29.6.10

Participa na elaboración do II Plan de equidade do Concello da Coruña


Xa se pode participar na elaboración da diagnose de xénero previa á realización e efectivización do II Plan para a promoción da equidade do Concello da Coruña. Os enlaces desde onde podes intervir son os seguintes:


Web de Igualdade e Participación Cidadá en coruna.es

Blog de Igualdade en galego

Blog de Igualdade en castelán


Por outra banda, a prensa local faise eco da presentación do inicio desta campaña:


Voz de Galicia

Opinión de A Coruña

Ideal Gallego

28.6.10

II Plan de equidade entre mulleres e homes do Concello da Coruña


O Concello da Coruña, dende a Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá dirixida por Margarida Vázquez Veras, está a promover e coordinar a realización dunha Diagnose de Xénero previa á elaboración do que será o II Plan de promoción da equidade entre mulleres e homes do Concello da Coruña.

Coa creación da Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá, aquirimos o compromiso de traballar firmemente a favor da igualdade entre mulleres e homes no noso concello, xa que se ben a democracía supuxo a equiparación de dereitos entre mulleres e homes ante o ordenamento xurídico, aínda seguen a darse desigualdades que afectan e limitan as posibilidades reais de desenvolvemento de ambos sexos en moitos ámbitos da vida, cunhas consecuencias máis recoñecidas públicamente ca outras. Todo isto como resultado dunha sociedade androcéntrica e aínda discriminatoria en termos de xénero, onde polo xeral a peor situación a sufren as mulleres.

Por iso os Concellos, como institucións públicas e como axentes propiciadores de cambios sociais que son, non poden quedar á marxe da promoción da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, como un dos alicerces básicos do progreso e da equidade social a nivel local no ámbito das súas competencias. Cómpre logo a adopción por parte do Concello da Coruña, de medidas que garantan que as políticas públicas teñan en conta transversal e específicamente obxectivos de igualdade para encamiñarnos ao que todos os gobernos da Unión Europea teñen acordado ao respecto.

Así, neste contexto dende o noso Concello e impulsado pola Concellaría de Igualdade de Participación Cidadá, estase a emprender a realización dunha Diagnose de Xénero no noso municipio, coa finalidade última de que sirva como base para a elaboración e diseño do que será o II Plan de promoción da equidade entre mulleres e homes do Concello da Coruña.

Dito Plan será o instrumento onde se concretarán as medidas que dende o Concello da Coruña, se realizarán nos vindeiros anos en materia de igualdade entre mulleres e homes, tendose fixado o obxectivo de ter dito instrumento rematado e posto en marcha antes de que finalice este ano 2010.

Será un plan de carácter externo, é dicir, para a cidadanía, para as mulleres e homes de todas as idades e de todos os colectivos que residen no noso municipio e do que se beneficiarán todas as asociacións, institucións e empresas que desenvolven a súa actividade no noso municipio. Quérese facer partícipes dun modo explícito aos homes da nosa cidade para que eles sexan tamén axentes do cambio que necesita Coruña, pois a igualdade beneficia a todas e todos.



O traballo previo de identificación das necesidades e desigualdades de xénero estase realizadando cun apoio técnico externo, mediante a contratacion dos servizos da consultora Sánchez-Albornoz, que ten unha longa experiencia de traballo en igualdade tanto coas administracións públicas como con todo tipo de entidades privadas.

Iníciase agora unha primeira fase de caracter participativo na que a Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá como impulsora desta Diagnose de Xénero, convida aos diferentes axentes sociais e económicos presentes no noso municipio a realizaren as súas achegas, demandas, suxestións e a facilitar aquelas informacións que poidan servir para, entre toda a cidadanía, ir configurando un mapa de necesidades e propostas en materia de igualdade entre mulleres e homes. Para iso vanse realizar varios grupos focais ao longo dos vindeiros meses, para que toda a cidadanía, mulleres e homes, poidan participar directamente neste importante proxecto municipal e que a súa voz sexa escoitada e tida en conta nas políticas municipais dos vindeiros anos.

Asemade, convidarase a participar a nivel interno a todalas concellarías, áreas, direccións e xefaturas de servizo da corporación municipal mediante a realización de entrevistas semiestruturadas nas que poderán facer achegas e suxestións.

Tamén dende o blog da Concellería de Igualdade e Participación Cidadá  ou directamente no Buzón da Concelleira Margarida Vázquez Veras a cidadanía e o persoal do Concello poderá facer chegar as súas propostas até o 30 de agosto do 2010.

Con todas estas informacións, redactarase un Informe final de Diagnose de Xénero, que será unha especie de radiografía do estado da igualdade na nosa cidade, e a partir das conclusións que deste importante traballo se poidan extraer, esbozaránse as liñas estratéxicas e as actuacións a emprender nos diferentes ámbitos de competencia municipal nos vindeiros anos para irmos avanzando cara unha Coruña máis equitativa entre mulleres e homes.

25.6.10

O BANCO DO TEMPO XA ESTÁ FUNCIONANDO!!!

Durante o mes de Xuño xa realizamos varios intercambios entre as socias e socios do Banco do Tempo.

Na actualidade somos 28 socias e socios que xa dispoñemos de 3 horas “de balde” para poder empezar a facer uso de todo o que nos ofrece o Banco.

Durante este mes xa realizamos varios intercambios de masaxe, sesións de coaching, conversacións en inglés, reflexoloxía, manicura e o luns realizaremos un intercambio en pequeno grupo de internet básico.

Adxuntamos tamén o boletín actualizado onde podéis ver todo o que se demanda e se ofrece no Banco do Tempo. Se che interesa intercambiar algo do que se ofrece non dubides en contactar con nós.

Anímate e faite socia ou socio do Banco do Tempo!!!!


No seguinte documento poderedes coñecer as actividades que estamos desenvolvendo (Descargar AQUÍ):








24.6.10

Éxito da actividade de Gamala Taki en Novomesoiro


O pasado martes desenvolveuse unha actividade de iniciación á música participativa e didáctica, sen excluír as pezas humorísticas protagonizadas por Juanillo que fixeron as delicias dos máis cativos. Foi un día, coma o de hoxe, de gran calor. Aínda así, foron moitas as familias que se achegaron ao Centro para desfrutar deste acto.

Onte comezou tamén o horario de canguros de verán, con grande afluencia de cativos e cativas.

Polo camiño da igualdade, Novomesoiro cada día mellor!!!!!

21.6.10