2.2.11

A Concellaría de Igualdade abre un cuarto espazo de atención á infancia situado na Sagrada Familia dentro do programa de canguros municipais


A Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá abriu o cuarto espazo de atención á infancia municipal. Está situado con Centro Social de Sagrada Familia. Con este novo espazo amplíase a cobertura do programa de canguros municipais dando un novo servizo á zona do Agra do Orzán, Os Mallos, Sardiñeira e a propia Sagrada Familia.

A este espazo de atención á infancia poden acudir menores desde os catro ata os doce anos, en horario de 16.30 a 20.30 horas. As persoas interesadas en usar este servizo poden obter máis información con Centro de Información á Muller e no teléfono 981184356.

Desde que comezou este servizo municipal, no ano 2009, atendéronse entre as modalidades de espazos de atención, ludoteca e atención a domicilio un total de 1.200 familias e 1.800 menores.

1 comentario:

  1. Noraboa pola iniciativa! Alédome que dende o concello se fagan propostas deste tipo para dar resposta ás familias e sobre todo as nais traballadoras.

    ResponderEliminar