que me fai forte…Capas de auto protección das que me desposúo a intres, para cubrirme de novo”.

Ana Domínguez cursou estudos de arte en Santiago, Barcelona e Alemaña, onde se desenvolve a súa traxectoria artística, con exposicións e deseños de decorados e vestiario para teatro. Ao seu regreso a Galicia forma parte do grupo multidisciplinar e intercultural, Proxecto Ninguén, onde realiza performances pictóricas por todo o territorio galego sendo a autora da portada do disco Ball-Cans, xerme do espectáculo, ano 2000.

Comeza a realizar traballos no cine e a televisión como deseñadora artística e attrezzo. A partir de aquí desenvolve a súa creatividade producindo traballos audiovisuais de autor e creando os seus propios. Actualmente está inmersa na creación, dirección e produción do documental Os Fillos da Vide, á vez que desenvolve diversos traballos de vídeo-creación e instalacións como Tendales Azules, La Basura de mi Casa, Oyemiramundos e Guerreras Amarillas.

Desde o 2009 forma parte xunto con Ángel Rueda e Miguel Mariño de F.D.I , plataforma de Acción Audiovisual Performativa, que formou parte do OutonArte 2009 da Coruña. Actualmente con F.D.I ten prevista unha performance a finais de marzo no país vecino Portugal, concretamente en Oporto. É directora xunto a Ángel Rueda do (S8) Mostra de Cinema Periférico que chegou ao mundo no 2010.

PROGRAMA DO FESTIVAL

O acceso ao recinto de EXPOCORUÑA será gratuíto no que se refire á participación nas actividades previas aos concertos. O acceso ao programa musical terá un custo de 10 euros en entrada anticipada -que se poderá adquirir en Ticketmaster, Novacaixagalicia e Portobello- e 15 euros o mesmo día en taquilla.

O programa inclúe disciplinas como as artes plásticas, nas que destaca a exposición pictórica colectiva “En Feminino”, comisariada pola artista coruñesa Rebeca Ponte, con obras da propia Rebeca Ponte, Belén Cossío, Mónica Pan, Lara Pintos, Noelia Buján e Yolanda Dorda. A mostra presenta a obra de seis artistas mulleres que na súa propia linguaxe creativa, diferente e persoal, dialogan co público a través do espazo expositivo sobre a imaxe da muller. No marco desta exposición, Rebeca Ponte ofrecerá unha performance aos asistentes.

Tamén ofrecerase unha actuación do dúo artístico galego Duelirium, integrado por Mercè Solé e Raquel Oitavén, que desenvolve unha linguaxe propia deseñando as súas propias estruturas, elementos aéreos e vestiarios mesturados cun toque persoal. Trapecio, danza vertical, teas, voo, contorsión, danza, malabares…Son só algunhas das técnicas que fusionan nos seus espectáculos baixo unha concepción artística propia. Tamén se procederá, no transcurso do festival, a facer público o fallo do concurso “Iguais” de publicidade antisexista, ás 20.30 horas.

O prato forte chegará cos concertos , que comezarán ás 21.30 horas e inclúen aos grupos de fusión coruñeses Duplo Son e Chotokoeu. A xornada concluirá coa actuación do grupo Ojos de Brujo, que está realizando a súa xira de despedida, que comezou en xaneiro e rematará en decembro. Por tanto, o público coruñés será un dos privilexiados que poderá ver a Ojos de Grupo nunha das súas últimas actuacións, no marco do festival Mulleres Arte + Parte.

HORARIO DE ACTIVIDADES

Sábado 12 de marzo:

18.00: Apertura de portas.
18.30: Actuación das equilibristas da compañía Duelirium.
19.15: Comezo da mesa redonda coas artistas da zona expositiva “En Feminino”
20.30: Fallo do xurado do concurso “Iguais” de publicidade antisexista.
20.45: Danza-Performance “En Feminino”.
21.00: Final das actividades. Apertura da taquilla e portas do concerto.
21.30: Concertos: Duplo Son, Chotokoeu e Ojos de Brujo.



7.3.11

O Día Internacional das Mulleres achegarase este ano aos centros cívicos para fomentar a igualdade entre toda a cidadanía


A CONCELLEIRA DE IGUALDADE E PARTICIPACIÓN CIDADÁ PRESENTOU HOXE O PROGRAMA PREVISTO CON MOTIVO DESTA CONMEMORACIÓN, QUE SE INICIARÁ TRAS AS CELEBRACIÓNS DO ANTROIDO CO FESTIVAL MULLERES ARTE + PARTE

A concelleira de Igualdade e Participación Cidadá, Margarida Vázquez, presentou hoxe o programa previsto para a conmemoración do Día Internacional das Mulleres, o 8 de marzo. Nesta comparecencia, Margarida Vázquez estivo acompañada por BetI Rico, coordinadora de programas da Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá.

A concelleira sinalou que dado neste ano a data coincide co Antroido, polo que unha vez que conclúan as tradicionais celebracións desta festa se iniciará o programa previsto para a conmemoración do 8 de Marzo, que este ano leva como lema “A Coruña, medrando en igualdade”. O pistoletazo de saída ás actividades, que se prolongarán case até Semana Santa, darase co Festival Mulleres Arte + Parte, previsto para o sábado, 12 de marzo, en EXPOCORUÑA. Este evento multidisciplinar ten como obxectivo reivindicar o papel protagonista das mulleres nas distintas disciplinas artísticas, nas que historicamente foi relegada como simple elemento decorativo. Por tanto, serán elas o eixo condutor dun encontro no que se mesturarán as artes plásticas, as artes escénicas e a música.

Neste sentido, Margarida Vázquez salientou que os obxectivos e o programa de Mulleres Arte + Parte ven a entroncar coa filosofía da conmemoración do Día Internacional das Mulleres, no que se reivindica a necesidade de seguir impulsando dende todos os ámbitos de representación o benestar das mulleres removendo os obstáculos que o impidan para encarar a década cun compromiso equilibrado de futuro. Así se reflicte na declaración institucional do Concello da Coruña con motivo do 8 de Marzo que, tal como adiantou a concelleira, foi aprobada por unanimidade no Pleno celebrado hoxe.


Nesta declaración o Concello da Coruña comprométese a incentivar a perspectiva de xénero nas políticas activas de emprego que a desenvolven a nivel local, invitar ás administracións a fortalecer a colaboración para mellorar os servizos e programas de apoio á conciliación laboral e familiar, e instalas a que participen activamente en incentivar políticas de xénero.

Con respecto ao programa do Día Internacional das Mulleres, Margarida Vázquez lembrou que o seu departamento leva moito tempo traballando la promoción desta conmemoración a través de múltiples actividades. De feito, o pasado ano participaron, a través dos centros de ensino de infantil e primaria, un total de 941 nenos e nenas da cidade.

Para este ano están previstas, ademais de Mulleres Arte + Parte, numerosas actividades vencelladas fundamentalmente aos centros cívicos, co fin de implicar á cidadanía dos diferentes barrios da cidade do fomento das políticas de igualdade. Así, Margarida Vázquez destacou propostas como os obradoiros de sensibilización en igualdade interxeneracional, pensados para todas as idades a partir de 16 anos, nos que se revisen os vellos contos, dominados polos valores estereotipados e pola violencia contra as mulleres. Estes obradoiros, tal como figura no programa que se adxunta xunto con esta nota de prensa, celebraranse en oito centros cívicos entre os días 15 de marzo e 13 de maio.

Tamén lembrou a concelleira que se retomará a itinerancia da exposición do obradoiro de corresponsabilidade, sobre os tópicos sexistas que rodean á división do traballo nas tarefas domésticas. Recuperar a historia das mulleres será o obxectivo doutra das actividades programadas, que leva por título “Mulleres no rueiro” e que consiste nunha homenaxe ás 37 mulleres que teñen rúas dedicadas na Coruña dun total de 1.500 vías. Así, realizarase un itinerario guiado achegando ás persoas participantes a historia descoñecida destas mulleres, nunha actividade que se desenvolverá en cinco centros cívicos.

Por último, Margarida Vázquez resumiu o contido dos actos do ciclo audiovisual programado tamén para esta conmemoración, coa proxección de tres documentais que levan por título Irene a porteira, Pádel e Medina Feminino de Baloncesto, e con contidos que se resumen no documento sobre o programa, así como a longametraxe documental titulada “A maleta de Sofía”, na que se recupera a historia e a vida de Sofía Casanova, escritora, poeta e a primeira muller correspondente de guerra da historia, como lembraba Margarida Vázquez.

Final do vídeo promo de arte+parte 3

Terceira e última parte das aventuras de Roxy pola Coruña. Chega o día do festival e Roxy acude máis que ben acompañada. Praia, campo e cidade. Nova masculinidade, ocio alternativo e protagonismo feminino nas artes. Agardamos vervos este sábado 12 de marzo en EXPOCORUÑA. A partir das 18:00 actividads gratuítas, e a partir das 21:00 apertura de portas para os concertos de Duplo Son, Chotokoeu e Ojos de Brujo.

4.3.11

A Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá fomenta a utilización da linguaxe non sexista coa organización de cursos on-line gratuítos


O día 2 de marzo deu comezo o primeiro dos cursos de “Lingua e usos non sexistas”, organizados pola Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá.

O obxectivo principal desta formación é analizar os usos que facemos da linguaxe para ter a capacidade de identificar o sexismo que transmite, e achegar as ferramentas máis adecuadas para reelaborar cada contexto lingüístico.

Trátase dun curso totalmente gratuíto que se imparte na modalidade on-line, de 10 horas de duración, cunha única sesión presencial de dúas horas na que se da a coñecer o manexo da plataforma de formación e apórtase unha introdución aos contidos do curso. Esta sesión presencial lévase a cabo na aula do Centro de Participación Cidadá do Birloque.

O curso “Lingua e usos non sexistas” ofrece unha oportunidade excelente para reflexionar sobre os usos que facemos da linguaxe, analizando o sexismo que moitas veces poida comunicar e formulando os recursos e as solucións que a propia lingua posúe ou, cando é necesario, introducindo innovacións.

Nesta primeira quenda participan un total de 25 persoas. Algunhas delas forman parte do alumnado doutros programas formativos da nosa Concellaría e consideran este curso como un complemento moi útil e necesario. O grupo completase con persoal técnico do Concello que traballa na área de igualdade e participación cidadá.

O próximo día 22 de marzo dará inicio unha segunda edición do curso, para a que aínda está aberto o prazo de inscrición. As persoas interesadas poden solicitar información no Centro de Participación Cidadá, na Avenida de Glasgow, nº 10, teléfono 981 189 869; ou por correo electrónico no enderezo: participacion@coruna.es

2.3.11

Fallo do xurado do concurso IGUAIS

O próximo 12 de marzo, sábado, no recinto feiral EXPOCORUÑA, poderase ver unha exposición dos traballos presentados e admitidos ao concurso IGUAIS de publicidade antisexista. A apertura de portas para visitar esta exposición será ás 18:00 horas. Nese mesmo marco, ás 20:30 horas, procederase á lectura do fallo do xurado.

COMPOSICIÓN DO XURADO

Presidente:

D. Francisco Gallego Guisán, Asesor Técnico da Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá en delegación de Margarida Vázquez Veras, Concelleira de Igualdade e Participación Cidadá

Vogais:

Dª. Mercedes Begoña Rico Rodríguez, Coordinadora de Centros e Programas da Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá do Concello da Coruña.

Dª. Xulia Santiso Rolán, Conservadora da Casa-Museo Emilia Pardo Bazán.

D. Javier Álvarez Franco, profesor da Escola de Artes e Superior de Deseño Pablo Picasso da Coruña.

D. Julio Vázquez López, deseñador, coordinador e dinamizador do concurso IGUAIS de publicidade antisexista e responsable de Deica Management, S.L. empresa de iniciativas culturais.

Dª. Carmen Fernández Rivera, Directora do MACUF (Museo de Arte Contemporáneo Unión-Fenosa) da Coruña.

Dª: Nadia álvarez Fernández, en representación da Revista de Pensamento Feminista “Andaina”.

 Secretario:

D. Javier Varela Carro, Xefe de Departamento de Igualdade e Participación Cidada do Concello da Coruña.


Esta exposición é unha das actividades que se desenvolverán dentro da terceira edición do festival Mulleres arte+parte 3.