Que a violencia machista non entende de fronteiras nin límite xeográfico algún é algo que todos e todas compartimos. Sen embargo, o feito de que un caso como o ocorrido onte no noso Paseo Marítimo, moi perto da Domus, lémbranos que ninguén está libre absolutamente de verse nunha situación como a que viviu onte na Coruña H.G.E., de 32 anos, ou como a que están vivindo moitísimas mulleres día tras día, ano tras ano.
A Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá, e por extensión o Concello da Coruña na súa totalidade, queren transmitir a súa dor e rexeitamento para feitos delitivos como este e quere poñerse a disposición da vítima e das súas persoas máis próximas, especialmente as súas fillas menores, para todo o apoio ou asesoramento que precisaren, desexando, unha vez máis, que sexa este o último caso de violencia machista que aconteza nas nosas vidas.
Oxalá sexa o último, pero permíteme que dubide.
ResponderEliminar