25.3.10

O Teatro Rosalía acolle mañá a gala homenaxe a María Luz Morales Godoy


 O ACTO PECHA O PROGRAMA DA CONCELLARÍA DE IGUALDADE E PARTICIPACIÓN CIDADÁ PARA CONMEMORAR O DIA INTERNACIONAL DA MULLER

 ESTA MAÑÁ A CONCELLEIRA DE IGUALDADE, MARGARIDA VÁZQUEZ, PRESENTOU O ACTO NO QUE TERÁ LUGAR A ESTREA MUNDIAL DO DOCUMENTAL DIRIXIDO POR ÓSCAR LOSADA

 A ENTRADA SERÁ LIBRE E GRATUÍTA ATA COMPLETAR AFORO

A Coruña, 25 de marzo de 2010.- A Concelleira de Igualdade e Participación Cidadá, Margarida Vázquez, presentou esta mañá a Gala homenaxe a María Luz Morales Godoy que acollerá mañá o teatro Rosalía de Castro na que terá lugar a estrea mundial do documental dirixido por Óscar Losada ‘María Luz Morales: A Gran Señora da prensa’ e a actuación musical de Lulavai. O documental relata a biografía de María Luz Morales Godoy que en plena guerra civil convertiuse na primeira muller, é unica na redacción, en dirixir un períodico, La Vanguardia.

O acto pecha o programa organizado pola Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá para conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller no que se realizaron diversos obradoiros como ‘Todas e todos traballando de igua a igual’, ‘Mulleres portadoras de culturas’, ‘Dereito de familia’ ou ‘Coresponasbilidade familiar. Saberes esenciais para convivir’. Ademáis das dúas exposicións que continuarán abertas ata o vindeiro 4 de abril.
‘Visibilidade’ na Sala de Exposicións do Palacio Municipal na que amosanse 16 imaxes realizando accions asociadas tradicionalmente ao outro sexo, invitando deste xeito a superar as barreiras de xénero, en liña coa filosofía proposta no proxecto sociocultura ‘Mulleres: Arte + Parte’. E a segunda das exposicións, ‘Mulleres, espello de culturas’ no Kiosco Alfonso na que ofrécese un percorrido a través dunha selección de atractivas pezas cedidas polo Museo Etnolóxico de Múnic que adquiren nova vida como testemuños das mulleres que un día foron as súas usuarias.

A gala de mañá servirá non só para homenaxear á ‘Gran señora da prensa’ senón tamén de lembranza para todas aquelas mulleres de principios do S.XX intelectuais e transgresoras que denvolveron a súa actividade laboral nunha época tan difícil como Milagros Rey, a primeira muller arquitecta gallega e terceira de España, autora entre outras obras da Torre dos Mestres, ou a matemática María Josefa Wonenburger nacida en Oleiros en 1927 que se convertiu nun referente no mundo das matemáticas que tivo que ir a EE.UU. para poder desenvolver a súa carreira profesional.



O director do documental, Óscar Losada, explicou que seu documental que terá a súa estrea mundial mañá no teatro Rosalía de Castro reflicte non só a grande capacidade intelectual de María Luz Morales Godoy senón tamén a súa grande calidade humana destacada e valorada por todos os que a coñeceron. Unha muller pioneira e moi moderna para a súa época que adicou a súa vida ao xornalismo, ainda que tamén foi autora de varios libros e traductora de textos clásicos. Unha muller sempre lembrada pola súa traxectoria vital que como ela mesma dixo: “só quixen ser unha cousa na miña vida, que é esto que humildemente son. Sinxelamente xornalista”.

A gala comezará mañá ás 20.30 horas no teatro Rosalía de Castro e contará coa actuación musical do grupo Lulavai. O presentador da gala será o propio Óscar Losada, confirmándose tamén a intervención en nome das e dos xornalistas de Candela Conde, directora de Localia TV na Coruña, quen recolle o testigo de María Luz Morales ao ser a directora máis nova en idade dun medio de comunicación na cidade da Coruña.


No hay comentarios:

Publicar un comentario