3.5.11

DIGNA RABIA na NORMAL o próximo 11 de maio


A Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá, en colaboración coa Oficina para a Igualdade de Xénero da Universidade da Coruña, presentará o próximo 11 de maio, no novo Centro Cultural da Universidade denominado NORMAL, ás 20:00 horas o documental “Digna Rabia”. Esta obra da Asociación Memoria Histórica do 36 en Ponteareas, e dirixida por María Victoria Martíns Rodríguez e Ángel Rodríguez Gallardo, dá conta dun conxunto de mulleres que reflexionan sobre o impacto que o franquismo tivo nas súas vidas. Repásase a soidade da muller na posguerra, a súa reclusión no mundo doméstico ou a ideoloxía falanxista dominante naqueles primeiros anos de ditadura fascista. A Igrexa española e o seu papel, así como a violencia de xénero ou as dificultades para instruírse son algúns dos temas que se tocan nesta obra.

A entrada será libre ata completar aforo.

Ver web da Oficina para a Igualdade de Xénero

Ver noticia

Contactar coa Asociación Memoria Histórica do 36 en Ponteareas

11.4.11

ENTREGA DE DIPLOMAS ÁS NOVAS MEDIADORAS VECIÑAIS DO PROGRAMA CONVIVE


O pasado 8 de abril finalizou o segundo curso de mediación en conflitos veciñais, organizado dentro do marco do Programa Convive, posto en marcha pola Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá.

Un total de 16 persoas, todas elas mulleres, participaron nesta formación con excelentes resultados y un alto grado de satisfacción, tanto por parte das alumnas, como por parte do equipo docente, quen subliñóu a gran capacidade do grupo para acadar os obxectivos propostos, así como as inmellorables aptitudes perofesionais e actitudes persoais de todas elas.


O acto de entrega dos diplomas contóu coa presencia da Concelleira de Igualdade e Participación, Margarida Vázquez, quen quiso felicitar personalmente a todas estas mulleres xa formadas como mediadoras, agradecéndolles a súa participación e animándoas a colaborar no Programa Convive de mediación veciñal, que segue dando atención á cidadanía desde o Centro de Participación Cidadá do Birloque.

Pola súa parte, o alumnado expresóu a súa gran satisfacción pola formación de calidade recibida, e solicitóu a Margarida Vázquez a posibilidade de ampliar os coñecementos adquiridos a través de módulos complementarios; solicitude que será tida moi en conta de cara á programación da Concellaría nun futuro próximo.

Grazas a esta iniciativa, o Programa Convive pode ampliar o equipo de persoas que traballan VOLUNTARIAMENTE, interviñendo en calidade de mediadoras para axudar a solucionar de forma pacífica conflitos e disputas veciñais na nosa cidade.

As solicitudes de mediación veciñal recíbense no Centro de Participación Cidadá do Birloque.

Avda. de Glasgow, nº 10.
Tf. 981 189 869
E-mail: participacion@coruna.es