Mostrando entradas con la etiqueta calendario. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta calendario. Mostrar todas las entradas

30.3.11

Ciclo audiovisual da Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá o xoves 31 de marzo e o venres 1 de abril


Os próximos días, máis concretamente mañá e pasado mañá, comeza o ciclo audiovisual que a Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá programou dentro das actividades do mes de marzo en conmemoración do Día internacional das mulleres. Estas son as dúas interesantísimas propostas:


Ciclo audiovisual

Ambito deportivo. Documentais:

1. IRENE A PORTEIRA: Irene xogou ao fútbol a comezos do século XX na Coruña como porteira do seu equipo. Acadou tanta sona que chegou, primeiro, a ser a capitana e, logo, a darlle o nome ao clube: Irene Fútbol Club.
Autora: Lis Franco

2. PÁDEL: nesta peza documental dase a coñecer un deporte considerado “enganosamente” ultraminoritario pero que é o deporte máis practicado por mulleres maiores de 35 anos en España.
Autora: Lis Franco

3. MEDINA FEMININO DE BALONCESTO: este equipo foi campión da liga española na temporada 1965/66 e subcampión noutras catro ocasións entre 1966 e 1970. Ademais, foron campionas da copa da raíña de 1961.
Autor: Oscar Losada

Lugar: Centro cívico Labañou
Data: 31 de marzo
Hora: 19.30 h.


Longamentraxe documental “A maleta de Sofía”
quen coñece a Sofía Casanova .....?

"A Maleta de Sofía" é unha longametraxe que recupera a vida e a historia de Sofía Casanova, escritora, poeta e correspondente de guerra, que presenciou algúns dos acontecementos máis importantes do século XX, incluídas as dúas Revolucións Rusas e as dúas Guerras Mundiais. No mes de setembro do presente ano 2011 cúmprese o cento cincuenta aniversario do seu nacemento, en A Coruña.
Director e produtor: Marcos Gallego

Lugar: Domus
Hora: 20.00 h.

A entrada en ambas as dúas proxeccións é libre ata completar aforo.

24.3.11

Os veciños de Monelos buscarán hoxe novos finais para os contos tradicionais no obradoiro que se desenvolverá no centro cívico

A CONCELLARÍA DE IGUALDADE DESEÑOU UN COMPLETO PROGRAMA CON MOTIVO DA CELEBRACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES CO FIN DE SENSIBILIZAR AOS CIDADÁNS SOBRE A NECESIDADE DE EDUCAR EN IGUALDADE


O Centro Cívico de Monelos acollerá mañá xoves, 24 de marzo, ás 18.30 horas, o obradoiro “O que nunca che contaron: Contos vellos, novos finais”, que se trasladará na xornada do venres, 25 de marzo, ás 11.30 horas, ao Centro Cívico de Artesanos. Este obradoiro de sensibilización está pensado para todas as idades, a partir dos 16 anos, e ten como obxectivo revisar os vellos contos, dominados polos valores estereotipados e pola violencia contra as mulleres. 

Esta actividade enmárcase no programa deseñado para este ano pola Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá con motivo da conmemoración do Día Internacional das Mulleres, baixo o lema “A Coruña, medrando en igualdade”. Nestas actividades formativas e divulgativas teñen un gran protagonismo os centros cívicos da cidade, xa que un dos máximos obxectivos desta concellaría é chegar ao maior número posible de cidadáns e cidadás con estas propostas. As actividades que se están a desenvolver están acadando un grande éxito de participación en todos os centros cívicos, onde numerosos usuarios de todas as idades achéganse á cultura da igualdade grazas a esta iniciativa da Concellaría de Igualdade.
Recuperar a historia das mulleres é o obxectivo doutra das actividades programadas, que leva por título “Mulleres no rueiro” e que consiste nunha homenaxe ás 37 mulleres que teñen rúas dedicadas na Coruña dun total de 1.500 vías. Así, realízase un itinerario guiado achegando ás persoas participantes a historia descoñecida destas mulleres, nunha actividade que se desenvolverá en cinco centros cívicos. Este obradoiro desenvolverase mañá xoves, ás 10.30 horas, no Centro Cívico de Monelos.

Outro dos obradoiros que se desenvolveron nestes días é o de Corresponsabilidade, apoiado nos paneis da exposición “Visibilidade”. O obxectivo é romper os tópicos sexistas na división do traballo e concienciar sobre a necesidade de que homes e mulleres compartan as tarefas domésticas. 

A continuación incluímos, na seguinte páxina, un cadro coas datas e os horarios das actividades que aínda quedan por celebrar:


Actividade Data Hora Centro Cívico


Mulleres no rueiro 24/03/2011 10.30 h Monelos
25/03/2011 11.00 h. Mesoiro
06/04/2011 17.00 h. Eiris

O que nunca 
che contaron 24/03/2011 18.00 h. Monelos
25/03/2011 11.30 h. Artesanos
07/04/2011 18.00 h. Mesoiro
13/05/2011 17.00 h. Eirís

15.3.11

Actividades da Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá polo 8 de marzo

Rematado o festival arte+parte 3, aínda nos quedan moitísimas actividades interesantes desde onte, 14 de marzo, ata a primeira semana de abril, coa salvedade do Centro Cívico de Eirís, onde chegaremos ata o 13 de maio co obradoiro "Contos vellos, novos finais".


“As mulleres no rueiro”

Das máis de 1500 vías coas que conta a cidade da Coruña, só 37 están adicadas a mulleres, mentres que máis de 300 honran a memoria de homes. Por iso, e como unha homenaxe a elas, preséntase esta ruta para que a cidadanía coñeza o seu barrio, as vías adicadas ás mulleres e a vida das mesmas. Co itinerario guiado polas rúas con nome de muller preténdese achegar ás persoas participantes a historia descoñecida dalgunhas mulleres.

C.Cívico San Diego 14-03-2011 10:00
Centros cívicos Monte Alto e Artesanos 18-03-2011 10:00
C.C. Monelos 24-03-2011 10:30
C.C. Mesoiro 25-03-2011 11:00
C.C. Castrillón e Eiris 06-04-2011 17:00

O que nunca che contaron: “Contos vellos, novos finais”
Obradoiro de sensibilización en igualdade interxeneracional

A proposta pretende visibilizar e reforzar o papel fundamental das unidades familiares como axentes de socialización primaria. 

Facilitarase unha análise crítica dos roles e estereotipos de xénero que desde os contos tradicionais se están a reforzar e reproducir na infancia.

Destacar os seguintes obxectivos: 

- Concienciar da importancia dos contos como factor de socialización da infancia.
- Evidenciar o trazo sexista e a violencia contra as mulleres presentada a través da literatura infantil tradicional.
- Valorar positivamente os contos que desenvolvan actitudes e comportamentos de cooperación, amizade, respecto á diferenza e relacións de igualdade.

Centros Cívicos. Monte Alto y Artesanos 15 -03-2011 11:00
C.C. San Diego 16-03-2011 18:00
C.C. Palavea 21-03-2011 18:00
C.C. Monelos 24-03-2011 18:30
C.C. Mallos 31-03-2011 18:00
C.C. Artesanos 01-04-2011 11:30
C.C. Mesoiro 7 - 04-2011 18:00
C.C. Eiris 13-05-2011 17:00

Obradoiro de corresponsabilidade:

 “Resetea o teu Rol: saberes esenciais para convivir” + Exposición “ Visibilidade”

Con este obradoiro, apoiado nos paneis da Exposición “Visibilidade” queremos axudar a romper os tópicos e estereotipos sexistas na división do traballo e concienciar sobre a necesidade de que homes e mulleres compartan as tarefas domésticas e responsabilidades familiares para poder gozar da vida en condicións de igualdade. 
O dito obradoiro contribúe a visibilizar a realidade do traballo reprodutivo, concienciar da súa importancia e da necesidade de compartilo.


C.C. Elviña 14-03-2011 18:00
C.C. Castrillón 17-03-2011 17:00

Ciclo audiovisual 

    Ambito deportivo. Documentais:  

1. IRENE A PORTEIRA: Irene xogou ao fútbol a comezos do século XX na Coruña como porteira do seu equipo. Acadou tanta sona que chegou, primeiro, a ser a capitana e, logo, a darlle o nome ao clube: Irene Fútbol Club.
Autora: Lis Franco

2. PÁDEL: nesta peza documental dase a coñecer un deporte considerado “enganosamente” ultraminoritario pero que é o deporte máis practicado por mulleres maiores de 35 anos en España.
Autora: Lis Franco

3. MEDINA FEMININO DE BALONCESTO: este equipo  foi campión da liga española na temporada 1965/66 e subcampión noutras catro ocasións entre 1966 e 1970. Ademais, foron campionas da copa da raíña de 1961.
Autor: Oscar Losada

Lugar: Centro cívico Labañou
Data: 31 de marzo 
Hora: 19.30 h. 

Longamentraxe documental “A maleta de Sofía” 
quen coñece a Sofía Casanova .....?

"A Maleta de Sofía" é unha longametraxe que recupera a vida e a historia de Sofía Casanova, escritora, poeta e correspondente de guerra, que presenciou algúns dos acontecementos máis importantes do século XX, incluídas as dúas Revolucións Rusas e as dúas Guerras Mundiais. No mes de setembro do presente ano 2011 cúmprese o cento cincuenta aniversario do seu nacemento, en A Coruña.
Director e produtor: Marcos Gallego

Lugar: Domus
Hora: 20.00 h.













20.12.10

Pinópolis, a cidade das nenas e dos nenos, en Expocoruña ata o 9 de xaneiro


Pinópolis, que se poderá visitar en ExpoCoruña, é unha cidade de e para os rapaces. Eles serán os principais protagonistas desta vila feita á súa medida onde xogarán a ser maiores. Pretende ser un reflexo da propia cidade de Coruña, un espacio onde se transmitan os valores da vila e os nenos teñan a oportunidade de relacionarse con empresas e institucións coas que conviven no día a día. Así, por medio de diversas actividades lúdicas e obradoiros didácticos, os “cidadáns” de Pinópolis aprenderán valores como solidariedade, respecto, civismo, deportividade, traballo en equipo…


As actividades propostas están deseñadas por franxas de idade, desde os máis cativos ata os 14 anos, e contarán con monitores especializados. Pinópolis abrirá as súas portas ao público o sábado 18 para estar na cidade ata o 9 de xaneiro, aínda que tres días antes estará aberto para centros escolares. Terá un custo de 8 € para nenos menores de 14 anos e de 6€ para maiores. Horario: de luns a vernes de 16:00 a 21:00 e sábados e domingos de 12:00 a 21:00.

Podedes acceder á taquilla AQUÍ.





12.11.10

ACTOS E CAMPAÑA DO 25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO



A CAMPAÑA

Ao longo do transcurso deste ano 2010 son xa 60 as mulleres que perderon a vida vítimas do maior crime co que convivimos diariamente, como é o da violencia de xénero, a violencia exercida contra as mulleres por seren mulleres.

Estas accións criminais están, hoxe por hoxe, ben lonxe da súa desaparición. Desgrazadamente, nos próximos días, semanas, meses e seguramente anos continuaremos asistindo a este continuo goteo que en non poucas ocasións remata definitiva e traxicamente coa vida das mulleres. Neste ano, ademais, resalta o dato de que a mínima parte destas mulleres tiveran realizado denuncia, polo que non foi posible poñer todos os recursos dispoñibles desde a administración para protexer as súas vidas, como indica a moción aprobada polo Concello da Coruña o pasado 2 de novembro.

Na Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá consideramos, como xa expuxéramos no proxecto expositivo “DESENFOCADAS” , que a educación sentimental de nenas, adolescentes e mulleres promove uns roles e estereotipos en canto á relación de parella e a posición que a muller debe adoptar nela que favorece unha relación de sumisión que en ocasións conduce aos diferentes episodios de violencia de xénero que estas mulleres padecen ou padecerán. A educación, a formal, a que se recibe nos Centros educativos, é para nós unha das chaves do presente polas que procurar un mellor futuro. Un futuro de xustiza é un futuro igualitario onde o fenómeno da violencia de xénero non ten en absoluto cabida.

A imaxe e lema escollida nesta campaña parte da estética do relato infantil e do modelo “princesa” de conformación da personalidade feminina. “Que non che mintan, princesa” pretende facer un chamado de conciencia sobre os roles e estereotipos difundidos desdes o propio mundo do relato infantil e despois perpetuados desde todo tipo de produtos e situacións asociados á formación da persoa. Non se trata de poñer en tea de xuízo a existencia e disfrute destes relatos, pero si a necesaria reflexión sobre o que eses mesmos relatos nos transmiten, nomeadamente a aquelas persoas que viven o seu período de maduración.

Esta imaxe poderase ver repartida por practicamente toda a cidade através de perto de 60 mupis luminosos, como 60 son as vítimas deste ano, así como será proxectada entre os días 23 e 26 de novembro sobre o edificio da DOMUS, traducida popularmente como Casa do Home, entre o atardecer e as 12:00 horas da noite. O propio 23 realizarase un eventoinaugural a cargo do grupo de danza Entracaixas ás 19:00 horas. Así mesmo, dúas pasarelas en sentido entrada da cidade sobre Alfonso Molina incluirán tamén esta imaxe e este lema.

O ACTO CENTRAL

O acto central o propio 25 de novembro consistirá na instalación no Obelisco, en horario de mañá e tarde, dun “Bosque de desexos e palabras” contra a violencia de xénero. Trátase da recreación de dez árbores, realizados en materiais reciclables, coas súas correspondentes follas onde as/os cidadáns poderán escribir os seus desexos contra a violencia de xénero transformados en palabras. Esta instalación foi deseñada polas artistas Rebeca Ponte e Belén Cossío.

Para estimular o máximo de participación cidadá algunhas destas árbores percorreran os diferentes Centros Cívicos da cidade de cara a que desde estes Centros se estimule a participación de persoas que, doutra forma, non poderían formar parte da actividade se desenvolverá o propio 25 de novembro. Ese mesmo día, ás 12:00 horas da mañá, terá lugar o acto institucional do Concello da Coruña dentro da propia instalación, incluíndo a leitura dun manifesto.


DÍA CENTRO

17    C. C. e V. Pescadores
18    C.C. Monte Alto
        C.C. San Diego
19    C.C. Castrillón
22    C.C. Elviña
        C.C. Rosales
23    C.C. Labañou
        C.C. Palavea
24    C.C. Mallos
        C.C. Monelos

SEN PECADO CONCEBIDA

Este domingo 14 de novembro, a partir das 19:00 horas, terá lugar no Centro Cívico e Social de Mesoiro, coñecido tamén como Centro Cívico de Novomesoiro, a representación teatral "Sen pecado concebida", da compañía Mariclown. Esta obra dá comezo ás actividades que a Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá desenvolverá arredor da conmemoración do 25 de novembro, día internacional contra a violencia de xénero. O día 24 de novembro representarase no Centro Vívico de Labañou. Nas dúas ocasións esta obra comezará ás 19:00 horas. Esta obra fora estreada o 27 de marzo 2010 no Teatro Jofre de Ferrol, coincidindo co galo do Día Internacional do Teatro.

ARGUMENTO:

Esta traxicomedia comenza no funeral pola morte de Don Paco Mª da Pena, ilustre entre os ilustres, infiel esposo e un bon pai. Petarda alba, muller anacrónica, nai castrante e viuva polo estado civil, recrudece a relación coas súas fillas, Conchita e Purita. Terán que gardar loito por maís de oito anos........
A entrada é libre ata completar aforo.


DÍA   HORA   CENTRO

14      19:00       C.C.e S. Mesoiro

24      19:00       C.C. Labañou



OBRADOIROS DE PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO NA MOCIDADE

CONTAMOS X = Contamos por igual ( 5º e 6º de Primaria)

“Contamos X =” é unha intervención de carácter educativo que se enmarca dentro da campaña conmemorativa do vindeiro 25 de novembro, “Día Internacional para a eliminación da Violencia de Xénero”. Dita intervención realizarase nos centros educativos de ensino primario que a soliciten.

Ademais do propio espectáculo do “contacontos”, as historias que se conten permitirán un traballo posterior onde se analizará “o que pasou” nos contos, o que hai oculto, as implicacións no día a día, … A través de actividades lúdicas complementarase a proposta para que as nenas e os nenos poidan descubrir novos patróns de conduta máis igualitarios.


NIN PRÍNCIPES, NIN LARANXAS (4º da ESO)

A intervención “Nin príncipes, nin laranxas” forma parte do conxunto de actuacións enmarcadas dentro da campaña que o Concello da Coruña ,a través da Concellaría de Igualdade e Participación cidadá, realizará con motivo do vindeiro 25 de novembro “día internacional para a eliminación da Violencia de Xénero”.

O obxectivo xeral da intervención é desmontar os mitos e tópicos do denominado “amor romántico”, así como previr as situacións de violencia ,en todas as súas formas, durante as relación de noivado na mocidade.

Asemade, procuraremos xenerar unha reflexión crítica, sobre as diferentes discriminacións que as mulleres sofren no día a día, recorrendo para iso á presentación e análise de diferentes estudos estatísticos. Do mesmo xeito é fundamental desmitificar a idea de que a violencia exercida cara as mulleres nas relacións de parella, está asociada a unhas determinadas condicións sociais e culturais.

GALA “ELAS FALAN”

Espectáculo poético-musical do GRUPO OURIOL

TEATRO ROSALÍA DE CASTRO, VENRES 26 DE NOVEMBRO, 20:30 HORAS

“Elas fan valer a voz de todas as mulleres. A través dos seus poemas –estarrecedores, lúcidos , valentes, fermosísimos- revélannos algo que, máis aló das circunstancias históricas e biográficas nas que se producen, atinxen aos homes e ás mulleres de toda época e condición. Porque a poesía é coñecemento ou como escribiu Luísa Villalta: Isto é poesía. Un ruído provocado. [...] Un tambor que desperta. [...] Isto é tamén unha muller que resiste.

ELAS SON:

Anna Ajmátova (Rusia, 1889-1966). Tradución ao galego de Penélope Pedreira, Pilar Pallarés.
Marina Tsveitáieva ( Rusia,1892-1941). Trad. de Pilar Pallarés.
Sylvia Plath (Boston, 1932-Londres, 1963). Trad. de Xoán Abeleira
Alejandra Pizarnik (Bos Aires, 1936-1972). Trad. de Dores Tembrás
Nazik Al Malaika (Bagdad 1923-El Cairo 2007). Trad. De Teresa Seara
Luísa Villalta (A Coruña, 1957-2004).
Clarice Lispector (Ucrania 1920- Río de Xaneiro, 1977)
Pilar Pallarés (Culleredo -A Coruña, 1957).
Luz Pozo Garza (Ribadeo, 1922)
Wislava Szymborska (Polonia, 1923). Trad. de Pilar Pallarés.

OURIOL SON
EVA VEIGA, interpretación e selección dos poemas
FITO ARES, flauta traveseira
BERNARDO MARTÍNEZ, clarinete e percusións
Produción e presentación: Comba Campoy
Creación artística: Alfonso Costa
Vestiario: Charoa
Asesoramento atístico: Carlos Neira
Iluminación: Octavio Mas
Son: Andrés Teijeiro
Duración: 70 minutos

Entrada libre ata completar aforo.

28.5.10

Actividades de atención á infancia-Verán 2010


1. INFORMACIÓN XERAL SOBRE “ESPAZOS DE ATENCIÓN Á INFANCIA”.


CENTROS HORARIO VERÁN PERIODO

Roseiras 8:00 – 15:00 h. 23 xuño – 8 setembro (*)

Monte Alto 9:00 - 14:30 h. 23 xuño – 8 setembro (*)

Castrillón 16:00 – 20:30 h. 23 xuño – 8 setembro (*). Pendente Agosto

Novo Mesoiro 8:00 – 15:00 h. 23 xuño – 8 setembro (*). Pendente Agosto

(*) pendente calendario inicio escolar


Xa está aberto o prazo de subscrición nos catro centros (salvo Agosto en Castrillón que se abrirá o prazo do 5 de xullo ao 15 de xullo, dependendo da demanda).

Espazo de Novo Mesoiro: As preinscricións realízanse dende o 24 de maio ata o 4 de xuño. O servizo realizaráse ou non no mes de Agosto dependendo da demanda; en caso de non ter usuarios/as suficientes, analizaráse a posibilidade de completar os horarios dos campamentos urbanos que organiza Servizos Sociais, co noso servizo de atención ao domicilio.





2. SÁBADOS EN NOVO MESOIRO

Dende o sábado 8 de maio , e todos os sábados ata o 26 de xuño, realízanse actividades programadas para menores entre os 3.5 e 12 anos . Os horarios adaptáronse á demanda existente , pasando de horario de tarde ( de 17:30 a 20:00 horas) a horario de mañá ( de 10:30 a 13:30 horas).

As actividades desenvolvidas en dito espazo , e recollendo a demanda que fixeron as familias nunha xuntanza previa, abarcan dende o coñecemento da contorna, ata actividades escénicas, musicais e de expresión artística, quedando distirbuidas da seguinte maneira:


SÁBADOS

8 DE MAIO e 5 DE XUÑO: Actividades escénicas e musicais “Do, re mi, ¡¡xa estamos aquí !!!"

15 DE MAIO e 12 DE XUÑO: Actividades coa natureza “Explorando a nosa contorna”

22 DE MAIO e 19 DE XUÑO: Actividades de expresión artística “ O curruncho das artes”

29 DE MAIO e 26 DE XUÑO: Actividades coa natureza “Explorando a nosa contorna"



3. INFORMACIÓN ESTADÍSTICA SOBRE O SERVIZO DE CANGUROS MUNICIPAIS.


A día de hoxe, os datos que figuran no departamento sobre os Servizo de Canguros Municipal, tanto en Espazos de Atención á Infancia como o Servizo a Domicilio son os seguintes:



 Espazos Atención á Infancia.


Unidades familiares 335

Nº de menores 498 Nenos 243 Nenas 255


A motivación da demanda é a seguinte

- Traballo: 266 unidades familiares.
- Cursos de formación ocupacional: 16.
- Cursos de formación contínua: 5
- Entrevistas de traballo: 26
- Actividades de participación cidadá: 2
- Situacións de emerxencia: 10 ( hospitalizacións dun familiar, casa de acollida,etc.).
- Outras causas: 10 ( hospitalización do menor, desplazamento dalgun dos proxenitores,...).



 Atención a Domicilio.



Unidades familiares 245
Nº de menores 366 Nenos 161 Nenas 205


A motivación da demanda é a seguinte

- Traballo: 185 unidades familiares.
- Cursos de formación ocupacional: 10
- Cursos de formación contínua: 6
- Entrevistas de traballo: 23
- Actividades de participación cidadá: 0
- Situacións de emerxencia: 11 ( hospitalizacións dun familiar, casa de acollida,etc.).
- Outras causas: 10 ( hospitalización do menor, desplazamento dalgun dos proxenitores,...


3.4.10

O Concello ofertará tres vivendas tuteladas para mulleres maltratadas antes do remate de 2010

O día de hoxe é un día especial para os medios de comunicación impreso na nosa Comunidade Autónoma, xa que é un dos tres únicos días do ano en que non se publican nin estás dispoñibles nos diferentes puntos de venda debido á festividade de venres santo, día non laboral para as e os xornalistas. Os exemplares publicados onte venres, 2 de abril, son os únicos dos que dispoñemos hoxe sábado, 3 de abril. Por isto, resulta para nós especialmente significativo que se dea conta en dous medios diversos de dous temas diferentes tratados pola nosa Concellaría.

Por unha banda, no Ideal Gallego, podemos ler unha completa información redactada por Ángela Fernández onde se destaca a inminente posta en marcha da Rede de Acollemento do Concello da Coruña, onde á actual Casa de Acollida sumaranse tres vivendas tuteladas para aqueles casos onde sexa máis necesaria e conveniente que estas mulleres vítimas de violencia conten cunha importante autonomía e independencia e, polo tanto, autoresponsabilidade exercida a respecto das súas propias vidas e das persoas, normalmente menoras, que as acompañan. Toda unha boa noticia da que daremos conta no seu momento.



Por outra banda, a Opinión da Coruña fai balance das políticas de Participación Cidadá destacando, como é de esperar sempre nun medio de comunicación a respecto do conxunto dos poderes públicos, aqueles aspectos aínda pendentes da súa posta en marcha, como son a nova división da Coruña en catro ou seis Distritos ou a posta en marcha do renovado Consello Social da Coruña. Neste longo artigo, Margarida Vázquez destaca as dificultades de implementar unha auténtica cultura de participación cidadá nunha cidade como A Coruña, se ben destaca os logros obtidos no que vai de mandato a respecto desta, como son o plan Urban, a Rede Coruña Emprega, a Mesa Sectorial de Comercio, o Foro de Participación ou o Foro da Mocidade, entre outros. Recomendámosvos, polo tanto, a leitura destes dous traballos e recordámosvos e respecto deste último aspecto que tedes aberta unha enquisa no blog Participación Coruña onde, precisamente, propoñemos expresedes a vosa opinión sobre se A Coruña conta actualmente cunha completa cultura de participación que abrangue a todas as partes implicadas ou, pola contra, esta cultura é máis matizable ou mesmo nula.


10.3.10

Continúan os obradoiros da Concellaría de Igualdade nos centros cívicos arredor do Día Internacional das Mulleres


 DESTACA A ACTIVIDADE ‘MULLERES, PORTADORAS DE CULTURA’ CO QUE SE AMOSA A REALIDADE CULTURAL TRASMITIDA POLAS MULLERES

A Coruña, 10 de marzo de 2010.- Ao longo desta semana a Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá que dirixe a nacionalista Margarida Vázquez continuará celebrándo en diferentes Centros Cívicos Municipais as actividades relacionadas coa conmemoración do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, destacando entre elas o obradoiro “Mulleres, portadoras de cultura’, xa desenvolto cunha salientable participación nos Centros de Monte Alto e Monelos e que se desenvolverá nos Centros de Rosales (11 de marzo), Castrillón (11 de marzo), Mallos (10 de marzo) e San Diego 11 de marzo).

Este obradoiro pretende amosar a realidade cultural transmitida polas mulleres, contando para iso cun aliado excepcional: a exposición “Mulleres, espello de culturas” que se pode visitar no Kiosco Alfonso ata o 4 de abril. Trátase dunha viaxe etnográfica e emotiva a través duna fragmentos de vida que nos permiten abordar temas universais e compartidos por todas as mulleres do mundo. Os tres grandes eixos desta exposición son familia, sociedade e divinidade. O propio obradoiro inclúe unha visita guiada a esta interesante exposición ofrecida pola Fundación “La Caixa” en colaboración coa Concellaría de Cultura do Concello da Coruña.
Durante a vindeira semana continuará desenvolvéndose o obradoiro “Mulleres, portadoras de cultura” nos Centros de Labañou (16 e 18 de marzo), Mallos (24 de marzo), Artesanos (18 e 25 de marzo) e Pescadores (17 e 18 de marzo).

Todas as persoas interesadas en participar neste obradoiro deberán dirixirse ao seu Centro Cívico de referencia onde serán informadas do horario e data dispoñibles.


3.2.10

Comezan os obradoiros para dar a coñecer o Banco de tempo da cidade da Coruña



A concellaría de Igualdade e Participación Cidadá, que dirixa Margarida Vázquez Veras, comeza en diferentes Centros Cívicos da rede municipal coruñesa unha campaña de difusión do Banco de Tempo da cidade da Coruña, ao tempo que de captación de posibles usuarios e usuarias.

Durante estas charlas, de importante compoñente práctico, as persoas interesadas poderán coñecer en profundidade en qué consiste este servizo, incluído dentro do programa "Concilia os teus tempos" -no que se inclúe o Servizo de atención á infancia- que está a desenvolver a Concellaría, así como as modalidades de prestación e as casuísticas que se contemplan.

O calendario xa acordado, pendente de pechar en varios dos Centros Cívicos, é o seguinte:


Centro Cívico Municipal del Castrillón
09/02/2010
18:00 h.

Centro Cívico Municipal dos Mallos
18/02/2010
19:00 h

Centro Cívico Municipal de Rosales
22/02/2010
18:00 h.

Centro Cívico Municipal de Monte Alto
23/02/2010
17:30 h.

Centro Cívico Municipal de Monelos
24/02/2010
18:00 h.

Centro Cívico Municipal de Artesáns
25/02/2010
19:00 h.

Centro Cívico Municipal de Elviña
01/03/2010
17:00 h.

Centro de Orientación Familiar
16/03/2010
10:00 h.

Centro Cívico Municipal San Diego
17/03/2010
18:00 h.

Falta, entón, por confirmar Labañou, Palavea e o que poida ir xurdindo, segundo a demanda.

Para máis información, non dubidedes en chamar ao 981 184 356 (CIM-Centro Municipal da Muller)

23.12.09