30.6.09

Nova web do Grupo Municipal do BNG.


O grupo municipal do BNG dispón dunha nova ferramenta para a comunicación, transmisión e recepción de información. Trátase da nova web, á que vos recomendamos que vos acheguedes. Dispoñedes de todos os enlaces a continuación, pero poderedes atopalos sempre na columna da vosa dereita, na sección de Enlaces de Interese. Agardamos os vosos comentarios.



25.6.09

Camiño da igualdade na Compañía de Tranvías da Coruña.

Fonte: Voz de Galicia.

Aínda que o titular "Ya hay buseras en A Coruña" leva a engano, pois xa hai anos que as diferentes empresas de transporte de viaxeiros, tanto nos servizos de liña como en canto ao transporte escolar, inclúen entre o seu persoal a mulleres condutoras, debemos congratularnos de que, por fin, a Compañía de Tranvías da Coruña se decidise a dar ese paso que, incomprensiblemente, non se dera aínda, en pleno século XXI.

Efectivamente, a partir de hoxe será cada vez máis habitual ver sentadas no posto do "condutor" a mulleres que, como o caso comentado na edición coruñesa da Voz de Galicia de hoxe, veñen avaladas pola súa experiencia e capacidade e que, ata o de agora, non se lles tiña en conta á hora de contratar persoal por parte desa Compañía.

Noraboa para Edelina García e as súas presentes e futuras compañeiras. A súa presencia será un elemento visual e simbólico máis de cara á consecución da igualdade real entre homes e mulleres.

No seguinte enlace poderedes ler a totalidade da noticia aparecida na Voz de Galicia. Son de destacar as explicacións dadas por Don Manuel Otero Maya, Xefe de Persoal da Compañía de Tranvías, para xustificar esta rechamante ausencia: a falta de vestiarios femininos, que cremos non merece ser comentada, e os problemas de conciliación da vida laboral, familiar e persoal das mulleres. Sobre este último aspecto, queremos indicar que non cabe a menor dúbida da existencia destes problemas, moi sinaladamente en empregos que precisan de cambios constantes no horario laboral. é por iso que nos sentimos reforzados, desde esta Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá, na continuidade e ampliación dos nosos programas de conciliación, así como a máxima difusión dos programas doutros departamentos que poidan servir para ese fin.

Consultar noticia da Voz de Galicia

Saúdos e ata outra.


14.6.09

Vídeos e fotos da I Xornada do Deporte Feminino na Rúa


Aquí deixamos unhas fotos e uns vídeos que nos enviaron uns asistentes a esta I Xornada do Deporte Feminino na Rúa. Quedamos pendentes de colgar as fotos que sacaron as rapazas de MUDEGA.



















Moitas grazas a todas e todos!!!!!!!

A Torre.....patrimonio de tod@s.


A subida das premiadas e das persoas encargadas de entregar os trofeos contou coa homenaxe das rapazas do clube de hoquei Athletic Coruña. Qué grandes.


A mítica Lis Franco recibe o trofeo da man de Xan Caxigal, concelleiro de deportes do Concello da Coruña.


Ángeles Barreiro recibe o trofeo de mans do alcalde da Coruña.

Foto de familia coas premiadas acompañadas do alcalde, Javier Losada, do primeiro tenente de alcalde, Quique Tello, da concelleira de igualdade e participación cidadá, Margarida Vázquez, do concelleiro de deportes, Xan Caxigal, e da presidenta de MUDEGA e seleccionadora galega de fútbol, Pili Neira.


Gañadoras dos I Trofeos “Pioneiras do Deporte Coruñés”

ANGELA RODRÍGUEZ PIÑÓN (BALONCESTO)
Xogadora dos 3 clubes que tivo A Coruña en División de Honra. (Medina, Tabacalera e Autopistas Compañía de María).
• Mellor Xogadora Provincial. Temporada 1984/85.
Adestradora Autopistas División de Honra Feminina.
Adestradora "Programa Infantil Feminino". FEB. 1.991/92
Mellor Deportista Galega. Temporada 1993
Medalla de Ouro, Campeona de Europa coa Selección Española Absoluta. Perugia (Italia). 1.993.
Medalla de Prata, Campeona de Europa coa Selección Española Junior. Bulgaria. 1.994
Adestradora Selección Senior Promesas. Biescas. (Huesca). 1.995.

MARI CARMEN RUBIO (HOCKEi HERBA E SALA)
• Xogadora-porteira do Santa Lucía de hockei herba e sala.
• 5 veces campeona de España
• 3 veces subcampeona
• Seleccionadora galega sub-18 masculina
• Seleccionadora galega sub-16 feminina
• Adestradora do Hércules e Adaxe masculino e feminino

LIS FRANCO (FÚTBOL E FÚTBOL SALA)
• Xogadora e máxima goleadora do Karbo Deportivo
• 5 veces Campeona de España
• Internacional Absoluta
• Seleccionadora galega de fútbol sala feminino
• Campeona da Copa da Raíñaa de fútbol sala feminino
• Xornalista deportiva

ANGELES BARREIRO (ATLETISMO-LANZADORA)
• Campeona de España de lanzamento de disco entre os anos 1982 e 1993 ininterrumpidamente
• En 1992 logra a que aínda hoxe é a mellor marca española, 60.56 metros.
• Mundialista en Tokio 91
• Olímpica en Barcelona 92
• Participou en 8 Xogos Iberoamericanos
• 40 veces internacional absoluta

MARIA VIEITES (BALONMÁN)
• Xogadora do Medina provincial 71-74
• Xogadora do Medina Nacional de División de Honra de 1974 a 1982
• Xogadora do Oar Ciudad de División de Honra 82-83
• Mellor xogadora provincial os anos 76 e 77
• Ouro nos Xogos do Cantábrico
• 10 veces internacional absoluta

10.6.09

Presentación ante os medios de comunicación da I Xornada do Deporte Feminino na Rúa


Os Xardíns de Méndez Núñez acollerán o próximo domingo a I Xornada do Deporte Feminino

 INCLÚE DISCIPLINAS DEPORTIVAS COMO: BOXEO, KICK BOXING, JUDO, TAEKWONDO, BALONCESTO, BALONMÁN, VOLEIBOL, FÚTBOL-SALA, DUATLÓN...

 ESTA ACTIVIDADE INCLÚESE NO PROGRAMA DE ACTOS DE APOIO Á CANDIDATURA DA TORRE DE HÉRCULES A PATRIMONIO DA HUMANIDADE

A Coruña, 9 xuño de 2009- O Primeiro Tenente de Alcalde, Henrique Tello, a Concelleira de Igualdade e Participación Cidadá, Maragrida Vázquez Veras, o Concelleiro de Deportes Xan Martínez Caxigal, xunto das representantes da xunta directiva de MUDEGA (Mulleres Deportistas Galegas) Pili Neira, Lis Franco e Eva Castro, presentaron esta mañá o programa completo da I Xornada do Deporte Feminino na Rúa, que terá lugar o próximo domingo 14 de xuño nos Xardíns de Méndez Núñez e que contará coa colaboración de Begano S.A. e Dolcevita. 
A concelleira de Igualdade deu a coñecer o programa completo da Xornada, que inclúe disciplinas deportivas como o boxeo, kick boxing, judo, taekwondo, baloncesto, balonmán, voleibol, fútbol-sala, duatlón, atletismo, bike, minitenis, halterofilia, rugby ou esgrima. 
A principal novidade desta xornada é que as exhibicións correrán a cargo de mulleres deportistas galegas de clubes como como Calasancias, Zalaeta, Marineda, Orzán, Amarelle, Rugby da UdC, Balonmán Coruña ou Breogán, así como as diferentes federacións galegas de judo, Taekwondo, Triatlón e Pentatlón, Boxeo e Halterofilia e contará con participacións destacadas como da ciclista Eva Castro.
Todas estas disciplinas terán o seu espazo propio de exhibición, ao dividir os organizadores a explanada dos Xardíns en seis zonas de actividade, entre as que se encontra a Zona 5: unha Xaima pensada para disfrutar dunha exposición fotográfica titulada “Deportistas Coruñesas” e de varios vídeos sobre deporte feminino. A concelleira Margarida Vázquez invitou a participar a toda a cidanía e suliñou que trátase dunha actividade pensada para todos, homes e mulleres e de todas as idades. 
Durante esta primeira xornada de deporte Feminino, concretamente ás 13.00 horas na Zona 6 (Palco de Música dos Xardíns), entregaranse os primeiros cinco trofeos “Pioneiras do Deporte Coruñés”, que, tal e como adiantou o concelleiro de Deportes Xan Caxigal, nesta primeira edición recaeu nas seguintes deportistas:
Ángela Rodríguez Piñón (Baloncesto); Mari Carmen Rubio (Hockei Herba e Sala); Lis Franco (Fútbol e Fútbol Sala); Ángeles Barreiro (Atletismo-Lanzadora); e María Vieites (Balonmán).
A rolda de prensa contou coa participación do Primeiro Tenente de Alcalde quen destacou a importancia desta actividade incluída ademais nos actos de apoio á candidatura da Torre de Hércules. Así, durante esta xornada os organizadores dispoñerán tanto de camisetas conmemorativas do acontecemento, para agasallar aos participantes e público presente, como de camisetas de apoio á candidatura da Torre de Hércules para ser Patrimonio da Humanidade.

5.6.09

I Xornada do Deporte Feminino na Rúa: Tod@s Facemos Equipo!!!!


Efectivamente, o próximo domingo, 14 de xuño de 2009, celebraremos na nosa cidade a I Xornada do Deporte Feminino na Rúa, primeira destas características que se realiza nunha cidade galega, e que pretende ser referente da promoción igualitaria do deporte.

Trátase dunha xornada de participación cidadá e festa deportiva, coa particularidade de que as exhibicións correrán a cargo de mulleres deportistas coruñesas. Integrantes de equipos como o Orzán en fútbol, Calasancias en baloncesto ou Zalaeta en voleibol xogarán partidos de exhibición e darán pé a que nenos e nenas xoguen con elas.

Haberá tamén unha exposición de fotografías, coa muller coruñesa e o deporte como protagonistas, así como a entrega dun galardón a cinco mulleres pioneiras do deporte na cidade, en recoñecemento á súa traxectoria deportiva.

Esperamos ver alí a toda a cidade!!!!!!! Tod@s facemos equipo!!!!!!!

Por certo.....haberá moitísimos agasallos para todas as persoas que se acheguen polos Xardíns de Méndez Núñez, ademais de servir para a promoción da nosa Torre de Hércules como Patrimonio da Humanidade!!!!!!

Aquí vos queda o programa. Saúde.