Mostrando entradas con la etiqueta CIM. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CIM. Mostrar todas las entradas

1.4.11

Canguros Municipais en Semana Santa


COMUNICÁMOSVOS QUE AS LISTAS DE INSCRICIÓN PROVISIONAIS PARA O USO DOS ESPAZOS DE ATENCIÓN Á INFANCIA E LUDOTECA NO PERIODO DAS VACACIÓNS DE SEMANA SANTA ESTARÁN ABERTAS DENDE O 4 AO 7 DE ABRIL.

É NECESARIO ANOTARSE PARA PODER ACCEDER AO SERVIZO

SE É O VOSO INTERESE, PODEDES CHAMAR AO TELÉFONO 981-184356

AS LISTAS DE ADMITIDOS/AS PUBLICARÁNSE O DIA 14 DE ABRIL NOS PROPIOS ESPAZOS, LUDOTECA OU CHAMANDO AO 010

OS ESPAZOS E LUDOTECA FUNCIONARÁN OS SEGUINTES DÍAS E HORARIOS.

DÍAS: 18 – 19 – 20 e 25 DE ABRIL

HORARIO

 - ROSALES: de 8:00 A 15:00 horas.

- CASTRILLÓN: de 16:00 a 20:30 horas.

- MONTE ALTO: de 9:00 a 14:30 horas.

- SAGRADA FAMILIA: de 9:30 a 13:30 horas.

- NOVO MESOIRO: 17:30 a 20:30 horas. Sábado de 10:30 a 13:30 horas.( excepto sábado día 23).

19.1.11

Charla/Xornada sobre búsqueda de emprego no Centro Cívico de Eirís


Desde o Banco do Tempo,e grazas a un dos nosos socios, Felipe García Rei, imos organizar conxuntamente unha charla/xornada sobre procura de emprego e como distinguirnos.

Felipe axudaranos a coñecer cales son as nosas vantaxes, as nosas características para poder sacar todo o noso potencial.

Trátase de coñecernos mellor, ser conscientes das características, que temos cada unha/ou de nós/vos, que nos poden distinguir ante unha oferta de traballo, preparar e afrontar unha entrevista de traballo, coñecer as novas técnicas que se están empregando nas entrevistas persoais, saber onde buscar emprego, como presentarnos....

Ademais tratarase un factor que todas/todos ante unha entrevista ou reunión importante: o medo. Que podemos facer con el ?, Pódenos axudar ?

Para iso animámosvos a participar nesta charla que se celebrará o día 28 de xaneiro de 17 a 19 horas. O lugar escollido é o Centro Cívico de Eirís.

Como chegar premendo AQUÍ.

Dirección:
Rúa Frei Pedro Paio Piñeiro (CCM Eirís), s/n
15009. A Coruña.
Horarios do Centro Cívico:
Luns a venres de 09:00 h. a 14:00 h. e de 16:00 h. a 21:00 h.
Sábado de 10:30 h. a 13:30 h. e de 16:00 h. a 21:00 h.
Domingo de 16:00 h. a 21:00 h.

Teléfono: 636 576 043

Se coñecedes a alguén que poida estar interesada/ou en asistir nesta charla non dubidedes en difuncirlo. O requisito é inscribirse antes do 25 de xaneiro cos seguintes datos:

• Nome e apelidos:
• Idade:
• Situación laboral actual:
• E-mail:
• Número de teléfono:

Podédelo facer vía mail en bdt@coruna.es ou chamando ao 981 18 43 56.

Encantaríanos poder contar coa vosa presenza xa que esta charla pode marcar un antes e un despois. Ídevola perder?

18.1.11

Servizo municipal de atención á infancia-Canguros Municipais


CANGUROS MUNICIPAIS CONCELLO DA CORUÑA

O SERVIZO DE ATENCIÓN Á INFANCIA

O Servizo de atención á infancia para a conciliación da vida laboral, familiar e persoal (Canguros Municipais), é un servizo especializado no coidado e atención dos/as menores das unidades familiares que desenvolven a súa actividade profesional e/ou formativa na cidade da Coruña, para a conciliación da vida laboral, familiar e persoal. Este servizo está regulado pola correspondente Ordenanza municipal, publicada no BOP nº 44 do 23/02/2009.

Este servizo contempla as seguintes modalidades:

1) ESPAZOS DE ATENCIÓN Á INFANCIA DE CARÁCTER COLECTIVO (E.A.I.):

Esta modalidade do servizo proporciona acollemento e desenvolvemento de actividades lúdico-educativas a grupos de menores de idades comprendidas entre os catro e doce anos (artigo 8 da Ordenanza). As excepcoionalidades a este tramo de idade serán resoltas polo equipo técnico do programa de Canguros.

Ubicacións:

Centro de Formación e Emprego dos Rosales
Estrada dos Fortes s/n e Rúa Simón Bolívar s/n
Horario: 15:00 a 20:00 horas

Centro Cívico do Castrillón
Praza Pablo Iglesias s/n
Horario: 16:00 a 20:30

Centro Cívico de Monte Alto
Rúa Vereda do polvorín, 4
Horario: 15:00 a 20:30

Centro Social Sagrada Familia (Desde o 24 de xaneiro de 2011)
Rúa Sagrada Familia, 26, baixo.
Horario: 16:30 a 20:30

Pódese empregar un máximo de 40 horas mensuais por menor. Inscrición previa no 981 184 356.

2) ATENCIÓN Á INFANCIA A DOMICILIO:

Esta modalidade do servicio dá resposta no propio domicilio a necesidades de carácter extraordinario e proporciona coidados e atencións lúdico-educativas a menores de idades comprendidas entre os catro meses e os doce anos (artigo 10 da Ordenanza).

Máximo 48 horas anuales por unidade familiar

3) LUDOTECAS:

Esta modalidade do servizo está dirixida á poboación infantil de idades comprendidas entre os catro e doce anos, favorecendo o seu desenvolvemento persoal, social, afectivo e congnitivo, a través de xogos e xoguetes (artigo 9 da Ordenanza). As ludotecas atopándse reguladas polo Decreto 354/2003, do 16 de setembro, publicado do DOG nº 187 do 26/09/2003.

Segundo a disposición transitoria da Ordenanza do servizo, a posta en marcha de cada una das modalidades do servizo realizarase en función da dispoñibilidade dos recursos materiais e persoais necesarios para a súa axeitada realización.

Ubicación:

Centro Cívico e Social de Novomesoiro
Rúa Ancares s/n
Horario: de luns a venres 17:30 a 20:30. Sábados de 10:30 a 13:30   

Inscrición previa no 981 184 356

REQUISITOS XERAIS PARA ACCEDER AO SERVIZO:

Para acceder a este servizo deberán cumplirse os seguintes requisitos:

a) Precisar medidas de conciliación da vida persoal, laboral e familiar no municipio da Coruña. Enténdese que concorren estas necesidades no término municipal:

· Para solicitar o servicio de atención a domicilio, cando o responsable do menor ou o menor estean empadroados no municipio da Coruña.

· Para solicitar o servizo nos E.A.I. ou nas ludotecas, cando o responsable do menor ou o menor estean empadroados no municipio da Coruña, o menor estea cursando estudios nun centro de ensino domiciliado no municipio da Coruña ou cando o responsable do menor sea empregado público, traballador por conta propia ou allea, nun centro de traballo domiciliado no municipio da Coruña.

b) Solicitar o servizo, en razón dalgunha das casuísticas ou motivacións sinaladas conforme a cada unha das tres modalidades de atencións.

c) Non dispor doutro recurso axeitado, según informe motivado dos técnicos municipais.

d) Que o/a menor non requira coidados especiais que excedan da capacidade do servizo, según a valoración do persoal técnico municipal.

Co Servizo de atención á infancia para a conciliación da vida laboral, familiar e persoal,
A CORUÑA ATENDE EN IGUALDADE

PARA SABER MAIS SOBRE ESTE SERVIZO, INFÓRMATE EN:

Centro de Información ás Mulleres (CIM)
Barrio das Flores - Rúa Hortensias s/n, 15008, A Coruña
Teléfono: 981 184356 - Fax: 981 184357

Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá do Concello da Coruña
Praza de María Pita s/n, 15001, A Coruña
Teléfonos: 981 184309 - Fax: 981 184312
e-correo: igualdade@coruna.es

A continuación, dun xeito moi sinxelo, poderás descargar a solicitude de ALTA no Servizo. Unha vez cumprimentada, podes entregala no Rexistro Xeral do Concello en María Pita ou no existente no Fórum Metropolitano no Parque Europa. Debes acompañala da seguinte documentación básica:

Documentación que se ten que achegar coa SOLICITUDE DE ALTA no servizo:

- Fotocopia do DNI/NIE da persoa solicitante responsábel da/o menor.

- Documentación que acredite a relación da persoa solicitante coa/o menor ( Fotocopia do libro de familia ou, no seu caso, resolución xudicial ou administrativa )

Unha vez presentada no Rexistro Xeral a SOLICITUDE DE ALTA no servizo, desde o Centro Municipal de Información ás Mulleres (CIM) contactarase por teléfono coa/s persoa/s solicitante/s para concretar a data e hora dunha ENTREVISTA e presentar a documentación complementaria.

A COMUNICACIÓN da necesidade das diferentes modalidades que contempla o servizo realizarase no Centro Municipal de Información ás Mulleres, sito no Barrio das Flores, r/ Hortensias s/n, Tlf.: 981 18 43 56.

Alta no Servizo Municipal de Atención á Infancia:




25.10.10

Guía para practicar unha educación antisexista

O pasado xoves 21 de outubro, no marco do Seminario "Educando en igualdade", presentouse a Guía para practicar unha educación antisexista, excelente traballo realizado por Ana Iglesias Galdo por encargo da Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá. Se estads interesados/as en conseguir un exemplar desta publicación, enchede o seguinte formulario de contacto e procuraremos atendervos coa máxima rapidez posible Evidentemente, estas peticións atenderanse ata esgotar existencias.

Esta guía pretende ser un recurso que contribúa a eliminar os sexismos da nosa vida cotiá, profesional, doméstica, social; convida a agudizar a mirada para detectar os elementos culturais que puideran ser discriminatorios para algún grupo social en particular, e require da implicación de toda a cidadanía.

Persoal técnico/voluntariado de diferentes servizos ou programas de dinamización sociocultural e deportivos, familias, profesorado, educadoras e educadores sociais... Persoas que asumen a práctica da igualdade entre mulleres e homes nun asunto da súa incumbencia, nun tema que lles afecta e intúen que se non se paran a pensar, alí onde só hai acción, acostuman a ser moi activos os estereotipos e prexuízos.

Non é esta unha temática cómoda, lúdica, para o esparcimento, ou o descanso. É unha proposta intrusa, incómoda, dado que se mete co modo de ser e de relacionarnos co mundo, introdúcesenos no ámbito máis privado. Toca a nosa biografía persoal que ten tanto de sociocultural.
Pensada para vós, para unha cidadanía que decide non ser cómplice de prácticas sexistas. É unha cuestión de xustiza social!

14.10.10

Rutas de sendeirismo do Banco de Tempo da Coruña


Desde o Banco do Tempo queremos organizar unha reunión xa que moitas e muoitos de vós estades interesadas/os en compartir rutas de sendeirismo. É por isto que as e os que estedes interesadas/os teñamos unha reunión o próximo luns 18 ás 17:00 horas no Centro de Información á Muller.

Co fin de organizármonos o mellor posible, por favor, confirmádenos via mail se pensades asistir.

Moitas grazas pola vosa colaboración.

Un saúdo

bdt@coruna.es
Centro de Información ás Mulleres
R/ Hortensias s/n
Telf 981 18 43 56

13.10.10

Novas actividades de ADA



O proxecto ADA INTEGRA continua coas súas actividades. Durante os vindeiros meses temos previsto poñer en marcha 2 novas actuacións, nas que terán prioridade as mulleres migrantes que residan na nosa cidade:

- CAMINATAS EN-RED-ADAS: paseos para coñecer diferentes espazos da nosa cidade, para participar, relacionarnos, facer exercicio físico e crear redes de mulleres.

- OBRADOIRO DE INGLÉS: clases de inglés para familiarizarse co vocabulario, conversas, desenvolverte nas túas viaxes… OS MÉRCORES DE 5 A 6 DA TARDE.

- CLUBE DE COSTURA: OS MARTES DE 11 A 12 E OS XOVES DE 5 A 6 DA TARDE.

- CLUBE DE EMPREGO: OS XOVES DE 11 A 13 HORAS.

Ademais continuamos: coas CLASES DE IOGA , agora todos os martes de 6 a 7 horas da tarde...

- ACCESO LIBRE AO AULA DE INFORMÁTICA: Quenda de mañá: de luns a venres de 9 a 11 horas.

Quenda de tarde: luns e mércores de 4,30 a 6,30 horas.

PODES VISITARNOS EN: http://proxectoada.wordpress.com

Todas as actividades e os servizos son gratuítas, poderán contar (previo aviso) de servicio de canguraxe (previa isncrición) e se realizan no Centro Municipal da Muller, rúa Hortensias, s/n.

Agradecemos de antemán a vosa colaboración na difusión desta información.

NO CENTRO MUNICIPAL DA MULLER

(ZONA MONELOS. RÚA HORTENSIAS S/N)

Para máis información contactar con Natalia Domínguez

981 184 356 ou en proxectoada@gmail.com ou





4.10.10

Boletín de outubro do Banco de tempo da Coruña

Aquí vos deixamos o catálogo do mes de outubro do Banco do Tempo da Coruña.
Animádevos a participar. Xa somos 40 persoas socias, e as/os que queirades formar parte do Banco podedes contactar co Centro de Información ás Mulleres na R/ Hortensias s/n ou no teléfono 981 18 43 56 para concertar unha cita e darvos de alta.

Descarga o boletín neste enlace.




28.9.10

Información sobre os grupos de traballo do II Plan para a promoción da equidade entre mulleres e homes do Concello da Coruña


Para realizar algunha aportación á elaboración deste Plan podedes facelo neste mesmo blog.

Con motivo da elaboración da diagnose para o futuro II Plan para a promoción da equidade entre mulleres e homes, dende a Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá estamos realizando grupos de traballo con diferentes axentes sociais da cidade da Coruña.

No mes de xullo realizamos un grupo co persoal da Rede Municipal de Escolas Infantís (REIM) e co persoal das bibliotecas que traballa co público infantil de 0 a 5 anos, no que se plasmaron propostas moi interesantes para o futuro Plan, nomeadamente no ámbito da educación.

No mes de agosto, a nivel interno, o persoal da Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá, tivo o gusto de poder contar coa experta internacional Natalia Navarro Oliván (colaboradora habitual da Consultora Sánchez-Albornoz, responsable do estudo de diagnose) que nos aclarou dúbidas e axudou a definir o enfoque que se lle quere dar ao novo Plan.

No mes de setembro seguimos a realizar diferentes grupos de traballo sectoriais, así, o martes 14 tivemos o grupo co sector económico, o xoves 16 o grupo coas asociacións de base e veciñanza, o martes 21 tocoulle a quenda ás asociacións culturais e deportivas, o xoves 23 convocamos ao sector educativo e o xoves 30 participarán os colectivos feministas e de mulleres da cidade.

Os grupos están tendo moi boa acollida, contando xa cunha participación dunhas 60 persoas, mediante as cales estamos a recoller distintas propostas, que poderán servir como medidas ou como puntos nos que incidir no futuro Plan para a promoción da equidade entre mulleres e homes do Concello da Coruña. Este traballo é especialmente importante porque a través del detectamos posibles necesidades e demandas da cidadanía, que están a dar conta das desigualdades que aínda hoxe existen entre mulleres e homes nos diferentes eidos da vida cotiá.

Pero para chegar a un coñecemento máis profundo de como se valora e traballa a temática de xénero, estamos a realizar tamén entrevistas co persoal técnico das distintas concellarías. Polo momento levamos entrevistado a unhas 40 persoas que nos están facendo achegas dende as diferentes áreas municipais (cultura, educación, urbanismo, medio ambiente, servizos sociais, mocidade, deportes, etc.).

O que pretendemos coa realización das entrevistas e dos grupos de traballo é implicar ao maior número de persoas neste estudo de diagnose, para que todas e todos esteades presentes nas políticas de igualdade que promove o Concello.

1.9.10

Actividades do proxecto ADA INTEGRA


Desde o proxecto ADA INTEGRA remíennos información actualizada sobre as vindeiras actividades que estamos a organizar, nas que terán prioridade as mulleres migrantes que residan na nosa cidade:

- CURSOS DE INFORMÁTICA BÁSICA, OFIMÁTICA E INTERNET : Na seguinte imaxe remitimos as datas confirmadas dos cursos de Ofimática (2), Internet (2) e Informática Básica (2).


- FESTA DE BENVIDA: sábado, 28 de agosto, a partir das 13 horas. Puideron participar todas as mulleres que así o desexaron. O único requisito foi a elaboración dun prato típico do lugar de orixe. Tiveron que facer inscrición previa, comentando o número de persoas que participarían. A festa tivo lugar no Centro municipal da muller. Ver AQUÍ.



- OBRADOIRO DE BUSCA ACTIVA DE EMPREGO (12 h): 31 de agosto e 2, 7, 9 de setembro. De 9,30 a 12,30 horas.

- “CONTIGO, ME RÍO”. OBRADOIRO DE RISA: 6,13, 20 e 27 de setembro e 4 e 11 de outubro.


Quenda de mañá: de 10 a 11 horas. Quenda de tarde: de 5 a 6 horas.

- ACCESO LIBRE AO AULA DE INFORMÁTICA: Quenda de mañá: de luns a venres de 9 a 11 horas.

Quenda de tarde: martes e xoves de 4,30 a 6,30 horas.

Todas as actividades e os servizos son gratuítas, poderán contar (previo aviso) de servicio de canguraxe (previa isncrición) e se realizan no Centro Municipal da Muller, rúa Hortensias, s/n

Para máis información contactar con Natalia Domínguez 981 184 356 ou en n.dominguez@coruna.es

5.8.10

Boletín de agosto do Banco do Tempo

Este é o novo boletín informativo sobre as actividades que se están levando a cabo dentro do Banco do Tempo do Concello da Coruña. Se vos interesa formar parte desta interesante e novidosa iniciativa non dubidedes en poñeros en contacto co noso CIM no número 981 184 356 ou dirixirvos á Rúa Hortensias s/n do Barrio das Flores, onde se atopa o noso Centro.

Ánimo!!!!!








28.7.10

Actividades do programa ADA e folla de inscrición

Deixámosvos aquí cumprida información sobre os cursos que están prontos a comezar dentro das actividades do noso Programa ADA.

Para contactar directamente co programa, entrade no espazo web de ADA.





9.6.10

Concentración mañá xoves ás 12:00 en María Pita

O Concello da Coruña convoca a todos os cidadáns e cidadás a unha concentración de repulsa polo novo caso de violencia de xénero ocorrido onte na nosa cidade. Esta concentración desenvolverase ás 12:00 horas na praza de María Pita.

Recomendamos a vosa asistencia.

Xunt@s podemos rematar dunha vez con estes crimes!

Condena enérxica ante un novo caso de violencia machista na nosa cidade


Que a violencia machista non entende de fronteiras nin límite xeográfico algún é algo que todos e todas compartimos. Sen embargo, o feito de que un caso como o ocorrido onte no noso Paseo Marítimo, moi perto da Domus, lémbranos que ninguén está libre absolutamente de verse nunha situación como a que viviu onte na Coruña H.G.E., de 32 anos, ou como a que están vivindo moitísimas mulleres día tras día, ano tras ano.

A Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá, e por extensión o Concello da Coruña na súa totalidade, queren transmitir a súa dor e rexeitamento para feitos delitivos como este e quere poñerse a disposición da vítima e das súas persoas máis próximas, especialmente as súas fillas menores, para todo o apoio ou asesoramento que precisaren, desexando, unha vez máis, que sexa este o último caso de violencia machista que aconteza nas nosas vidas.

23.4.10

Unha muller coruñesa consegue un fito histórico grazas ás xestións do noso CIM

Unha muller da Coruña que foi vítima de violencia de xénero conseguiu que a Xunta de Galicia recoñecese o seu dereito á percibir a subvención da bolsa de alugueiro de xeito independente da subvención que xa percibira o seu ex esposo condenado por malos tratos.

A esta muller se lle comunicara que non tiña dereito a subvención da bolsa de alugueiro por ter esgotado o plazo máximo subvencionable.

Asesorada e apoiada dende a equipa do Cim da Coruña, presentou recurso e logrou que a Xunta modificara o seu criterio recoñecendo o seu dereito a que se lle computen os anos de subvención de xeito individual e abrindo as portas a outras mulleres que terán algo más facil a súa independencia dos agresores.