O día 2 de marzo deu comezo o primeiro dos cursos de “Lingua e usos non sexistas”, organizados pola Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá.
O obxectivo principal desta formación é analizar os usos que facemos da linguaxe para ter a capacidade de identificar o sexismo que transmite, e achegar as ferramentas máis adecuadas para reelaborar cada contexto lingüístico.
Trátase dun curso totalmente gratuíto que se imparte na modalidade on-line, de 10 horas de duración, cunha única sesión presencial de dúas horas na que se da a coñecer o manexo da plataforma de formación e apórtase unha introdución aos contidos do curso. Esta sesión presencial lévase a cabo na aula do Centro de Participación Cidadá do Birloque.
O curso “Lingua e usos non sexistas” ofrece unha oportunidade excelente para reflexionar sobre os usos que facemos da linguaxe, analizando o sexismo que moitas veces poida comunicar e formulando os recursos e as solucións que a propia lingua posúe ou, cando é necesario, introducindo innovacións.
Nesta primeira quenda participan un total de 25 persoas. Algunhas delas forman parte do alumnado doutros programas formativos da nosa Concellaría e consideran este curso como un complemento moi útil e necesario. O grupo completase con persoal técnico do Concello que traballa na área de igualdade e participación cidadá.
O próximo día 22 de marzo dará inicio unha segunda edición do curso, para a que aínda está aberto o prazo de inscrición. As persoas interesadas poden solicitar información no Centro de Participación Cidadá, na Avenida de Glasgow, nº 10, teléfono 981 189 869; ou por correo electrónico no enderezo: participacion@coruna.es
En español, como en gallego, el género no marcado es el masculino. Es decir, para referirse a un colectivo de tres chicas y un chico diríamos: chicos. Porque nuestra lengua es así, eso no es sexista... La lengua no puede ser sexista, sólo sus hablantes.
ResponderEliminarNon somos nós quen falamos a través da linguaxe senón que é a linguaxe a que fala a través de nós.
ResponderEliminar