15.3.11

Actividades da Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá polo 8 de marzo

Rematado o festival arte+parte 3, aínda nos quedan moitísimas actividades interesantes desde onte, 14 de marzo, ata a primeira semana de abril, coa salvedade do Centro Cívico de Eirís, onde chegaremos ata o 13 de maio co obradoiro "Contos vellos, novos finais".


“As mulleres no rueiro”

Das máis de 1500 vías coas que conta a cidade da Coruña, só 37 están adicadas a mulleres, mentres que máis de 300 honran a memoria de homes. Por iso, e como unha homenaxe a elas, preséntase esta ruta para que a cidadanía coñeza o seu barrio, as vías adicadas ás mulleres e a vida das mesmas. Co itinerario guiado polas rúas con nome de muller preténdese achegar ás persoas participantes a historia descoñecida dalgunhas mulleres.

C.Cívico San Diego 14-03-2011 10:00
Centros cívicos Monte Alto e Artesanos 18-03-2011 10:00
C.C. Monelos 24-03-2011 10:30
C.C. Mesoiro 25-03-2011 11:00
C.C. Castrillón e Eiris 06-04-2011 17:00

O que nunca che contaron: “Contos vellos, novos finais”
Obradoiro de sensibilización en igualdade interxeneracional

A proposta pretende visibilizar e reforzar o papel fundamental das unidades familiares como axentes de socialización primaria. 

Facilitarase unha análise crítica dos roles e estereotipos de xénero que desde os contos tradicionais se están a reforzar e reproducir na infancia.

Destacar os seguintes obxectivos: 

- Concienciar da importancia dos contos como factor de socialización da infancia.
- Evidenciar o trazo sexista e a violencia contra as mulleres presentada a través da literatura infantil tradicional.
- Valorar positivamente os contos que desenvolvan actitudes e comportamentos de cooperación, amizade, respecto á diferenza e relacións de igualdade.

Centros Cívicos. Monte Alto y Artesanos 15 -03-2011 11:00
C.C. San Diego 16-03-2011 18:00
C.C. Palavea 21-03-2011 18:00
C.C. Monelos 24-03-2011 18:30
C.C. Mallos 31-03-2011 18:00
C.C. Artesanos 01-04-2011 11:30
C.C. Mesoiro 7 - 04-2011 18:00
C.C. Eiris 13-05-2011 17:00

Obradoiro de corresponsabilidade:

 “Resetea o teu Rol: saberes esenciais para convivir” + Exposición “ Visibilidade”

Con este obradoiro, apoiado nos paneis da Exposición “Visibilidade” queremos axudar a romper os tópicos e estereotipos sexistas na división do traballo e concienciar sobre a necesidade de que homes e mulleres compartan as tarefas domésticas e responsabilidades familiares para poder gozar da vida en condicións de igualdade. 
O dito obradoiro contribúe a visibilizar a realidade do traballo reprodutivo, concienciar da súa importancia e da necesidade de compartilo.


C.C. Elviña 14-03-2011 18:00
C.C. Castrillón 17-03-2011 17:00

Ciclo audiovisual 

    Ambito deportivo. Documentais:  

1. IRENE A PORTEIRA: Irene xogou ao fútbol a comezos do século XX na Coruña como porteira do seu equipo. Acadou tanta sona que chegou, primeiro, a ser a capitana e, logo, a darlle o nome ao clube: Irene Fútbol Club.
Autora: Lis Franco

2. PÁDEL: nesta peza documental dase a coñecer un deporte considerado “enganosamente” ultraminoritario pero que é o deporte máis practicado por mulleres maiores de 35 anos en España.
Autora: Lis Franco

3. MEDINA FEMININO DE BALONCESTO: este equipo  foi campión da liga española na temporada 1965/66 e subcampión noutras catro ocasións entre 1966 e 1970. Ademais, foron campionas da copa da raíña de 1961.
Autor: Oscar Losada

Lugar: Centro cívico Labañou
Data: 31 de marzo 
Hora: 19.30 h. 

Longamentraxe documental “A maleta de Sofía” 
quen coñece a Sofía Casanova .....?

"A Maleta de Sofía" é unha longametraxe que recupera a vida e a historia de Sofía Casanova, escritora, poeta e correspondente de guerra, que presenciou algúns dos acontecementos máis importantes do século XX, incluídas as dúas Revolucións Rusas e as dúas Guerras Mundiais. No mes de setembro do presente ano 2011 cúmprese o cento cincuenta aniversario do seu nacemento, en A Coruña.
Director e produtor: Marcos Gallego

Lugar: Domus
Hora: 20.00 h.













No hay comentarios:

Publicar un comentario