O próximo día 25 de marzo será unha data que aparecerá marcada no calendario: Mudegá celebrará a primeira Gala do Deporte Feminino en Galicia, na que se premiará ás mellores deportistas, técnicas, entidades, árbitras, clubs da pasada tempada.
A cita é o próximo día 25 de marzo (20:30 horas) no Salón de Actos do Pazo da Cultura de Pontevedra, nun evento que é posible grazas a colaboración do Concello de Pontevedra e do Pazo da Cultura. Con este acto, Mudegá busca lograr a visibilidade do deporte feminino, un dos obxectivos principais deste colectivo: Lograr que os éxitos do deporte feminino sexan recoñecidos pola sociedade e para iso é necesario ser visibles nos medios de comunicación.
O xurado, que se reuniu o día 18 de marzo, estivo formado por Mari Luz Ferreiro (xornalista da Voz de Galicia); David Acevedo (Xefe de deportes do Diario de Pontevedra); Elena Fernández (Directora do Centro Galego de Tecnificación Deportiva); Belia Méndez (directora do IMD de Pontevedra); Javier Rico (xerente da Fundación Deporte Galego); Nuria Rodríguez (presidenta da Federación Galega de Salvamento e Socorrismo), Mercé Barrientos (presidenta da Federación Galega de Taekwondo) e Pilar Neira (presidenta de Mudegá). Como secretaria actuou Ana Varela (presidenta do club perla de Fútbol Sala de Sada e directiva de Mudegá).
As persoas e entidades premiadas son: Estefanía Hernández, como mellor deportista galega feminina, e a traineira Rías Baixas, como equipo máis destacado. O xurado tamén recoñeceu a traxectoria profesional da piragüista Ana Penas, Ana Valín (pentatlón) como adestradora máis destacadas do ano 2010. O premio para a mellor árbitro galega recibirao Teresa Martínez Cancelo. Na categoría de mellor iniciativa a favor do deporte feminino foi premiada María Ruiz Castro, creadora de de o club Pádel Cíes. Extruigasa (entidade privada que máis colabora co deporte feminino); Anxo Alfonso Villar, do Friol (mellor directivo); a gimnasta Yael Campo (mellor promesa); Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá do Concello da Coruña (entidade pública máis comprometida), e A tempada do fútbol galego (medio de comunicación).
PREMIOS I GALA DO DEPORTE FEMININO GALEGO
Mellor deportista, Estefanía Hernández
Mellor traxectoria, Ana Penas
Medios de comunicació,n A temporada do fútbol galego
Mellor adestradora, Ana Valín
Mellor árbitro, Teresa Martínez Cancelo
Iniciativa a prol do deporte feminino, María Ruíz Castro, creadora do club Padel Feminino Cíes
Entidade privada amiga, Extrugasa
Entidade pública máis comprometida, Concellería de Igualdade do Concello da Coruña
Directivo máis comprometido, Ángel Alfonso Villar (Friol)
Mellor equipo, Traíñas Rías Baixas
Premio a mellor promesa, Yael Campelo
No hay comentarios:
Publicar un comentario