Mostrando entradas con la etiqueta medios de comunicación. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta medios de comunicación. Mostrar todas las entradas

22.3.11

A Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá da Coruña premiada como entidade pública máis comprometida na I Gala do deporte feminino


O próximo día 25 de marzo será unha data que aparecerá marcada no calendario: Mudegá celebrará a primeira Gala do Deporte Feminino en Galicia, na que se premiará ás mellores deportistas, técnicas, entidades, árbitras, clubs da pasada tempada.

A cita é o próximo día 25 de marzo (20:30 horas) no Salón de Actos do Pazo da Cultura de Pontevedra, nun evento que é posible grazas a colaboración do Concello de Pontevedra e do Pazo da Cultura. Con este acto, Mudegá busca lograr a visibilidade do deporte feminino, un dos obxectivos principais deste colectivo: Lograr que os éxitos do deporte feminino sexan recoñecidos pola sociedade e para iso é necesario ser visibles nos medios de comunicación.

O xurado, que se reuniu o día 18 de marzo, estivo formado por Mari Luz Ferreiro (xornalista da Voz de Galicia); David Acevedo (Xefe de deportes do Diario de Pontevedra); Elena Fernández (Directora do Centro Galego de Tecnificación Deportiva); Belia Méndez (directora do IMD de Pontevedra); Javier Rico (xerente da Fundación Deporte Galego); Nuria Rodríguez (presidenta da Federación Galega de Salvamento e Socorrismo), Mercé Barrientos (presidenta da Federación Galega de Taekwondo) e Pilar Neira (presidenta de Mudegá). Como secretaria actuou Ana Varela (presidenta do club perla de Fútbol Sala de Sada e directiva de Mudegá).

As persoas e entidades premiadas son: Estefanía Hernández, como mellor deportista galega feminina, e a traineira Rías Baixas, como equipo máis destacado. O xurado tamén recoñeceu a traxectoria profesional da piragüista Ana Penas, Ana Valín (pentatlón) como adestradora máis destacadas do ano 2010. O premio para a mellor árbitro galega recibirao Teresa Martínez Cancelo.  Na categoría de mellor iniciativa a favor do deporte feminino foi premiada María Ruiz Castro, creadora de de o club Pádel Cíes. Extruigasa (entidade privada que máis colabora co deporte feminino); Anxo Alfonso Villar, do Friol (mellor directivo); a gimnasta Yael Campo (mellor promesa); Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá do Concello da Coruña (entidade pública máis comprometida), e A tempada do fútbol galego (medio de comunicación).




PREMIOS I GALA DO DEPORTE FEMININO GALEGO

Mellor deportista, Estefanía Hernández
Mellor traxectoria, Ana Penas
Medios de comunicació,n A temporada do fútbol galego
Mellor adestradora, Ana Valín
Mellor árbitro, Teresa Martínez Cancelo
Iniciativa a prol do deporte feminino, María Ruíz Castro, creadora do club Padel Feminino Cíes
Entidade privada amiga, Extrugasa
Entidade pública máis comprometida, Concellería de Igualdade do Concello da Coruña
Directivo máis comprometido, Ángel Alfonso Villar (Friol)
Mellor equipo, Traíñas Rías Baixas
Premio a mellor promesa, Yael Campelo

1.2.11

Deporte en igualdade

Sorpréndenos agradablemente a portada de hoxe do especial RIAZOR da Voz de Galicia adicado ao deporte local cunha instantánea destes dous rapaxes, rapaz e rapaza, disputando un balón nun dos encontros disputados esta fin de semana. Quen levaría o gato, o esférico, á auga???

4.1.11

A CONCELLARÍA DE IGUALDADE E PARTICIPACIÓN CIDADÁ PRESENTA O CONCURSO “IGUAIS” DE PUBLICIDADE ANTISEXISTA


( +INFO E BASES A PARTIR DO 10 DE XANEIRO EN www.iguais.org )

 Margarida Vázquez e a artista local Elba Fernández “Pequena Suricata” presentaron as bases, que aparecerán publicadas no BOP de mañá, a imaxe gráfica e a web informativa e promocional deste concurso

 Os traballos poderán presentarse entre o 10 de xaneiro e o 10 de febreiro de 2011. As propostas premiadas, xunto cunha selección dos mellores traballos, serán coñecidas na primeira metade do mes de marzo, coincidindo coa conmemoración do 8 de marzo, Día internacional das mulleres

Da mesma forma en que a publicidade reflicte en moitísimas ocasións unha igualdade que existe, de certo, en tanto existe un corpus lexislativo que a consagra e en tanto houbo un cambio recente nos costumes que conduce cara a consecución deste obxectivo social, tamén resulta en máis dunha ocasión un vehículo de perpetuación e transmisión de roles e estereotipos desigualitarios, cando non discriminatorios, que axudan a perpetualos no tempo.

Durante o acto de presentación celebrado no Salón Real do Palacio de María Pita, Margarida Vázquez sinalou que coa convocatoria deste primeiro Concurso de publicidade antisexista “IGUAIS” se pretende reflexionar sobre os códigos da publicidade gráfica actual, a que resulta desde logo máis vistosa e influínte, á vez que achegar unha outra posible visión desta desde códigos igualitarios sen que se perda, en ningún momento, o seu carácter promocional e de difusión tanto de produtos como de ideas e necesidades.



Poderán participar nesta convocatoria todas as persoas físicas ou xurídicas, profesionais ou non, maiores de idade e de calquera nacionalidade, individualmente ou en grupo, que presenten soamente unha obra ou composición inédita e non premiada con anterioridade e co texto en galego.

O tema do concurso é “ A igualdade entre xéneros, unha reinterpretación da publicidade de carácter sexista e discriminatorio”. Serán admitidos traballos de deseño realizados con calquer técnica, sempre nunha linguaxe cercana ao cartelismo e a publicidade. Os traballos presentados poderán afondar no concepto da contrapublicidade sempre e cando ésta non menoscabe os dereitos das empresas creadoras do deseño orixinal, e sen fundamentarse en referencias explícitas. Valoraráse a creatividade, calidade e carga crítica, que axuden ao espectador a reinterpretar as claves que actualmente rixen a linguaxe publicitaria, mostrando alternativas e visións diferentes sobre o cambio de roles. Así mesmo, será valorada a inclusión de textos ou slogans que axuden á dita reinterpretación.

Establécense os seguintes premios:

Un Primeiro Premio, por valor de 5.000 euros.

Ata dous accésits de 2.500 euros.

O xurado realizará unha selección dos mellores traballos para que a Concellaría realice diferentes proxectos expositivos.

9.12.10

A artista catalana Belén Cossío explícanos o proceso de creación do "Bosque de desexos e palabras"

A artista catalana Belén Cossío explícanos o proceso de creación do "Bosque de desexos e palabras" no seu blog chamado La Factoría Plástica. Entrando alí poderedes ver as fotos e algúns dos vídeos realizados durante esta actividade. Para a semana que vén esperamos contar cos vídeos gravados nos Centros Cívicos e o propio 25 de novembro, coa participación de cidadáns e cidadás de toda Coruña.





1.9.10

Actividades do proxecto ADA INTEGRA


Desde o proxecto ADA INTEGRA remíennos información actualizada sobre as vindeiras actividades que estamos a organizar, nas que terán prioridade as mulleres migrantes que residan na nosa cidade:

- CURSOS DE INFORMÁTICA BÁSICA, OFIMÁTICA E INTERNET : Na seguinte imaxe remitimos as datas confirmadas dos cursos de Ofimática (2), Internet (2) e Informática Básica (2).


- FESTA DE BENVIDA: sábado, 28 de agosto, a partir das 13 horas. Puideron participar todas as mulleres que así o desexaron. O único requisito foi a elaboración dun prato típico do lugar de orixe. Tiveron que facer inscrición previa, comentando o número de persoas que participarían. A festa tivo lugar no Centro municipal da muller. Ver AQUÍ.



- OBRADOIRO DE BUSCA ACTIVA DE EMPREGO (12 h): 31 de agosto e 2, 7, 9 de setembro. De 9,30 a 12,30 horas.

- “CONTIGO, ME RÍO”. OBRADOIRO DE RISA: 6,13, 20 e 27 de setembro e 4 e 11 de outubro.


Quenda de mañá: de 10 a 11 horas. Quenda de tarde: de 5 a 6 horas.

- ACCESO LIBRE AO AULA DE INFORMÁTICA: Quenda de mañá: de luns a venres de 9 a 11 horas.

Quenda de tarde: martes e xoves de 4,30 a 6,30 horas.

Todas as actividades e os servizos son gratuítas, poderán contar (previo aviso) de servicio de canguraxe (previa isncrición) e se realizan no Centro Municipal da Muller, rúa Hortensias, s/n

Para máis información contactar con Natalia Domínguez 981 184 356 ou en n.dominguez@coruna.es

29.6.10

Participa na elaboración do II Plan de equidade do Concello da Coruña


Xa se pode participar na elaboración da diagnose de xénero previa á realización e efectivización do II Plan para a promoción da equidade do Concello da Coruña. Os enlaces desde onde podes intervir son os seguintes:


Web de Igualdade e Participación Cidadá en coruna.es

Blog de Igualdade en galego

Blog de Igualdade en castelán


Por outra banda, a prensa local faise eco da presentación do inicio desta campaña:


Voz de Galicia

Opinión de A Coruña

Ideal Gallego

21.6.10