6.10.09

A Concellaría de Igualdade realizará durante os vindeiros dous meses unha diagnose dos usos do tempo na Coruña





 O OBXETIVO É DETECTAR AS NECESIDADES DE CONCILIACIÓN E DE HARMONIZACIÓN DOS USOS DO TEMPO EN FUNCIÓN DAS CARACTERÍSTICAS DA POBOACIÓN E DAS DOTACIÓNS E SERVIZOS QUE HAI NA CIADE

 O VINDEIRO 14 PRESENTARASE O PROXECTO E REALIZARANSE TRES MESAS DE CONCERTACIÓN SECTORIAIS NAS QUE SE INVITARÁ A PARTICIPAR A OS PRINCIPAIS AXENTES ECONÓMICOS, EDUCATIVOS E SOCIAS, SINDICATOS E ADMINISTRACIÓNS

A Coruña, 6 de outubro de 2009.- A Concelleira de Igualdade e Participación Cidadá, Margarida Vázquez, explicou esta mañá a iniciativa impulsada dende a súa área que está a realizar un estudo de diagnose dos usos do tempo na cidade. Trátase dunha diagnose que ten como obxectivo detectar as necesidades de conciliación e de harmonización dos usos do tempo en función das características da poboación e das dotacións e servizos que hai na cidade. “É un reto que están comezando a asumir os grandes concellos galegos” tal e como sinalou a propia Concelleira.
En palabras da concelleira de Igualdade e Participación Cidadá, Margarida Vázquez Veras, impulsora deste innovador proxecto “somos conscientes de que hoxe en día o tempo é un ben preciado e escaso, e que cada vez se notan máis os desaxustes nos horarios das cidades co tipo de vida que levamos, sinaladamente para as mulleres”, polo que considera que se fai necesario reconciliar o tempo das cidades co das persoas que habitan nelas, emerxendo así as cuestións relacionadas co tempo ás axendas e políticas públicas, para poder chegar a construir unhas cidades máis cómodas e contribuir o benestar xeral.
Sendo conscientes desta realidade e necesidade de coordinar, harmonizar e redistribuír os diferentes tempos que se dan no espazo urbán (tempos laborias, persoais, familiares, de lecer, e de desprazamento) a Concellaria de Igualdade e Participación Cidadá pon en marcha esta iniciativa que está cofinanciada pola Conselleria de Traballo da Xunta de Galicia e se enmarca nas medidas de conciliación municipais de promoción autonómica establecidas no seu día pola Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galicia.



Esta diagnose vén a ser unha iniciativa máis que se suma as que xa ten emprendido o Concello neste ámbito da conciliación e xestión dos usos dos tempos, como a recente inauguración dunha bebeteca; o Banco de Tempo; o Servizo Municipal de Atención á infancia de carácter colectivo e gratuíto, que da resposta ás necesidades de organización dos tempos persoais, familiares e laborais; a enquisa feita sobre corresponsabilidade dos homes, ou Xornada técnica de Programación do Tempo na cidade celebrada a finais do 2008 e que se dirixiu a todos os axentes socioeconómicos da cidade e a cidadanía en xeral e contou coa participaron diferentes profesionais e expertas da institucións públicas, universidades e empresas privadas.
O estudo estenderase ó longo dos meses de outubro e novembro e está sendo coordinado pola consultora especializada en xénero e igualdade de oportunidades, Sánchez-Albornoz, que está a desenvolver o traballo de campo e que analizará os principais horarios comerciais, os servizos e dotacións na cidade, os medios de transporte e a mobilidade, a oferta de actividades culturais e de lecer, os servizos on-line, as necesidades e demandas das empresas e da cidadanía nos aspectos relativos á harmonización de horarios, e nomeadamente das mulleres, que son as que soportan unha maior carga total de traballo, é decir que son as que teñen menos tempo a súa disposición.
Está previsto que na vindeira semán, o dia 14, se leve a cabo unha mesa de presentación do proxecto, e na seguinte semán do 19 ó 21 de outubro, se realizarán tres mesas de concertación sectoriais na que se invitará a participar ós principais axentes económicos, educativos e sociais, ós sindicatos, e as administracións, para que fagan as súas achagas a tan innovador proxecto e determinar cuais son as problemáticas actuais, os desaxustes horarios, as necesidades detectadas, e as posibles propostas de mellora.
O remate desta fase do proxecto, se elaborará o Plan de programación do tempo na cidade, co cal o Concello da Coruña se situará na liña das recentes actuacións públicas neste senso que se están a levar a cabo en cidades españolas e europeas como Barcelona, Milán, Roma, Turín, Lyón entre outras, algunhas das cuais xa contan incluso con concellarias propias de usos do tempo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario