26.4.09

Servizo Municipal de Atención á Infancia. Descargar documentos.

CANGUROS MUNICIPAIS CONCELLO DA CORUÑA

O SERVIZO DE ATENCIÓN Á INFANCIA

O Servizo de atención á infancia para a conciliación da vida laboral, familiar e persoal (Canguros Municipais), é un servizo especializado no coidado e atención dos/as menores das unidades familiares que desenvolven a súa actividade profesional e/ou formativa na cidade da Coruña, para a conciliación da vida laboral, familiar e persoal. Este servizo está regulado pola correspondente Ordenanza municipal, publicada no BOP nº 44 do 23/02/2009.
Este servizo contempla as seguintes modalidades:

1) ESPAZOS DE ATENCIÓN Á INFANCIA DE CARÁCTER COLECTIVO (E.A.I.):

Esta modalidade do servizo proporciona acollemento e desenvolvemento de actividades lúdico-educativas a grupos de menores de idades comprendidas entre os catro e doce anos (artigo 8 da Ordenanza).

2) ATENCIÓN Á INFANCIA A DOMICILIO:

Esta modalidade do servicio dá resposta no propio domicilio a necesidades de carácter extraordinario e proporciona coidados e atencións lúdico-educativas a menores de idades comprendidas entre os catro meses e os doce anos (artigo 10 da Ordenanza).

3) LUDOTECAS:

Esta modalidade do servizo está dirixida á poboación infantil de idades comprendidas entre os catro e doce anos, favorecendo o seu desenvolvemento persoal, social, afectivo e congnitivo, a través de xogos e xoguetes (artigo 9 da Ordenanza). As ludotecas atopándse reguladas polo Decreto 354/2003, do 16 de setembro, publicado do DOG nº 187 do 26/09/2003.
Segundo a disposición transitoria da Ordenanza do servizo, a posta en marcha de cada una das modalidades do servizo realizarase en función da dispoñibilidade dos recursos materiais e persoais necesarios para a súa axeitada realización.

REQUISITOS XERAIS PARA ACCEDER AO SERVIZO:

Para acceder a este servizo deberán cumplirse os seguintes requisitos:

a) Precisar medidas de conciliación da vida persoal, laboral e familiar no municipio da Coruña. Enténdese que concorren estas necesidades no término municipal:
· Para solicitar o servicio de atención a domicilio, cando o responsable do menor ou o menor estean empadroados no municipio da Coruña.
· Para solicitar o servizo nos E.A.I. ou nas ludotecas, cando o responsable do menor ou o menor estean empadroados no municipio da Coruña, o menor estea cursando estudios nun centro de ensino domiciliado no municipio da Coruña ou cando o responsable do menor sea empregado público, traballador por conta propia ou allea, nun centro de traballo domiciliado no municipio da Coruña.

b) Solicitar o servizo, en razón dalgunha das casuísticas ou motivacións sinaladas conforme a cada unha das tres modalidades de atencións.
c) Non dispor doutro recurso axeitado, según informe motivado dos técnicos municipais.
d) Que o/a menor non requira coidados especiais que excedan da capacidade do servizo, según a valoración do persoal técnico municipal.



Co Servizo de atención á infancia para a conciliación da vida laboral, familiar e persoal,
A CORUÑA ATENDE EN IGUALDADE



PARA SABER MAIS SOBRE ESTE SERVIZO, INFÓRMATE EN:

Centro de Información ás Mulleres (CIM)
Barrio das Flores - Rúa Hortensias s/n, 15008, A Coruña
Teléfono: 981 184356 - Fax: 981 184357

Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá do Concello da Coruña
Praza de María Pita s/n, 15001, A Coruña
Teléfonos: 981 184309 - Fax: 981 184312
e-correo: igualdade@coruna.es


A continuación, dun xeito moi sinxelo, poderás descargar a solicitude de ALTA no Servizo. Unha vez cumprimentada, podes entregala no Rexistro Xeral do Concello en María Pita ou no existente no Fórum Metropolitano no Parque Europa. Debes acompañala da seguinte documentación básica:

Documentación que se ten que achegar coa SOLICITUDE DE ALTA no servizo:

- Fotocopia do DNI/NIE da persoa solicitante responsábel da/o menor.
- Documentación que acredite a relación da persoa solicitante coa/o menor ( Fotocopia do libro de familia ou, no seu caso, resolución xudicial ou administrativa )

Unha vez presentada no Rexistro Xeral a SOLICITUDE DE ALTA no servizo, desde o Centro Municipal de Información ás Mulleres (CIM) contactarase por teléfono coa/s persoa/s solicitante/s para concretar a data e hora dunha ENTREVISTA e presentar a documentación complementaria.

A COMUNICACIÓN da necesidade das diferentes modalidades que contempla o servizo realizarase no Centro Municipal de Información ás Mulleres, sito no Barrio das Flores, r/ Hortensias s/n, Tlf.: 981 18 43 56.


Alta no Servizo Municipal de Atención á Infancia:

Imprimir e/ou descargar solicitude de ALTA no Servizo ( galego )

Imprimir e/ou descargar solicitude ALTA no Servizo ( castelán )



Alta na modalidade de Espazos de Atención á Infancia:

Imprimir e/ou descargar ALTA na modalidade de Espazos de Atención á Infancia ( galego )

Imprimir e/ou descargar ALTA na modalidade de Espazos de Atención á Infancia ( castelán )



Alta na modalidade de Atención a Domicilio:

Imprimir e/ou descargar ALTA na modalidade de Atención a Domicilio ( galego )

Imprimir e/ou descargar ALTA na modalidade de Atención a Domicilio ( castelán )


PARA CALQUERA DÚBIDA OU CONSULTA QUE TEÑA, CONTACTE CON NÓS NO "BUZÓN DE MARGARIDA" QUE ATOPARÁ NA COLUMNA DEREITA SUPERIOR. MOITAS GRAZAS.


4 comentarios:

  1. Muchas gracias por la información y los documentos para descargar. Es un sistema muy práctico.

    ResponderEliminar
  2. Seguira funcionando durante muchos años este serrvicio?
    la verdad es que gracias a este servicio muchas familias han podido conciliar la vida laboral con la familiar
    Gracias por este gran proyecto que no desaparezca

    ResponderEliminar
  3. silvia b22/6/12 0:20

    Lo cierto es q llevamos muy poco tiempo utilizando este servicio pero estamos muy contentos. Nos ofrece confianza y lo mas importante es q el niño esta deseando volver, eso nos da mucha tranquilidad. Gracias a todos los q haceis esto posible. Monte alto.

    ResponderEliminar