O PLAN CONTEMPLA UN CONXUNTO DE OBXECTIVOS E MEDIDAS PARA PROMOVER UNA IGUALDADE EFECTIVA E NON SÓ LEGAL
A concelleira de Igualdade e Participación Social, Margarida Vázquez, presentou o II Plan para a promoción da equidade entre mulleres e homes do Concello da Coruña (2011-2014). “Este Plan supón unha aposta deste Concello polo fomento da sostenibilidade económica, demográfica e social, a solidariedade, o traballo en rede e, en suma, aposta pola calidade de vida e o benestar dos coruñeses e as coruñesas”, sinalou a concelleira Vázquez. “E contempla un conxunto de obxectivos e medidas basados neses principios e valores fundamentais e promove unha igualdade efectiva, e non só legal, entre mulleres e homes, partindo do feito de que o sexo dunha persoa non debe condicionar o seu desenvolvemento e as súas aspiracións”.
O plan recolle que a calidade de vida e benestar que desexamos para ambos sexos están en consonancia ou en relación coas características e idiosincrasia da nosa cidade: alta densidade poboacional, poboación altamente envellecida, baixo nível de natalidade, mais da metade da poboación son mulleres – concretamente un 53,47%, según datos INE 1/01/2009, logo non se trata dun colectivo respecto do total poboacional- , importante incidencia na xente nova – tanto en rapazas como en rapaces, aínda que con mais incidencia nestes últimos – de actitudes e posicionamentos machistas e homófobos, etc.
Diferencia principal con I Plan: o impulso da EQUIDADE.
A implementación deste Plan non persigue beneficiar en exclusividade ás mulleres coruñesas, nin parte da premisa de que estas son o centro dos problemas que lles afectan, polo tanto non poden ni deben ser o foco de atención en exclusividade das políticas públicas locais.
As diferencia fundamental respecto do primer Plan: o cambio de enfoque ou estratexia nas políticas de igualdade do Concello. O Concello, neste sentido, aposta por:
Unha estratexia política que integre de xeito efectivo as políticas específicas/medidas de acción positiva que viña desenvolvendo con outras de carácter transversal (ver área 1. Administración igualitaria.
Unha estratexia que sitúa o seu centro de interese no desenvolvemento das Mulleres e dos Homes e non só das Mulleres, isto é, nas relacións entre homes e mulleres, na toma en consideración das súas necesidades e realidades, de ahí o término de EQUIDADE. O emprego deste término constata que ainda que homes e mulleres non sexan iguais (como non o son os homes entre si e as mulleres entre si) si o deben ser os seus dereitos, oportunidades e posibilidades. Neste sentido, o II Plan en materia de promoción da igualdade deste Concello é realmente o I Plan de promoción da equidade.
Antededentes do II Plan e traballos previos a súa elaboración
O II Plan municipal do Concello ten como punto de partida os resultados e a experiencia do I Plan municipal de Igualdade do Concello (2001-2004). O novo Plan supón nalgunha das actuacións comprometidas no anterior plan a adaptación as necesidades actuais.
O traballo da súa elaboración iniciouse no ano 2008 coa elaboración dunha diagnose base que se completaría o ano seguinte cunha diagnose aplicada e cuxas conclusións se tiveron en conta na redación - no ano 2010 – dun Plan específico ou sectorial , o Plan de programación do tempo da cidade da Coruña.
O obxectivo xeral das medidas que contempla este Plan é a promoción do cambio na organización temporal vixente na cidade mediante un proceso participativo. En todo este proceso o Concello contou co asesoramento e financiación da Consellería de Traballo (Xunta de Galicia).
Posteriormente a ao longo do ano 2010 iniciouse a diagnose para a redacción doutro Plan específico ou sectorial centrado na conciliación da vida persoal, familiar e laboral, isto é, un conxunto de medidas dirixidas a convertir a cidade da Coruña nunha cidade amable para a cidadanía, impulsando a realización de medidas que faciliten a conciliación da vida persoal, familiar e laboral da cidadanía, fomentar a corresponsabilidae e a harmonización dos usos sociais do tempo.
Neste proceso o Concello contou co apoio e asesoramento posto a disposición desde o Instituto da Muller gracias á colaboración deste último coa Femp e a Asociación Noruega de autoridades locais e rexionais (KS).
Casi simultaneamente e tamén ao longo do ano 2010 iniciouse o traballo de diagnose para a redacción do Plan de Equidade, en cuxa redacción se contemplaron todos os obxectivos e medidas contempladas nos plans específicos mencionados e polo tanto as súas metodoloxías de traballo.
Neste proceso o Concello contou con financiación a cargo da subvención anual da Deputación da Coruña.
Por todo o anterior é destacable o peso específico da Conciliación na redacción do Plan de Equidade pero é importante suliñar que o Plan de Equidade é moito mais amplio, isto é, contempla obxectivos e medidas vencellados a outros ámbitos ou temáticas.
Contidos (áreas do Plan) e exemplos dalgún obxectivo específico e medidas contempladas no Plan
1. administración igualitaria e conciliadora
2. atención multidisciplinar á violencia de xénero
3. benestar social e saúde
4. conciliación e corresponsabilidade
5. educación e deportes
6. emprego e novas tecnoloxías
7. multiculturalidade, diversidade, participación cidadá e sensibilización en igualdade
8. turismo e cultura
1. urbanismo e medioambiente
2. xestión da información, linguaxe e publicidade
Importancia do proceso participativo na elaboración do Plan (tanto a nível municipal como por parte da cidadanía)
No proceso participativo de elaboración do Plan de Equidade, participaron persoal técnico e político do Concello e a cidadanía organizada a través de diferentes entidades, axentes e institucións. . Destacar que se realizaron:
- mesas sectoriais e de concertación
- reunións dos órganos: Comité e Comisión de conciliación do Concello da Coruña.
- entrevistas e grupos focais nos que participaron axentes sociais, asociacións, colectivos feministas, etc.
Enhorabuena!! siempre hacia adelante!
ResponderEliminar