Mostrando entradas con la etiqueta cultura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta cultura. Mostrar todas las entradas

23.11.10

A Domus tínguese de rosa para conmemorar a loita contra a violencia de xénero


AUDIO DE ISABEL MARTÍNEZ-RISCO: A CINZENTA REVISADA (aparece unha publi antes, pero logo escóitase a intervención completa)



AUDIO DE MARGARIDA VÁZQUEZ



•HOXE INAUGUROUSE A PROXECCIÓN DA FACHADA DO EMBLEMÁTICO EDIFICIO DA IMAXE DA CAMPAÑA DESEÑADA CON MOTIVO DA CELEBRACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

•O DESEÑO ESTÁ BASEADO NOS MODELOS ESTEREOTIPADOS DE MULLER NOS CONTOS INFANTÍS, E BAIXO O LEMA “QUE NON CHE MINTAN PRINCESA”

A terraza da Domus foi escenario hoxe do acto de inauguración da proxección da imaxe da campaña deseñada este ano pola Concellería de Igualdade con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero. As proxeccións, que tinguiron de rosa a fachada do emblemático edificio, repetiranse todas as noites até o 26 de novembro, convertendo a Casa da Humanidade, mal chamada Casa do Home, nunha plataforma para amosar á cidadanía coruñesa unha mensaxe de concienciación na cultura da igualdade.

O acto foi presentado por Isabel Martínez Risco, que destacou que esta campaña baseada na imaxe estereotipada da muller nos contos infantís, é “de absoluto impacto e innovadora”. Tras narrar unha versión libre, igualitaria, orixinal e moi divertida do conto “A Cincenta”, no que todas as personaxes rematan sendo moi felices e comendo un bo lacón con grelos, foi a concelleira de Igualdade e Participación Cidadá, Margarida Vázquez, a encargada de inaugurar estas proxeccións, tras lembrar que a lacra da violencia de xénero xa deixou no que vai de ano 62 vítimas mortais. Neste senso, a concelleira sinalou que a violencia de xénero non rematará até que exista unha sociedade igualitaria.

Con respecto á campaña, indicou que se elixiu o tema dos contos infantís, baixo o lema “Que non che mintan, princesa”, porque “desde a máis tenra infancia seguimos formando nenos e nenas cos mesmos clichés e os mesmos contos”, para concluír que a mensaxe que se quere dar é que “as mulleres non queremos príncipes que nos salven, nin queremos ser princesas, non queremos que nos mintan e queremos ser nos as donas do noso conto”.


Tras as palabras de Margarida Vázquez, que lembrou que este acto tamén serve para reivindicar que cada vez que lembremos a Domus falemos de humanidade, con homes e mulleres, iniciouse a proxección con música e danzas con sombras chinescas da compañía Entrecaixas. Ademais de proxectar a imaxe da campaña, na fachada da Domus podíanse lerse frases como “cariño, non sei que pasou non volverá suceder”, “se te portaras ben isto non ocorrería” ou “era un pai e un marido exemplar” que, desgraciadamente, se escoitan en moitos fogares ou se din cando ocorre unha traxedia provocada por estes actos criminais.

13.7.10

San Andrés 1.0 conxugará historia, arte e comercio para revitalizar esta arteria coruñesa


O próximo venres 16 de xullo, a partir das 11:30 na confluencia das rúas de San Andrés e Santa Catalina, a Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá e maila Asociación Comercial Zona Obelisco presentarán ante a prensa e o público en xeral a EXPO URBANA: San Andrés 1.0. A motivación destas seis intervencións artísticas dispostas ao longo de boa parte desta arteria comercial coruñesa en cinco baixos comerciais e un gran mural é aunar esforzos e disciplinas para, mediante un proceso participativo, reflexionar sobre a historia de San Andrés, o seu tradicional potencial comercial e a súa desmerecida situación actual a partir dunhas intervencións realizadas por diferentes artistas locais, algúns verdadeiramente mozos e mozas -alumnado procedente da Escola de Arte Pablo Picasso- de cara á súa revitalización urbana externa e "interna" ou espiritual, se se prefire.

Cómpre resaltar a colaboración de fotógrafos como Alberto Martí e Pepucho Castro así como a implicación do Arquivo Municipal da Coruña e o Centro de Emprego e Formación.

A intención dos organizadores é que estas actividades estean expostas ao longo de todo o verán de cara a aproveitar tamén a numerosa presenza de turistas polas nosas rúas, máis aínda se temos en conta a celebración do Xacobeo 2010.

Os próximos días iremos adiantándovos unha parte destes intervencións co ánimo de que vos aproximedes a partir deste venres a esta rúa coruñesa que forma parte do pasado, do presente e do futuro, sen dúbida, de todas e todos nós.

21.5.10

O Teatro Rosalía de Castro acollerá mañá ás 19.00 horas a obra ‘Europaz’ da compañía de teatro Yeses do centro penitenciario de Madrid I Mulleres


A OBRA FAI UN PERCORRIDO POLA HISTORIA DE EUROPA CON MOTIVO DA PRESIDENCIA ESPAÑOLA DA COMUNIDADE EUROPEA

É A PRIMEIRA VEZ QUE UN GRUPO DE ACTRICES PRESAS VEN DE XIRA A GALICIA PARA AMOSAR A SÚA TRAXECTORIA E O SEU TRABALLO NO ARTE ESCÉNICO

A CONCELLEIRA DE IGUALDADE E PARTICIPACIÓN CIDADÁ DESTACOU DURANTE A PRESENTACIÓN A IMPORTANCIA DESTE TIPO DE PROXECTOS COS QUE SE LOGRA DIGNIFICAR NO SÓ AS INSTITUCIÓNS PENITENCIARIAS SENON A TODA A SOCIEDADE

A Coruña, 21 de maio de 2010.- O Teatro Rosalía de Castro acollerá mañá ás 19.00 horas a representación da obra ‘Europaz’ da compañía de teatro Yeses, do centro penitenciario de Madrid I Mulleres (Alcalá de Henares) como homenaxe a Carmela Arias, presidenta da Fundación Pedro Barrié de la Maza fallecida o pasado ano. Esta representación conta coa colaboración do Concello da Coruña, a Fundación Pedro Barrié de la Maza e a Fundación Paideia e enmarcase dentro dunha xira en Galicia que a compañía inicia hoxe en Narón seguida da que terá lugar mañá na Coruña e visitará tamén Santiago, Vigo, Pontevedra, monterroso, Bonxe, A Lama, Pereiro de Aguiar e Teixeiro.

A concelleira Margarida Vázquez que asistiu esta mañá a presentación da obra destacou a importancia deste tipo de proxectos coas que “non só se dignifica as institucións penitenciarias senón que exténdese a toda a sociedade nunha aposta firme pola reinserción e coas que se logra rachar as barreiras entre as mulleres que están intramuros e as que están fora destes muros.

Esta acción é ademáis unha homenaxe á figura de Carmela Arias e Díaz de Rábago, presidenta da Fundación Barrié fallecida en outubro de 2009, quen impulsou numerosas e continuas iniciativas nos centros penitenciarios de Galicia. Unha muller que amosou desde sempre unha extraordinaria sensibilidade hacia a situación das persoas internas nos centros penitenciarios galegos, nos que promoveu numerosas accións formativas e ocupacionais.

Máis recentemente, en 2009, a proposta de dos centros penitenciarios galegos, Institucións Penitenciarias designou ao Centro de Inserción Social da A Coruña co nome de Carmela Arias e Díaz de Rábago, que foi inaugurado no pasado mes de xullo. Asimesmo, a Asociación de Mulleres ‘Nosotras Intramuros’ do Centro penitenciario de Teixeiro (A Coruña) nomeouna no ano 2005 ‘Chica 10’.

Compañía Yeses

Teatro Yeses naceu en 1985 na antiga cárcere de mulleres de Madrid: Yeserías. Pasou logo á prisión de Carabanchel Mulleres e na actualidade está ubicado no Centro Penitenciario de Madrid I Mulleres, en Alcalá de Henares. Dependente da Secretaría General de Instituciones Penitenciarias e baixo a dirección da que foi a súa fundadora, Elena Cánovas, por esta compañía pasaron mil mulleres. Desde o primeiro momento quixeron facer algo máis que un mero obradoiro carcelario. Tratábase de inaugurar unha experiencia nova que tivese continuidade e coherencia nos seus plantexamentos, o máis parecida posible ás habituais no mundo libre. Desde entón, desenvolvéronse 40 montaxes cunha complexidade técnica e artística que foi en aumento. Esta actividade e a súa significación social foi avalada a través de numerosos recoñecementos entre os que se atopan: o Premio Calderón de la Barca 1990 do Ministerio de Cultura, Premio Dionisos que concede a UNESCO, en 2007 e Premio Unión de Actores, en 2009.
‘Europaz’: un percorrido pola historia de Europa

Agora o grupo de teatro Yeses presenta a súa última obra ‘Europaz’, da autora galega Alejandra Juno, producida e estreada en Madrid. Tras un mes de xira por diferetnes municipios madrileños, Yeses ven a amosar o seu último montaxe nun percorrido que lle levará por diferentes escenarios de Galicia desde hoxe e ata o 31 de maio. Unha xira que conta de 10 representacións tanto en teatros para público en xeral como nos cinco centros penitenciarios galegos. É a primeira vez que un grupo de actrices presas veñen de xira a Galicia a amosar a súa traxectoria e o seu traballo no arte escénico.

‘Europaz’ nace con ocasión da Presidencia de España na Comunidade Europea. Unha obra didáctica, axil e divertida, que trata de diversos acontecimentos que se sucederon neste continente. Son textos de corte farsesco e ácido, de Alejandra Juno.

Europa e Paz ten nome de muller. Europa é a máis antiga, nai e cuna de todas as civilizacións, é por tanto a máis sabia. O seu deber, o seu coñecemento e o seu profundo desexo a levan a acabar coas guerras, a buscar a concordia e atopar a Paz. Presentase Europa desde o seu orixe mitolóxico. Na obra presenciase a evolución deste continente a través dos grandes acontecementos que xurden en España: o Camiño de Santiago, o descubremento de América, o barroco... O territorio europeo é lugar de revolucións, en especial da metade das persoas que existen no mundo: as mulleres.


5.5.10

Faith 47, a potencia das cores e da terra


A Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá da Coruña está presente no MUAU de diferentes formas. Por unha banda, activando procesos participativos como o que levou ao artista El Niño de las Pinturas (Granada) a actuar no barrio do Ventorrillo xunto con artistas locais, como puidestes ver AQUÍ. Nos próximos días daremos conta doutro proceso participativo que se vai desenvolver na nosa cidade dentro das actividades do MUAU e que, pensamos, dará moito que falar.

Por outra banda, desde Igualdade pretendemos dar un pulo a unha artista internacional que está a chamar a atención nunha modalidade artística onde predomina unha masculinización evidente. Esta artista é Faith 47 (Sudáfrica).


Faith47, a potencia das cores e da terra

O MUAU atravesa África para invitar a unha artista extraordinaria que trae a Galicia un talento que non pode ser engaiolado ou limitado. Ela é Faith47. Dende os ladrillos ao lenzo, esta artista polifacética desprega a súa arte nas fábricas abandonadas, nas rúas secundarias e nos cotrosos centros das cidades. Na Coruña pintará un mural no Barrio das Flores, na rúa Petunias, a partir da próxima semana. Estamos convocados a vela traballar todas e todos aqueles que queiramos comprobar que a obra de arte e o seu emprazamento poden estar perfectamente imbricados.

+INFO

Neste muro do Barrio das Flores intervirá artísticamente Faith 47. A arte como rehabilitación e, ao mesmo tempo, reivindicación

3.5.10

MUAU Kids!!!!!



MUAU Kids, a arte urbana máis nova

Se a semana pasada MOMO tomou o centro da Coruña para montar unha obra inédita que aínda poderemos gozar por dous meses máis, agora toman o relevo as cativas e os cativos. A Fundación Caixa Galicia invita aos máis novos a coñecer a Exposición Posgraffiti, xeometría e abstracción en visitas guiadas. Serán observadores pero tamén creadores porque na mesma sede da Fundación poderán participar en obradoiros de graffiti. Polo de agora están organizados 20 talleres. As persoas interesadas nesta actividade poden dirixirse á Fundación Caixa Galicia (teléfono 981185060). Arte nas mans e nos ollos dos pequenos e pequeñas partir do xoves 29 na Fundación Caixa Galicia.


6.4.10

Presentada a programación completa do MUAU

Entrar no MUAU AQUÍ

Hoxe presentouse a programación completa do MUAU, que se celebrará na Coruña durante os meses de abril, maio e xuño. Durante a rolda ante a prensa, María Xosé Bravo, Concelleira de Cultura do Concello da Coruña, Fernando Prieto, da Fundación CaixaGalicia, Xulio Vázquez, de Deica Management e Quique Tello, Primeiro Tenente de Alcalde da Coruña, expuseron e valorizaron o conxunto de actuacións e actividades que se desenvolverán na Coruña os próximos tres meses. En concreto, Fernando Prieto considerou que a nosa cidade pasaba a ser a capital estatal da arte urbana sen ningún xénero de dúbida. A Concelleira de Igualdade e Participación Cidadá, Margarida Vázquez, asistiu como concellaría colaboradora dunhas actividades que se desenvolverán entre maio e xuño e das que xa vos falaremos.


Intervención de Quique Tello


Seguiremos moi pendentes destas xornadas interdisciplinares.