Os Xardíns de Méndez Núñez acollerán o próximo domingo a I Xornada do Deporte Feminino
INCLÚE DISCIPLINAS DEPORTIVAS COMO: BOXEO, KICK BOXING, JUDO, TAEKWONDO, BALONCESTO, BALONMÁN, VOLEIBOL, FÚTBOL-SALA, DUATLÓN...
ESTA ACTIVIDADE INCLÚESE NO PROGRAMA DE ACTOS DE APOIO Á CANDIDATURA DA TORRE DE HÉRCULES A PATRIMONIO DA HUMANIDADE
A Coruña, 9 xuño de 2009- O Primeiro Tenente de Alcalde, Henrique Tello, a Concelleira de Igualdade e Participación Cidadá, Maragrida Vázquez Veras, o Concelleiro de Deportes Xan Martínez Caxigal, xunto das representantes da xunta directiva de MUDEGA (Mulleres Deportistas Galegas) Pili Neira, Lis Franco e Eva Castro, presentaron esta mañá o programa completo da I Xornada do Deporte Feminino na Rúa, que terá lugar o próximo domingo 14 de xuño nos Xardíns de Méndez Núñez e que contará coa colaboración de Begano S.A. e Dolcevita.
A concelleira de Igualdade deu a coñecer o programa completo da Xornada, que inclúe disciplinas deportivas como o boxeo, kick boxing, judo, taekwondo, baloncesto, balonmán, voleibol, fútbol-sala, duatlón, atletismo, bike, minitenis, halterofilia, rugby ou esgrima.
A principal novidade desta xornada é que as exhibicións correrán a cargo de mulleres deportistas galegas de clubes como como Calasancias, Zalaeta, Marineda, Orzán, Amarelle, Rugby da UdC, Balonmán Coruña ou Breogán, así como as diferentes federacións galegas de judo, Taekwondo, Triatlón e Pentatlón, Boxeo e Halterofilia e contará con participacións destacadas como da ciclista Eva Castro.
Todas estas disciplinas terán o seu espazo propio de exhibición, ao dividir os organizadores a explanada dos Xardíns en seis zonas de actividade, entre as que se encontra a Zona 5: unha Xaima pensada para disfrutar dunha exposición fotográfica titulada “Deportistas Coruñesas” e de varios vídeos sobre deporte feminino. A concelleira Margarida Vázquez invitou a participar a toda a cidanía e suliñou que trátase dunha actividade pensada para todos, homes e mulleres e de todas as idades.
Durante esta primeira xornada de deporte Feminino, concretamente ás 13.00 horas na Zona 6 (Palco de Música dos Xardíns), entregaranse os primeiros cinco trofeos “Pioneiras do Deporte Coruñés”, que, tal e como adiantou o concelleiro de Deportes Xan Caxigal, nesta primeira edición recaeu nas seguintes deportistas:
Ángela Rodríguez Piñón (Baloncesto); Mari Carmen Rubio (Hockei Herba e Sala); Lis Franco (Fútbol e Fútbol Sala); Ángeles Barreiro (Atletismo-Lanzadora); e María Vieites (Balonmán).
A rolda de prensa contou coa participación do Primeiro Tenente de Alcalde quen destacou a importancia desta actividade incluída ademais nos actos de apoio á candidatura da Torre de Hércules. Así, durante esta xornada os organizadores dispoñerán tanto de camisetas conmemorativas do acontecemento, para agasallar aos participantes e público presente, como de camisetas de apoio á candidatura da Torre de Hércules para ser Patrimonio da Humanidade.
Mañá colgaremos vídeos e fotos da Xornada. Esperemos ter un bo tempo. Foi moito o esforzo e moita a xente que confirmou asistencia desde outras vilas e cidades.
ResponderEliminar