31.3.10

O colectivo Kanguras reúne sinaturas para reabrir a Unidade de Educación Maternal do Teresa Herrera

O colectivo Kanguras, Criando en brazos, comezou unha campaña de recollida de sinaturas para solicitar a inmediata reapertura da Unidade de Educación Maternal do Hospital Teresa Herrera (Materno-infantil).

Este colectivo recibiu resposta á protesta desenvolvida en días pasados en contra da decisión da Consellería de Sanidade, pero afirman que «non nos tranquiliza», xa que «hai dúbidas razoables» sobre a descentralización efectiva nos centros de saúde con idénticos niveis de calidade e recursos.

Reclaman prazos claros de posta en marcha de todas as actividades en cada centro e se garantice a dotación e se manteña o apoio á lactancia no hospital.

Podedes saber máis a respecto deste colectivo AQUÍ.

Para participar na campaña, entrade AQUÍ.

29.3.10

A punto de pecharse o prazo para inscribirse no primeiro obradoiro do MUAU




A organización do MUAU decidiu, atendendo á singularidade destes días de Semana Santa, prorrogar a data de inscrición no primeiro obradoiro ata o 6 de abril, pero tamén debemos lembrar que as prazas son bastante limitadas.

Estes obradoiros impartiranse no Forum Metropolitano, sendo o primeiro o que se celebrará os días 9, de 16:00 a 20:00 horas, e 10, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas titulado "Iniciación ao stencil", impartido por Fragil, Barcelona.

En todo caso, para inscribirse ou informarse, ide AQUÍ.


25.3.10

O Teatro Rosalía acolle mañá a gala homenaxe a María Luz Morales Godoy


 O ACTO PECHA O PROGRAMA DA CONCELLARÍA DE IGUALDADE E PARTICIPACIÓN CIDADÁ PARA CONMEMORAR O DIA INTERNACIONAL DA MULLER

 ESTA MAÑÁ A CONCELLEIRA DE IGUALDADE, MARGARIDA VÁZQUEZ, PRESENTOU O ACTO NO QUE TERÁ LUGAR A ESTREA MUNDIAL DO DOCUMENTAL DIRIXIDO POR ÓSCAR LOSADA

 A ENTRADA SERÁ LIBRE E GRATUÍTA ATA COMPLETAR AFORO

A Coruña, 25 de marzo de 2010.- A Concelleira de Igualdade e Participación Cidadá, Margarida Vázquez, presentou esta mañá a Gala homenaxe a María Luz Morales Godoy que acollerá mañá o teatro Rosalía de Castro na que terá lugar a estrea mundial do documental dirixido por Óscar Losada ‘María Luz Morales: A Gran Señora da prensa’ e a actuación musical de Lulavai. O documental relata a biografía de María Luz Morales Godoy que en plena guerra civil convertiuse na primeira muller, é unica na redacción, en dirixir un períodico, La Vanguardia.

O acto pecha o programa organizado pola Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá para conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller no que se realizaron diversos obradoiros como ‘Todas e todos traballando de igua a igual’, ‘Mulleres portadoras de culturas’, ‘Dereito de familia’ ou ‘Coresponasbilidade familiar. Saberes esenciais para convivir’. Ademáis das dúas exposicións que continuarán abertas ata o vindeiro 4 de abril.
‘Visibilidade’ na Sala de Exposicións do Palacio Municipal na que amosanse 16 imaxes realizando accions asociadas tradicionalmente ao outro sexo, invitando deste xeito a superar as barreiras de xénero, en liña coa filosofía proposta no proxecto sociocultura ‘Mulleres: Arte + Parte’. E a segunda das exposicións, ‘Mulleres, espello de culturas’ no Kiosco Alfonso na que ofrécese un percorrido a través dunha selección de atractivas pezas cedidas polo Museo Etnolóxico de Múnic que adquiren nova vida como testemuños das mulleres que un día foron as súas usuarias.

A gala de mañá servirá non só para homenaxear á ‘Gran señora da prensa’ senón tamén de lembranza para todas aquelas mulleres de principios do S.XX intelectuais e transgresoras que denvolveron a súa actividade laboral nunha época tan difícil como Milagros Rey, a primeira muller arquitecta gallega e terceira de España, autora entre outras obras da Torre dos Mestres, ou a matemática María Josefa Wonenburger nacida en Oleiros en 1927 que se convertiu nun referente no mundo das matemáticas que tivo que ir a EE.UU. para poder desenvolver a súa carreira profesional.



O director do documental, Óscar Losada, explicou que seu documental que terá a súa estrea mundial mañá no teatro Rosalía de Castro reflicte non só a grande capacidade intelectual de María Luz Morales Godoy senón tamén a súa grande calidade humana destacada e valorada por todos os que a coñeceron. Unha muller pioneira e moi moderna para a súa época que adicou a súa vida ao xornalismo, ainda que tamén foi autora de varios libros e traductora de textos clásicos. Unha muller sempre lembrada pola súa traxectoria vital que como ela mesma dixo: “só quixen ser unha cousa na miña vida, que é esto que humildemente son. Sinxelamente xornalista”.

A gala comezará mañá ás 20.30 horas no teatro Rosalía de Castro e contará coa actuación musical do grupo Lulavai. O presentador da gala será o propio Óscar Losada, confirmándose tamén a intervención en nome das e dos xornalistas de Candela Conde, directora de Localia TV na Coruña, quen recolle o testigo de María Luz Morales ao ser a directora máis nova en idade dun medio de comunicación na cidade da Coruña.


23.3.10

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NOS OBRADOIROS DAS XORNADAS DO MUAU 2010


Entrar AQUÍ para inscribirse nos obradoiros ou para informarvos de todo o que conforman estas xornadas.


A partir de abril e durante tres meses, rúas e barrios, salas de exposicións, salas de cine, foros de debate e talleres da Coruña acollerán aos máis importantes artistas da arte urbana, os que están a redefinila a nivel internacional, mostrando outro xeito de crear, sempre coa rúa como elemento vertebrador e imprescindible do seu discurso.
Para investigar a fondo e facer arte teremos a oportunidade de asistir ás Xornadas de Arte Urbana, onde se xuntarán pintores profesionais e afeccionados, fotógrafos, investigadores, emprendedores… en charlas-coloquio e obradoiros. Frágil, El Niño de las Pinturas, Leo e Sekone do Estudio Alavista, e Javier Abarca son os artistas e expertos encargados dos obradoiros. É unha oportunidade única de aprender, compartir e experimentar con algúns dos mellores artistas da arte urbana. Se che interesa podes apuntarte ata o 31 de marzo.

Tes máis información AQUÍ.

22.3.10

Especial Día internacional das mulleres en CUAC FM

Desde a nova web d@s nos@s amig@s de Maribolheras tomamos coñecemento desta gravación interesantísima do que foi o especial emitido en CUAC FM con motivo da conmemoración do 8 marzo, día internacional das mulleres. Deixamos aquí as dúas partes das que consta o programa completo, o que inclúe as diversas actividades quen se desenvolveron na Coruña hai xa quince días, así como unha breve entrevista á Concelleira de Igualdade e Participación Cidadá do Concello da Coruña, Margarida Vázquez.





Obradoiro: “CORRESPONSABILIDADE FAMILIAR. SABERES ESENCIAIS PARA CONVIVIR”


O próximo venres 26, ás 17:30 horas, terá lugar no CIM da Coruña a charla "Corresponsabilidade familiar. Saberes esenciais para convivir", dentro dos ciclos anuais sobre dereitos básicos e educación en valores na infancia. Deixámosvos aquí a información e modo de inscrición:

“CORRESPONSABILIDADE FAMILIAR. SABERES ESENCIAIS PARA CONVIVIR”

Obxectivo xeral.

Valorar a importancia de educar ás fillas e aos fillos en valores asociados á corresponsabilidade, fomentando o seu interese polas necesidades das persoas coas que conviven.

Persoas destinatarias: Pais e nais

Contidos:

 A corresponsabilidade
 A unidade familiar: papel e análise de roles
 Saberes domésticos
 Valores implicados na aprendizaxe dos saberes domésticos
 Comunicación e resolución de conflitos

Imparten: Eva Igualada, Psicóloga do CIM da Coruña, e Beti Rico, Directora do CIM do Concello da Coruña

Data/Horario: 26 de marzo, de 17:30 a 20:00 h.

Localización: CIM do Concello da Coruña
Barrio das Flores
C/Hortensias, s/n

Inscrición: CIM. Telf.:981 18 43 56


18.3.10

Mulleres portadoras de cultura en Mercanatura

Este próximo sábado 20 de marzo, entre as 10:00 e as 15:00 horas, celebrarase unha nova edición de Mercanatura, a feira do barrio dos Rosales para os produtos ecolóxicos, artesanais e naturais.

A novidade desta nova cita é que, entre as 11:00 e as 12:30 horas vai celebrarse no Centro Cívico do barrio o obradoiro "Mulleres portadoras de cultura", organizado pola nosa Concellaría e que imparte Etnoga, patrimonio cultural.



Este obradoiro parte do aproveitamento da exposición Mulleres, portadoras de cultura, que se pode visitar no Kiosco Alfonso ata o 4 de abril. Nel poderemos coñecer a visión da cultura que nos achegan as mulleres procedentes de Oceanía, África, América e Asia.

Se tedes interese en acudir, falade co Centro Cívico ou preguntade o mesmo sábado antes das 11:00 horas.


Gala-Homenaxe a María Luz Morales Godoy

O próximo 26 de marzo, ás 20:30, no Teatro Rosalía de Castro, a Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá presentará en auténtica primicia o documental de Óscar Losada "María Luz Morales: a gran señora da prensa". Esta muller coruñesa, que pronto disporá dunha rúa na Coruña que leve o seu nome, foi a primeira muller en todo o Estado español en dirixir un periódico. No seu caso trátase do diario barcelonés La Vanguardia. A súa historia, vencellada á guerra civil española, pode ser consultada AQUÍ.

Durante esta gala, presentada polo propio Óscar Losada, poderemos ademais gozar das pezas musicais que nos interpretará o grupo vigués LULAVAI. Seguro que vos sorprenden moi gratamente.

A entrada é completamente libre, ata completar aforo. Sede puntuais!!!!


Foto de Lulavai extraída de su página de Myspace. Para saber máis, AQUÍ.

Esta Gala poñerá fin ás actividades que a nosa Concellaría deseñou para conmemorar o 8 de marzo, día internacional das mulleres.

15.3.10

Un ano xa.......


Vai para un ano que decidimos poñer en marcha este blog de Igualdade Coruña, paralelamente á súa vertente exclusiva de Participación Coruña, ao que se engadiría máis tarde o adicado ao Festival Mulleres: arte+parte e mais a páxina Igualdad Coruña, para o noso público potencial non galego, que o hai e moito.

Aínda que a primeira das nosas entradas foi colgada o 3 de abril de 2009, facendo referencia á nosa exposición conmemorativa do 8 de marzo de 2009 (ver AQUÍ), o certo é que desde non menos de dúas semanas antes xa se tiña deseñado totalmente, á espera de que puidese facerse pública para todos e todas vós.

De cara a celebrar este aniversario tan especial, a nosa equipa fíxonos este vídeo-resumo de parte deste ano, en todo caso daquela difundida a partir do noso blog, que agardamos sexa do voso agrado. Saúdos e grazas!!!


video

"Nice Dream"
Música e letra: Radiohead


They love me like i was a brother
They protect me
Listen to me
They dug me my very own garden
Gave me sunshine
Made me happy.
Nice dream.
I call up my friend the good angel
But she's out with her ansaphone
She says she would love to come help
But the sea would electrocute us all.

Nice dream.
If you think that you're strong enough
If you think you belong enough,
Nice dream.
Nice dream".

"Felices soños"

Eles ámanme coma se fose un irmán
Eles protéxenme
Eles escóitanme
Coidaron o meu propio xardín
Dándome brillo
Facéndome feliz.
Felices soños
Chamei á miña boa amiga o bo anxo
Pero ela saíra co seu contestador
Ela dixo que quería vir axudarnos
Pero o mar quería electrocutarnos a todos.
Felices soños.
Se cres que es bastante forte
Se cres que che vai bastante ben,
Felices soños,
Felicas soños.

12.3.10

Plan de Conciliación Municipal do Concello da Coruña no marco do Proxecto Equilibrio



Fonte: Opinión de A Coruña


En xaneiro deste ano comezou a segunda fase do Proxecto Equilibrio cuxo obxectivo xeral consiste en apoiar e asesorar o deseño, a aprobación e a posta en marcha dun Plan de Conciliación en dez territorios de España. Para elixir aos concellos participantes neste hito, o Instituto da Muller en colaboración coa Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), abriron a correspondente convocatoria pública, para a cal o Concello da Coruña presentou a su solicitude de participación. O Concello da Coruña é a única entidade local galega que participa neste proxecto, xunto con outras administracións locais de todo España.

Así, unha vez seleccionadas as dez Entidades Locais participantes, tivo lugar o pasado 19 de xaneiro na sede do Instituto da Muller en Madrid a primeira xornada informativa que contou con representantes deste Organismo, dos municipios e da FEMP. O encontro versou sobre o proceso metodológico que se utilizará para que cada municipio finalice este ano coa posta en marcha dun Plan de Conciliación.

A consecución dos fines operativos programados contará cun equipo de trabajo que, en función dunha metodología creada ad hoc no marco do Proxecto, encargarase de asesorar e acompañar técnicamente ás Entidades Locais. As labores a realizar, en estreita colaboración co personal técnico do Concello da Coruña, consistirán na diagnose, a detección de fortalezas e áreas de mellora dos recursos do territorio que favorecen a conciliación e a corresponsabilidade da ciudadanía e, tamén, a priorización de medidas que se poñerán en marcha a corto, medio e largo prazo. O resultado do asesoramento será o Plan de Conciliación Municipal que, avalado polo compromiso do Consistorio da Coruña, terá a posibilidade de comezar e executar as primeiras acciones programadas ate febreiro de 2011.

Precisamente onte, xoves 11 de marzo, tivemos no noso Consistorio a primeira reunión con representantes do Instituto da Muller e da Asistencia Técnica do proxecto ao obxecto de planificar, de maneira coordinada con distintas áreas municipais, cómo van levarse a cabo as actuaciones necesarias para cumpir cos obxectivos marcados no proxecto e cos que este Concello está plenamente comprometido.

O Plan favorecerá a conciliación dos tres ámbitos da vida (laboral, persoal e familiar) incidindo en dous niveis da intervención local, un hacia a cidadanía (plan externo) e outro hacia os seus propios empregados e empregadas (plan interno). E dicir, por un lado, no nivel interno ou da xestión dos recursos humanos que traballan no Concello e por outro, no nivel externo ou das políticas, servizos e actuacións municipais dirixidas a mellorar a armonización dos tempos da vida da ciudadanía (medidas para a flexibilización dos tempos da cidade e do traballo, servicios de ocio e de atención a menores e persoas dependientes xunto a campañas para o cambio de crencias e comportamentos hacia a corresponsabilidade da sociedade).

Os resultados que conseguiremos desde o Concello da Coruña coa nosa participación no Proyecto son:

 Un estudio-diagnose sobre a situación da partida, os recursos disponibles e/ou potenciais favorecedores da conciliación, así como as necesidades e demandas ciudadás deste municipio en materia de conciliación da vida persoal, familiar e profesional.

 A aprobación dun Plan de Conciliación axustado ás necesidades concretas da nosa localidade (dende o ámbito interto, en relación cas necesidades dos empregados públicos, e dende o ámbito externo, en relación cas necesidades da cidadanía en xeral).

 A posta en marcha das primeiras actuacións contempladas no Plan de Conciliación.

A visibilización do Concello hacia o exterior como unha organización comprometida coa harmonización dos tempos da ciudadanía e como exemplo para outros Concellos interesados en incorporar estratexias viables a súa política de actuación para promover a harmonización dos tres espazos da vida é, tamén, obxectivo último deste Proxecto.


11.3.10

A Concellaría de Igualdade organiza o obradoiro ‘Dereito de familia’ sobre dereitos básicos e educación en valores na infancia


• SERÁ O VENRES 12 DE MARZO DE 17.30 A 20.00 HORAS NO CENTRO DE INFORMACIÓN ÁS MULLERES

A Coruña, 10 de marzo de 2010.- A Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá que dirixe a nacionalista, Margarida Vázquez, organiza para o vindeiro venres 12 de marzo, un obradoiro baixo o título ‘Dereito de familia’ dentro dos seus ciclos anuais sobre dereitos básicos e educación en valores na infancia.

Efectivamente, o venres 12, entre as 17:30 e as 20:00 horas, a Asesora Xurídica do CIM (Centro de Información ás Mulleres) da Coruña, ubicado na rúa Hortensias s/n no Barrio das Flores, Araceli Mira García, impartirá este obradoiro co obxectivo xeral Proporcionar un marco xurídico básico no que situar as distintas relacións e situacións que afectan ás unidades familiares.

As persoas destinatarias son, principalmente, mulleres (sen límite de idade), tratándose neste contidos como as familias e o dereito, as relacións de parella e filiación, a ruptura das relacións de parella, os alimentos entre parentes e os dereitos das e dos menores.

A actividade terá lugar no propio CIM no barrio das Flores (rúa Hortensias, s/N) o venres 12 de 17.30 a 20.00 horas. As persoas interesadas poden inscribirse chamando ao teléfono do Centro: 981 18 43 56.


Ultimando os preparativos para a apertura do Centro Social do Birloque, dependente da Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá da Coruña


A Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá ten previsto abrir nos próximos días un Centro Social no Birloque, onde se desenvolverán diversas actividades tanto de participación cidadá e veciñal como as propias da área de igualdade.

Debemos lembrar que este Centro, coñecido como CIAM (Centro de Información e Asesoramento ás Mulleres) dependeu durante moitos anos do Servizo Galego de Igualdade, recentemente finiquitado polos actuais xestores da Xunta de Galicia, e nel prestouse un servizo tan necesario como foi o asesoramento legal e psicolóxico a mulleres vítimas de violencia de xénero.


Acceso ao Centro desde a Avenida Glasgow (número 10), xusto ao lado da marquesina do bus urbano.


Durante o ano 2009, a nosa Concellaría conseguiu acreditar por vez primeira o novo CIM (Centro de Información ás Mulleres) da Coruña, pertencente ao noso departamento, no edificio ubicado na rúa Hortensias s/n do Barrio das Flores. Era esta unha demanda histórica dos sectores sociais máis vencellados e preocupados pola situación de desamparo na que moitas veces se atopan as mulleres vítimas de violencia e os seus fillos ou fillas.

Os cambios na cartelería exterior e a continuada entrada de persoas traendo e levando mobiliario e equipamentos espertou xa a curiosidade das veciñas e veciños do barrio. Estamos seguros de que as actividades que alí se desenvolvan servirán como un grande activo social en toda esa área urbana da Coruña.


Entrada lateral ubicada na contrafachada oeste do Centro.


Así, entre este novo Centro, sumado ao CIM do Barrio das Flores, ao Centro Cívico e Social de Mesoiro, onde contaremos cunha importante liña de xestión, e á futura Casa das Mulleres, que se ubicará no Parque do Observatorio, quedará perfectamente conformada unha rede de centros ao servizo das políticas de Igualdade e Participación Cidadá.

Sobre as actividades que desenvolveremos no Birloque, así como en Novomesoiro, e sobre a futura Casa das Mulleres, falaremos en próximos días.


Un dos despachos dos que dispón o Centro.



Lugar onde se ubicará o servizo de Consexería.



Panorámica do Salós de Actos e Actividades.



Outra vista deste espazo, aínda pendente dalgunhas melloras.


10.3.10

Continúan os obradoiros da Concellaría de Igualdade nos centros cívicos arredor do Día Internacional das Mulleres


 DESTACA A ACTIVIDADE ‘MULLERES, PORTADORAS DE CULTURA’ CO QUE SE AMOSA A REALIDADE CULTURAL TRASMITIDA POLAS MULLERES

A Coruña, 10 de marzo de 2010.- Ao longo desta semana a Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá que dirixe a nacionalista Margarida Vázquez continuará celebrándo en diferentes Centros Cívicos Municipais as actividades relacionadas coa conmemoración do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, destacando entre elas o obradoiro “Mulleres, portadoras de cultura’, xa desenvolto cunha salientable participación nos Centros de Monte Alto e Monelos e que se desenvolverá nos Centros de Rosales (11 de marzo), Castrillón (11 de marzo), Mallos (10 de marzo) e San Diego 11 de marzo).

Este obradoiro pretende amosar a realidade cultural transmitida polas mulleres, contando para iso cun aliado excepcional: a exposición “Mulleres, espello de culturas” que se pode visitar no Kiosco Alfonso ata o 4 de abril. Trátase dunha viaxe etnográfica e emotiva a través duna fragmentos de vida que nos permiten abordar temas universais e compartidos por todas as mulleres do mundo. Os tres grandes eixos desta exposición son familia, sociedade e divinidade. O propio obradoiro inclúe unha visita guiada a esta interesante exposición ofrecida pola Fundación “La Caixa” en colaboración coa Concellaría de Cultura do Concello da Coruña.
Durante a vindeira semana continuará desenvolvéndose o obradoiro “Mulleres, portadoras de cultura” nos Centros de Labañou (16 e 18 de marzo), Mallos (24 de marzo), Artesanos (18 e 25 de marzo) e Pescadores (17 e 18 de marzo).

Todas as persoas interesadas en participar neste obradoiro deberán dirixirse ao seu Centro Cívico de referencia onde serán informadas do horario e data dispoñibles.


As presas de Teixeiro tamén celebraron o Día internacional das mulleres


Segundo a imformación recollida hoxe polo diario Opinión de A Coruña, onte, 9 de marzo, celebrouse o Día internacional da mulleres no cárcere de Teixeiro nun acto organizado pola asociación Nosotras Intramuros, grupo de mulleres presas que participara na segunda edición do Festival arte+parte celebrado a finais de outubro de 2009, como podedes ver AQUÍ, AQUÍ e AQUÍ.

As nosas amigas seguen dando qué falar, polo que vemos. Noraboa!!!!!!




9.3.10

Inauguración da exposición "Visibilidade". Unánime valoración positiva entre as persoas asistentes.


Onte, 8 de marzo, inaugurouse a exposición VISIBILIDADE, acto central do Concello da Coruña para a conmemoración do Día internacional das mulleres. O aplauso ante a montaxe desenvolvida nesta sala de exposicións do Palacio de María Pita foi, francamente, unánime. O responsable desta, Jose Luis Rey, destacou a creación dun contorno escuro que "visibiliza" as pezas alí expostas así como pon en valor os contidos que se queren transmitir.



Durante o acto inaugural, a Concelleira de Igualdade e Participación Cidadá, Margarida Vázquez, xenerou unha grande expectación entre as persoas asistentes ao convidalas a traspasar o muro que antecede para visibilizar eses labores e traballos menos valorados, ás veces invisibles, que realizan principalmente as mulleres. Na foto superior, inytervención de Margarida ante o Alcalde e varios membros do goberno municipal como Quique Tello, María Xosé Bravo, Mario López Rico, todos eles á esquerda, e Nieves Vázquez, Obdulia Taboadela e Yoya Nreira á dereita.

Posteriormente, o Alcalde da Coruña, o señor Javier Losada, destacou os diferentes programas que o Concello da Coruña desenvolve para favorecer a conciliación da vida laboral, familiar e persoal así como a inminente posta en marcha dun Plan de Conciliación Local, para o que a nosa concellaría conta co apoio do departamento de Persoal así como unha subvención europea dentro do programa "Equilibrio entre a vida laboral, familiar e persoal no Estado español e en Noruega", desenvolvido polo Ministerio de Igualdade.



A continuación destas intervencións, os asistentes iniciaron o acceso á sala non sen antes atoparse frontalmente cunha enorme representación da imaxe escollida este ano pola Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá para a promoción e reivindicación deste día: A palabra VISIBILIDADE sobrescrita nun estropallo de limpeza que agarra unha man feminina enfundada nun guante azul-violáceo de goma. Unha aposta decididamente atrevida e conceptual creada pola deseñadora Uqui Permui. Estaríamos, pois, ante unha man que ben puidera ser a de calquera das mulleres que realizan os calados e invisibles labores do fogar, non remunerados nin valorizados, ou ben a dunha das múltiples mulleres que profesionalizaron eses traballos para atoparse cunha absoluta falta de consideración social destes. Unha imaxe que é todo un achádego.


O Alcalde da Coruña e a Concelleira de Igualdade contemplan divertidos unha imaxe de Margarida solucionando problemas mecánicos na propia Praza de María Pita. O texto elaborado por Vitoria Rei lembrábanos como a presenza de mulleres nos estudos relacionados coa mecánica é, aínda hoxe, totalmente testemuñal.


De xeito moi semellante, traballos e profesións como a albanelería ou a pintura "de brocha gorda" semellan aínda terreo prácticamente vedado ás mulleres. Nestas instantáneas, Ángeles Penas, directora do Museo de Belas Artes, e Carmen Marón, segunda Tenente de Alcalde e responsable das áreas de Economía e Facenda.


Varias asistentes contemplan a imaxe de Antonio Couceiro, director xerente de Begano S.A.


Uqui Permui, deseñadora do cartel conmemorativo, acompañada de Anxela Caramés.


Ana Montes, Xerente de IFECO-Recinto Ferial EXPOCORUÑA, ao volante do Ferrari de Kimi Räikkönen.


Nesta foto vemos reunidas de esquerda a dereita a Uqui Permui, autora da imaxe visual que vemos tras elas, Anxela Caramés, Elba Fernández "Pequena Suricata", autora das imaxes desta exposición, e Ana Luísa Bouza, última Directora Xeral do Servizo Galego de Igualdade.


Nesta simpática e sorpresiva instantánea Xulia Santiso, Directora da Casa Museo Emilio Pardo Bazán, comproba os diferentes materiais empregados polos responsables da impresionante montaxe.


Deixámosvos uns enlaces de prensa:




En definitiva, un día para recordar e para reivindicar.


8.3.10

Acto central do Concello da Coruña no 8 de marzo: día internacional das mulleres


Hoxe luns 8 de marzo, día internacional das mulleres, o Concello da Coruña inaugura a exposición VISIBILIDADE. A partir de Cambio de roles, ao que unimos uns textos que conforman un percorrido reflexivo arredor dos traballos e profesións, a Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá proponnos unha viaxe que reivindica a corresponsabilidade entre homes e mulleres, sen máis límite que a imaxinación, poñendo en valor os múltiples logros acadados así como evidenciando auqeles sectores laborais aínda profusamente masculinizados.

A cita é na sala de exposicións de María Pita, contra as 19:30 horas, tendo confirmada a súa asistencia algúns e algunhas das protagonistas desta exposición fotográfica.


Para a difusión deste acto, así como das intencións de VISIBILIDADE, a Concellaría encargou 10.000 postais coa imaxe de Fran González, xogador do Deportivo, e Pili Neira, cinco veces campiona de España, xogadora do Karbo Deportivo e Seleccionadora galega de fútbol, que se entregan de agasallo coa guía de ocio GO, como xa vos adiantáramos AQUÍ.

Esperamos vervos. Feliz e reivindicativo día a tod@s!!!!!

7.3.10

Recepción oficial do Concello da Coruña en conmemoración do centenario da declaración do Día internacional das mulleres


Aquí quédavos a "foto de familia" da recepción que se celebrou onte, na sede da Fundación Luís Seoane da Coruña, ofrecida a cen mulleres coruñesas procedentes dos diferentes Centros Cívicos Municipais, así como representantes de entidades sociais diversas e mesmo dúas das nosas canguras municipais que traballan no Espazo de atención á infancia do Centro Cívico de Monte Alto.

En primeiro término, o Alcalde da Coruña, o señor Javier Losada, a Concelleira de Igualdade e Participación Cidadá, Margarida Vázquez, xunto a outros membros do goberno municipal, directoras de Centros Cívicos, usuarias e convidadas en xeral.

Unha máis que significativa representación de mulleres anónimas que fan que cada día se avance cara a unha igualdade real entre homes e mulleres.




5.3.10

Diferentes colectivos presentan "Cen anos celebrando, toda unha vida loitando"


Con motivo da conmemoración na nosa cidade do 8 de marzo, día internacional das mulleres, diferentes colectivos como a Marcha Mundial das Mulleres, ACSUR-Las Segovias, Mulleres Deportistas Galegas, Nomepisesofreghao, Transmaribolheras Precárias, Trocamundo, Comisión de Xénero da coordenadora galega de ONGDS e Cafés Feministas desenvolverán unha serie de actividades o propio 8 de marzo na Rúa Barcelona, á altura da Praza das Conchiñas. Todo isto entre as 12:00 e as 20:30 horas. Desde a Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá animámosvos a acudir en apoio destes colectivos e lembrámosvos que ás 19:30, na sala de exposicións de María Pita inauguramos VISIBILIDADE, acto central do Concello da Coruña.





Recdeiras forma parte da organización da jornada do luns 8M e quixeron facer unha invitación para celebrar os 100 anos en forma de video Deixamos aquí as duas versións, unha cápsula e o video-anuncio completo:

http://www.100centas.com/2010/03/video-anuncio-8-de-marzo-dia.html

4.3.10

Inaugurada a exposición fotográfica "Nais de África"

As concelleiras de Cultura e Igualdade e Participación Cidadá, María Xosé Bravo e Margarida Vázquez, acompañadas do Subdelegado do Goberno, o señor Modesto Pse, e Gabriel Tizón, fotógrafo, veñen de inaugurar a exposición "Nais de áfrica", que se poderá visionar nas fiestras da planta baixa da subdelegación do Goberno desde hoxe ata o próximo 4 de abril.

Esta composición, obra de Gabriel Tizón, pretende visibilizar as nais dunha pequena aldea de Guinea Vissau, comprendidas entre os catorce e os sesenta e cinco anos, nun edificio que é empregado para a realización dos diferentes trámites administrativos que precisa a poboación inmigrante da Coruña.

Durante a presentación, o propio autor, ademais de agradecer ao Concello da Coruña as enormes facilidades e o interese en poñer en marcha esta iniciativa que se evidenciou desde o primeiro momento, quixo resaltar que aínda que esas fotos retrataban pobreza, detrás desta había moitísima riqueza. Especialmente en valores que aquí, en occidente, fomos perdendo ou abandonando.

As fotos poden, por tanto, ser vistas tanto desde a Travesía da Mariña como desde a Rúa Real, arteria singular do latexo cidadán coruñés.


Gabriel Tizón camiña entre as concelleiras de Cultura, dereita, e de Igualdade e Participación, esquerda.


Margarida Vázquez e Modesto Pose contemplan as diferentes fotos que se aprecian desde a Travesía da Mariña.


Dúas das obras que se poden contemplar desde a Rúa Real.


As autoridades presentes atenden ás explicacións de Jaime Oíza, Director de exposicións e coleccións do Concello da Coruña.

2.3.10

Presentada a programación de actos do Concello da Coruña para conmemorar o 8 de marzo



A Concelleira de Igualdade e Participación Cidadá, Margarida Vázquez Veras, presentou a programación de actos do Concello da Coruña para a conmemoración do 8 de marzo, día internacional das mulleres.

A partir do lema VISIBILIDADE, onde se reivindican os traballos e as profesións menos valoradas, eque ocupan tradicionalmente as mulleres, preséntase un completo programa que incúe desde exposicións artísticas como a de MulleresxMulleres, que se pode visitar na Casa da Cultura Salvador de Madariaga, cunha montaxe espectacular, ou de interese antropolóxico como Mulleres, espello de culturas, visitable no Kiosco Alfonso.

Os dous actos centrais arredor da celebración do día internacional das mulleres consistirán nunha recepción oficial a cen mulleres da Coruña de todas as idades, desde un a cen anos, para conmemorar o centenario desta declaración, e que se celebrará na Fundación Luís Seoane o sábado 6 de marzo ás 12:00 horas. Por outra banda, o propio 8 de marzo, na Sala de exposicións do Palacio Municipal de María Pita, ás 19:30 horas, inaugurarase a exposición VISIBILIDADE, acto central das actividades organizadas pola Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá. A partir da serie de fotos "Resetea: cambia o teu rol", que se puideran visionar durante a celebración da segunda edición do festival arte+parte, cunha presentación espectacular, e acompañadas duns textos relacionados co eixo central desta conmemoración, como é meditar sobre a corresponsabilidade e a invisibilidade de moitas ocupacións e traballos que realizan, maioritariamente, as mulleres.



A fin de promocionar e divulgar os contidos desta exposición, a Concellaría distribuirá 10.000 postais -5.000 coa imaxe de Fran, ex-xogador do Deportivo e 5.000 con Pili Neira, ex-xogadora do Karbo, cinco veces campiona de España e seleccionadora galega de fútbol, que está acompañada na imaxe por varias xogadoras da selección- a través dun encarte na guía GO. Esta distribución desenvolverase tanto no Concello da Coruña como por concellos da área metropolitana. Esta guía distribúese, principalmente, en locais de hostelaría, hoteis, etc, de varias capitais do Estado. Polo especial interese desta exposición, as persoas responsables desta publicación decidiron incluíla na sección adicada a resaltar e difundir as principais actividades culturais que se desenvolverán no mes de marzo no conxunto do Estado.



Por outra banda, tal e como esta Concellaría vén desenvolvendo nos últimos anos, darase moita importancia aos obradoiros a desenvolver nos diferentes Centros Cívicos baixo o título de "Mulleres, portadoras de culturas", relacionados coa exposición do Kiosco Alfonso.

A principal novidade a respecto dos obradoiros é a inclusión da rede de Espazos de Atención á Infancia do Servizo de Canguros co desenvolvemento do obradoiro "Todas e todos traballando de igual a igual", dirixido aos máis cativos, e que se desenvolverá nestes espazos o propio 8 de marzo.



Un día especial será a celebración no Teatro Rosalía de Castro da Gala-Homenaxe a María Luz Morales Godoy, coruñesa e primeira muller en España en dirixir un xornal. No seu caso foi "La Vanguardia" de Barcelona, en plena guerra civil.

Durante esta Gala visionarase por vez primeira o documental realizado por Óscar Losada "María Luz Morales: a gran señora da prensa", contándose para amenizar este acto coa actuación do grupo LULAVAI: catro mulleres harpistas e cantantes que darán o seu toque singular a este evento. A cita será o 26 de marzo, ás 20:30 horas, no Teatro Rosalía. A entrada será de balde ata esgotar localidades.



Tamén sinalou Margarida Vázquez a continuidade dos ciclos anuais sobre "Dereitos básicos e educación en valores na infancia". O 12 de marzo, de 17:30 a 20:00 sobre "Dereito de familia", e o 26 de marzo, de 17:30 a 20:00 sobre "Corresponsabilidade familiar. Saberes esenciais para convivir". Ámbolos dous a celebrar no Centro de Información ás Mulleres da rúa hortensias, s/n, teléfono 981 184 356.