24.3.11

Os veciños de Monelos buscarán hoxe novos finais para os contos tradicionais no obradoiro que se desenvolverá no centro cívico

A CONCELLARÍA DE IGUALDADE DESEÑOU UN COMPLETO PROGRAMA CON MOTIVO DA CELEBRACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES CO FIN DE SENSIBILIZAR AOS CIDADÁNS SOBRE A NECESIDADE DE EDUCAR EN IGUALDADE


O Centro Cívico de Monelos acollerá mañá xoves, 24 de marzo, ás 18.30 horas, o obradoiro “O que nunca che contaron: Contos vellos, novos finais”, que se trasladará na xornada do venres, 25 de marzo, ás 11.30 horas, ao Centro Cívico de Artesanos. Este obradoiro de sensibilización está pensado para todas as idades, a partir dos 16 anos, e ten como obxectivo revisar os vellos contos, dominados polos valores estereotipados e pola violencia contra as mulleres. 

Esta actividade enmárcase no programa deseñado para este ano pola Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá con motivo da conmemoración do Día Internacional das Mulleres, baixo o lema “A Coruña, medrando en igualdade”. Nestas actividades formativas e divulgativas teñen un gran protagonismo os centros cívicos da cidade, xa que un dos máximos obxectivos desta concellaría é chegar ao maior número posible de cidadáns e cidadás con estas propostas. As actividades que se están a desenvolver están acadando un grande éxito de participación en todos os centros cívicos, onde numerosos usuarios de todas as idades achéganse á cultura da igualdade grazas a esta iniciativa da Concellaría de Igualdade.
Recuperar a historia das mulleres é o obxectivo doutra das actividades programadas, que leva por título “Mulleres no rueiro” e que consiste nunha homenaxe ás 37 mulleres que teñen rúas dedicadas na Coruña dun total de 1.500 vías. Así, realízase un itinerario guiado achegando ás persoas participantes a historia descoñecida destas mulleres, nunha actividade que se desenvolverá en cinco centros cívicos. Este obradoiro desenvolverase mañá xoves, ás 10.30 horas, no Centro Cívico de Monelos.

Outro dos obradoiros que se desenvolveron nestes días é o de Corresponsabilidade, apoiado nos paneis da exposición “Visibilidade”. O obxectivo é romper os tópicos sexistas na división do traballo e concienciar sobre a necesidade de que homes e mulleres compartan as tarefas domésticas. 

A continuación incluímos, na seguinte páxina, un cadro coas datas e os horarios das actividades que aínda quedan por celebrar:


Actividade Data Hora Centro Cívico


Mulleres no rueiro 24/03/2011 10.30 h Monelos
25/03/2011 11.00 h. Mesoiro
06/04/2011 17.00 h. Eiris

O que nunca 
che contaron 24/03/2011 18.00 h. Monelos
25/03/2011 11.30 h. Artesanos
07/04/2011 18.00 h. Mesoiro
13/05/2011 17.00 h. Eirís

No hay comentarios:

Publicar un comentario