4.3.10

Inaugurada a exposición fotográfica "Nais de África"

As concelleiras de Cultura e Igualdade e Participación Cidadá, María Xosé Bravo e Margarida Vázquez, acompañadas do Subdelegado do Goberno, o señor Modesto Pse, e Gabriel Tizón, fotógrafo, veñen de inaugurar a exposición "Nais de áfrica", que se poderá visionar nas fiestras da planta baixa da subdelegación do Goberno desde hoxe ata o próximo 4 de abril.

Esta composición, obra de Gabriel Tizón, pretende visibilizar as nais dunha pequena aldea de Guinea Vissau, comprendidas entre os catorce e os sesenta e cinco anos, nun edificio que é empregado para a realización dos diferentes trámites administrativos que precisa a poboación inmigrante da Coruña.

Durante a presentación, o propio autor, ademais de agradecer ao Concello da Coruña as enormes facilidades e o interese en poñer en marcha esta iniciativa que se evidenciou desde o primeiro momento, quixo resaltar que aínda que esas fotos retrataban pobreza, detrás desta había moitísima riqueza. Especialmente en valores que aquí, en occidente, fomos perdendo ou abandonando.

As fotos poden, por tanto, ser vistas tanto desde a Travesía da Mariña como desde a Rúa Real, arteria singular do latexo cidadán coruñés.


Gabriel Tizón camiña entre as concelleiras de Cultura, dereita, e de Igualdade e Participación, esquerda.


Margarida Vázquez e Modesto Pose contemplan as diferentes fotos que se aprecian desde a Travesía da Mariña.


Dúas das obras que se poden contemplar desde a Rúa Real.


As autoridades presentes atenden ás explicacións de Jaime Oíza, Director de exposicións e coleccións do Concello da Coruña.

1 comentario: