4.6.10

Presentado o observatorio de S8, 1ª Mostra de Cinema Periférico


A Concelleira de Igualdade e Participación Cidadá do Concello da Coruña, Margarida Vázquez, inaugurou as xornadas "Observatorio", actividade incluída na programación do (S8) 1º Festival de Cinema Periférico.

Estas dúas xornadas, que se celebrarán hoxe e mañá a partir das 12:00 horas na sede da Fundación Caixagalicia, son promovidas desde a nosa Concellaría e desenvólvense paralelamente ás actividades do Festival realizadas no antigo cárcere da Coruña.


OBSERVATORIO. “ALL I WANT TO DO IS SHOW MY VIDEO”

Un dos déficits estructurais do audiovisual independente no noso país é a inexistencia dunha rede de difusión sólida e estable que permita que as obras dos creadores atopen o seu público. Así, o papel dos diferentes intermediarios -distribuidoras, espazos de exhibición e medios de comunicación- é chave para normalizar a producción e a recepción das novas prácticas artísticas.
Para examinar e paliar estas deficiencias, o (S8) Mostra de Cinema Periférico conta entre as súas actividades paralelas co Observatorio, un punto de encontro entre os creadores independentes e unha serie de iniciativas profesionais abertas á linguaxe audiovisual máis innovadora.
Os seus obxetivos son:

-Dar a coñecer aos autores novas vías para difundir a súa obra.

-Analizar o panorama da distribución e a exhibición do audiovisual independente a través dunha serie de diálogos abertos ao público con representantes de galerías, centros de arte, festivais, filmotecas, comisarios e distribuidoras.

-Establecer acordos concretos cos diferentes axentes sectoriais para promocionar a obra dos autores independentes.




Estos encontros terán lugar os días 4 e 5 de xuño na Fundación Cultural Caixa Galicia.


VENRES 4 DE XUÑO – 12.30

“Revisión e… ¿consolidación?”

Unha mesa adicada a rastrear as iniciativas destinadas á difusión do audiovisual independente no noso país e o papel que xogaron os espazos de exhibición alternativos na súa promoción e na súa consolidación. Unha análise retrospectiva que abre ao mesmo tempo interrogantes sobre a continuidade e solidez das redes establecidas.

- Gonzalo de Pedro Amatria, coordinador de programación do Festival Internacional de Cine Documental Punto de Vista

- Beatriz Navas, responsable de audiovisuais de La Casa Encendida

- Jaime Pena, responsable de programación do Centro Galego de Artes da Imaxe.

- Antonio Weinrichter, profesor universitario, crítico de cine y programador independente.

- Elena Oroz, moderadora.




SÁBADO 5 DE XUÑO – 12.00

“Do nó á rede. Novos espazos de exhibición no contexto expositivo”

O obxetivo da mesa é abrir novos espazos de exhibición e proxección para os creadores, estudando a posibilidade de crear circuitos estables financiados para este efecto. Articular un sistema onde resulta fundamental a labor das galerías, actualmente en proceso de cambio e remodelación conceptual como espazo/negocio; das feiras de arte, como grandes contedores artísticos; e as distribuidoras, como punto de encontro.

- Asunta Rodríguez, propietaria e directora da Galería Trinta, Santiago de Compostela

- Marta Scarpellini, directora da Feria Internacional de Arte Contemporáneo Espacio Atlántico Vigo

- Eli Lloveras, responsable Hamaca. Media & Video Art Distribution from Spain.

- José Manuel Sande, moderador.

Coordinadores do Observatorio: Elena Oroz e Toni Fernández





No hay comentarios:

Publicar un comentario