O ANO PASADO O SERVIZO ATENDEU A MÁIS CASE 190 MENORES SENDO O TRABALLO O MOTIVO DE DEMANDA MÁIS REPETIDO
A CONCELLERÍA DE IGUALDADE E PARTICIPACIÓN CIDADÁ PON EN MARCHA DOUS BLOGUES A TRAVÉS DOS QUE ENTRE OUTRAS COUSAS PÓDESE DESCARGAR A SOLICITUDE DE INSCRIPCIÓN AO PROGRAMA DE CANGUROS
A Coruña, 8 de maio de 2009- A Concelleira de Igualdade e Participación Cidadá do Concello, Margarida Vázquez, anunciou esta mañá o inicio dunha nova etapa do Servizo de Canguros Municipais o próximo luns despois dun ano dende a súa posta en marcha en marcha en novembro de 2007 o Servizo de Atención á Infancia para a Conciliación de vida laboral, familia e persoal, coñecido tamén como “servizo de canguros municipais”, xestionado polo Centro de Información ás Mulleres (CIM).
Agora, tras un ano de rodaxe e a valoración positiva do seu funcionamento, a Concellaría inicia unha nova etapa do servizo, na que se amplía e potencia as modalidades e o número de espazos de atención coa finalidade de servir a un número maior de cidadás e cidadáns.
O Servizo de Atención á Infancia para a Conciliación de vida laboral, familia e persoal está dirixido a dous colectivos: ás nenas e aos nenos con idades comprendidas entre os 4 meses e os 12 anos, por unha banda; e ás súas nais, pais ou persoas responsabeis, por outra.
O ano pasado atendéronse un total de 186 menores sendo o traballo a motivación de demanda máis repetida.
Con respecto ás persoas responsabeis das/dos menores, o obxectivo do proxecto é contribuír á harmonización da vida laboral, familiar e persoal axudando a responder ás necesidades existentes de conciliación, por parte fundamentalmente das mulleres, no que atinxe ao coidado de persoas dependentes, neste caso de menores ao seu cargo. Tamén pretende fomentar a corresponsabilidade nos eidos doméstico, familiar e social, a través de actividades dirixidas aos/ás máis novos/as.
Con respecto ás/aos menores, preténdese ofertar coidados básicos e atencións de carácter lúdico, social e educativo cando queden sos en ausencia da súa nai, pai ou persoa responsábel, sempre que non se poida recorrer a outros recursos axeitados.
O servizo de canguros municipais pretende ser unha ferramenta flexible e multifuncional, á que se pode acceder en diferentes momentos e horarios conforme á necesidade de cada unidade familiar. Dispón dunha oferta oferta puntual ou descontinua: os espazos de atención á infancia de carácter colectivo. Para dar resposta a necesidades de carácter extraordinario, ofrecese atención domiciliaria.
Ademais, vela en todo momento polo benestar da/o menor, quen está atendido/a sempre por persoal profesional: coidadores/as de menores e educadores/as infantís.
Cada intervención realízase de xeito personalizado, isto é, é resultado do contacto previo coa unidade familiar para tratar de dar resposta as súas necesidades.
A coeducación, a educación en igualdade que evita a transmisión de estereotipos de xéneros, é un principio reitor do servizo.
O Concello poderá establecer taxas ou prezos públicos pola prestación do servizo segundo os ingresos económicos e as características da unidade familiar. En tanto non sexan establecidos, o servizo é gratuíto.
O servizo contempla dúas modalidades de atención. En primeiro lugar, os espazos de atención á infancia de carácter colectivo, onde se proporciona de modo non regular acollemento e desenvolvemento de actividades de carácter lúdico-educativo dirixidas a grupos de menores de idades comprendidas entre os catro e doce anos. Están situados nos seguintes centros cívicos municipais:
Centro de Formación e Emprego de “Los Rosales”
Praza Elíptica s/n
15011 A Coruña
Buses urbanos: 3 – 3A – 12 – 14
Centro Cívico Municipal Castrillón
Praza Pablo Iglesias s/n
15009 A Coruña
Buses urbanos: 1 – 12A – 14 – 15
Centro Cívico Municipal Monte Alto ( a partir do mes de Xuño )
Rúa Vereda del Polvorín 4
15002 A Coruña
Buses urbanos: 3 – 4 – 5 – 6 – 6A – 7 – 11 – 17
ATENCIÓN Á INFANCIA A DOMICILIO ( a partir do mes de xuño )
En segundo lugar, a atención á infancia a domicilio, ca que se dá resposta no propio domicilio a necesidades de carácter extraordinario e proporciona coidados e atencións lúdico-educativas a menores de idades comprendidas entre os catro meses e os doce anos. Non contempla a realización de actividades relacionadas co servizo doméstico salvo que estas estean vinculadas estritamente ao benestar do/a menor.
Cun procedemento sinxelo, as/os solicitantes deberán cubrir un formulario de alta no servizo que se pode recoller no Rexistro Xeral do Concello (nas sedes da praza de María Pita ou do Fórum Metropolitano), no CIM (Centro de Información ás Mulleres) ou descargalo en http://igualdadecoruna.blogspot.com/ ou premendo directamente AQUÍ. Unha vez cuberto, entregarase xunto coa documentación requerida no Rexistro Xeral.
Unha vez aceptada a alta, as persoas que queiran comezar a usá-lo servizo, deberán solicitar no CIM (Centro de Información ás Mulleres) a modalidade que lles interesa.
Un servicio im-pre-sio-nan-te......Se lo recomiendo a todo el mundo. Mi niña va desde hace tiempo a Los Rosales y no hay quien le diga que un día no va......Espero que sigáis mejorándolo y que llegue a más gente en otros barrios. Gracias pero no bajen la guardia.
ResponderEliminarNon te preocupes, Susana. Seguiremos traballando para mellorar o Servizo. Agora estamos nun proceso de ampliación que, como puideches ver no post, levará tempo e esforzo estabilizar. Esperemos avanzar máis novas sobre futuras ampliacións da oferta moi pronto. En concreto, antes de rematar o ano. Saúdos.
ResponderEliminar