Efectivamente, o próximo domingo, 14 de xuño de 2009, celebraremos na nosa cidade a I Xornada do Deporte Feminino na Rúa, primeira destas características que se realiza nunha cidade galega, e que pretende ser referente da promoción igualitaria do deporte.
Trátase dunha xornada de participación cidadá e festa deportiva, coa particularidade de que as exhibicións correrán a cargo de mulleres deportistas coruñesas. Integrantes de equipos como o Orzán en fútbol, Calasancias en baloncesto ou Zalaeta en voleibol xogarán partidos de exhibición e darán pé a que nenos e nenas xoguen con elas.
Haberá tamén unha exposición de fotografías, coa muller coruñesa e o deporte como protagonistas, así como a entrega dun galardón a cinco mulleres pioneiras do deporte na cidade, en recoñecemento á súa traxectoria deportiva.
Esperamos ver alí a toda a cidade!!!!!!! Tod@s facemos equipo!!!!!!!
Por certo.....haberá moitísimos agasallos para todas as persoas que se acheguen polos Xardíns de Méndez Núñez, ademais de servir para a promoción da nosa Torre de Hércules como Patrimonio da Humanidade!!!!!!
Esto es igualdad?? esto es descriminación pura y dura.
ResponderEliminarDesculpa, Anónimo. A actividade é para todos e todas. Entendiches mal a actividade. O que si que marca a diferencia con outras actividades semellantes é que os obradoiros e demostracións corren a carga de mulleres deportistas.
ResponderEliminar