14.10.09

O Primeiro Tenente de Alcalde e a Concellaría de Igualdade abriron esta mañá a Mesa de Concertación do Plan de Programación do Tempo da Coruña



• ESTE ACTO É UNHA PRIMEIRA TOMA DE CONTACTO CO OBXECTO DE INICIAR UN PROCESO QUE CONDUZA Á IDENTIFICACIÓN DE NECESIDADES E DEMANDAS SOBRE OS USOS DO TEMPO E CONCILIACIÓN DE MULLERES E HOMES QUE SE TERÁN EN CONTA NO FUTURO PLAN DE PROGRAMACIÓN DO TEMPO DA CIDADE

• COA POSTA EN MARCHA DESTE PLAN A CORUÑA PASARÁ A FORMAR PARTE DAS CIDADES EUROPEAS Á VANGARDA EN CANTO Á SÚA PLANIFICACIÓN HORARIA

A Coruña, 14 de outubro de 2009.- O Primeiro Tenente de Alcalde, Henrique Tello, e a Concelleira de Igualdade e Participación Cidadá, Margarida Vázquez, abriron esta mañá a Mesa de Concertación do Plan de Programación de tempo na que participarán diferentes entidades, empresas e asociacións da cidade.

Este acto supón unha primeira toma de contacto co obxecto de iniciar un proceso que conduza á identificación de necesiades e demandas sobre usos do tempo e conciliación que se terán en conta no futuro Plan de Programación do Tempo da Cidade.

É de sinalar a importancia que a este tema lle adican cidades como Barcelona, Milan ou Lyon, que contan de feito con departamentos municipais adicados exclusivamente aos usos do tempo nas súas cidades, polo que A Coruña pasará, pois, a formar parte das cidades europeas á vangarda en canto á súa planificación horaria.

A Concellaría de Igualdade, en síntonía co que están a facer noutros concellos, vai emprender un estudo cuxo obxectivo é coñecer as necesidades de mulleres e homes realtivas aos usos do tempo na cidade (desaxustes nos horarios dos centros educativos e dos traballos, funcionamento dos medios de transporte público, necesidades de flexibilidade horaria/laboral de conciliación, dotación e servizos públicos,etc.).

Trala constitución da Mesa de Concertación do Plan de Programación de Tempo da cidade realizaranse tres mesas sectoriais que terán lugar dende o 19 ata o 21 de outubro nas que están convidadas a participar diferentes entidades, empresas e asociacións do municipio da coruña dos distintos sectores.

O obxecto destas mesas sectoriais é identificar necesidades e demandas sobre os usos do tempo e conciliación de mulleres e homes nos diferentes sectores de actividade e que logo se terán en conta no Plan de Programación do Tempo da Cidade. As mesas estarán presididas pola Concelleira de Igualdade e coordinadas por unha consultora especializada en materia de igualdade.
PROGRAMA ‘CONCILIA OS TEUS TEMPOS’




A Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá ten iniciado no ano 2008 un innovador programa, cofinanciaddo pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, denominado ‘Concilia os teus tempos’, que se enmarca nas medidas de conciliación municipais de promoción autonómica establecidas na Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres en Galicia, e sinaladamente no Decreto 182/2008, do 31 de xullo, polo que se establece a promoción autonómica das medidas municipais de conciliación.

O programa abarca tres fases. A primeira foi a realización dunha diagnose base que analizou entre outros aspectos, as características da poboación, dotacións e servizos de apoio á conciliación na cidade, os principais horarios, os medios de transporte, a oferta de actividades deportivas, de lecer, culturais, etc. En decembro de 2008 celebrouse unha ‘Xornada técnica de programación do tempo na cidade’ dirixida aos axentes socioeconómicos, á cidadanía en xeral, empregados públicos locais e axentes dos bancos de tempo.

A segunda fase inclúe unha diagnose aplicada na que se enmarca a Mesa de concertacióndo Plan de Programación do tempo na cidade. Inclúe tamén a elaboración do Plan de Programación do tempo na cidade no que se establecerán as medidas a levar a cabo para a harmonización dos horarios e usos do tempo na cidade, tendo en conta as conclusións e acordos das Mesas de concertación.
Por último, esta segunda fase contará tamén cunha presentación pública das conclusións e acordos das Mesas e do Plan. Unha terceira fase estará adicada a posta en marcha do Plan de Programación do Tempo na cidade, seguimento e avaliación.


No hay comentarios:

Publicar un comentario