21.6.10

Máis de 2.000 persoas participaron na II Xornada do Deporte Feminino na Rúa celebrado onte nos xardíns de Méndez Núñez




A Coruña, 20 de xuño de 2010.- Máis de 2.000 persoas participaron nalgunha das 21 disciplinas deportivas incluidas no programa da II Xornada do Deporte Feminino na Rúa celebrado nos xardíns de Méndez Núñez esta mañá organizada polas Concellarías de Igualdade e Participación Cidadá e Deportes en colabioración coa asociación MUDEGA (Mulleres Deportistas Galegas).

Esta segunda edición acolleu un total de 21 prácticas deportivas diferentes. A Concelleira de Igualdade e Participación Cidadán, Margarida Vázquez, e o Concelleiro de Deportes, Xan Xosé Martínez Caxigal foron os encargados de entregar os segundos premios Pioneiras do deporte, que este ano recaeron en Cristina Fernández Cid (hoquei a patíns), Sabela Rodríguez Senra(Patinaxe), Aida Rodríguez Carballal 8Badminton) e Rebeca Fernández Carnero (Halterofilia).

Entre as disciplinas deportivas destacaron especialmente os obradoiros de boxeo e kick-boxing, taekwondo, judo, kárate e tamén deportes de equipo como fútbol, baloncesto, balonmán,voleivol e rugbi.

A xornada contou tamén con exhibicións de pentatlon (esgrima), halterofilia, tenis de mesa, badminton e pádel, ademáis dos circuitos de BTT (ciclocross), duatlon (carreira-bici-carreira), atletismo (carreiras de obstáculos, lanzamentos con material adaptado, etc).

O público poido disfrutar tamén doutras actividades como unha master class de aeróbic/steps, a proxección dunh vídeo sobre o deporte feminino, a exposición fotográfica sobre o deporte feminino ‘O futuro do deporte feminino’, entre outras.
Cabe destacar a colaboración da asociación Down Coruña que nesta segunda edición ao evento participou con tres rapazas que exerceron labores de voluntariado para atender a enorme demanda de mostras das diferentes disciplinas deportivas e asegurar o correcto desenvolvemento da xornada.

Nesta segunda edición contuse coa participación unha vintena de clubes, seis federacións e deportistas individuais como a medallista mundial Eva Castro, Carmen León e Vane Alonso, campionas de España de pádel, ou Fanny Hernández, campiona de Europa e bronce no último mundial de Taekwondo.




5 comentarios:

  1. Parabens,que acerto baixar onte aos xardíns, paseimo en grande. Grazas

    Terían que tomar nota o resto de concellos

    ResponderEliminar
  2. Iniciativas como esta, siempre contarán con mi apoyo

    ResponderEliminar
  3. Graciñas....A verdade é que foi unha xornada estupenda e, ademais, mellorando o éxito do ano pasado, o cal é moi importante.

    ResponderEliminar
  4. moitas felicidades a todas!!!!

    ResponderEliminar