6.10.10

A Concellaría de Igualdade presentou esta mañá o Seminario ‘Educando en igualdade’ que se celebrará desde o 18 ata o 21 de outubro


A concelleira de Igualdade e Participación Cidadán, Margarida Vázquez, presentou esta mañá o seminario ‘Educando en Igualdade’ que a o seu departamento en colaboración co Instituto de Estudios Políticos e Sociais e a UDC, desenvolverase os vindeiros días 18, 19, 20 e 21 de outubro no Centro de Estudios de Caixa Galicia (Ronda de Nelle, 31).

Esta actividade está dirixida especialmente a profesionais de diferentes servicios ou programas de acción social, cultural ou educativos: profesorado, educadoras e educadores sociais, persoal de deportes..., así como a todo o alumnado universitario e a cidadanía en xeral que busca non ser sexista.

Tanto a concelleira de Igualdade como a directora académica do Seminario, Ana Iglesias Galdo, coincidiron en sinalar que a actual tendencia de dar a igualdade por suposta e, por ende, non necesaria de demostración, dá conta tamén de certa resistencia a considerar importante interrogar aqueles aspectos que, como é o caso dos sexismos, puidesen romper ese principio.

Pero a realidade social, analizada desde unha perspectiva feminista e recollida en diferentes investigacións, informes e memorias é teimuda: insiste en demostrar que, lonxe de ser un problema de épocas pasadas, as relacións de xénero dominan o escenario social, poderíamos dicir que están de rabiosa actualidade, o que nos esixe seguir analizando como se constrúen, reproducen, resisten e producen na actualidade os sexismos.


Lonxe de dar a igualdade suposta, queremos identificar e someter a crítica todos os contidos culturais que non responden aos que unha cidadanía democrática require, para pasar logo a deseñar propostas que garantan a construcción de cidades coeducadoras. No último día do Seminario presentarase ademáis a ‘Guía para practicar unha educación antisexista’ na que se ofrece recursos a toda a cidadanía para implicarse e colaborar na educación en igualdade na nosa vida cotiá co obxetivo de acabar co sexismo ainda existente na nosa sociedade.

O Seminario ‘Educando en Igualdade’ conta cun límite de prazas de 190 persoas. Todos os interesados en participar deberán inscribirse antes do vindeiro 14 de outrubor a través da web: www.fundacionieps.org, escribindo ao mail: fundacion@fundacionieps.org ou chamando ao teléfono 981 92 71 74. A asistencia e libre e gratuita e concederase un diploma acreditativo. O Seminario convalidarase ademáis por 1 crédito de libre configuración concedido pola Universidade da Coruña. O horario será sempre de tarde co obxetivo de facilitar a participación de toda a cidadanía.


PROGRAMA

LUNS, 18 DE OUTUBRO

16:00 h Sesión de apertura
SRA. DNA. MARGARITA IGLESIAS PAIS
Instituto de Estudios Políticos y Sociales

SRA. DNA. ANA IGLESIAS GALDO
Profesora da Facultade de CC. da Educación da Universidade da Coruña

SRA. DNA. MARGARIDA VÁZQUEZ VERAS
Concelleira de Igualdade e Participación Cidadá. Concello da Coruña

SR. D. NARCISO GABRIEL FERNÁNDEZ
Decano da Facultade de CC. da Educación

16:30 h Conferencia inaugural
“Educación e Políticas de Igualdade”
SRA. DNA. PILAR BALLARÍN DOMINGO
Profesora Facultade CC. da Educación da Universidade de Granada

18:00 h Mesa redonda
“Ollando Políticas de Igualdade”
SRA. DNA. LAURA SEARA SOBRADO
Instituto da Muller. Ministerio de Igualdade
SRA. DNA. MARTA GONZÁLEZ VÁZQUEZ
Secretaría Xeral de Igualdade. Xunta de Galicia
SRA. DNA. MARGARIDA VÁZQUEZ VERAS
Concellería de Igualdade e Participación Cidadá. Concello da Coruña


MARTES, 19 DE OUTUBRO

16:00 h Conferencia
“Achegas Prácticas do Feminismo”
SRA. DNA. ROSA COBO BEDIA
Profesora da Facultade de Socioloxia e Ciencia Política da UDC

18:30 h Mesa redonda
“Promovendo a Igualdade...”
SRA. DNA. MARÍA SILVESTRE CABRERA
Emakunde. Instituto Vasco de la Mujer
SRA. DNA. SOLEDAD PÉREZ RODRÍGUEZ
Instituto Andaluz de la Mujer
SR. D. ANTONIO GARCÍA DOMÍNGUEZ
AHIGE. Asociación de Hombres por la Igualdad de Género.

MÉRCORES, 20 DE OUTUBRO

16:00 h Conferencia
“Ciencia, Androcentrisno e Coeducación”
SRA. DNA. ANA SÁNCHEZ BELLO
Profesora da Falcultade de CC. da Educación da Universidade da Coruña

18:30 h Mesa Redonda
“¿Qué podo facer para practicar a coeducación no meu centro?”
“A igualdade...ata na BATA!”
SRA. DNA. MERCEDES OLIVEIRA MALVAR
Profesora do IES “Alexandre Bóveda” de Vigo
“O plan de acción titorial”
SRA. DNA. ESTHER MATO MÉNDEZ
Orientadora do IES “Chapela” de Redondela
“Estratexias de intervención afectivoemocional e sexual”
SRA. DNA. LOLA FERREIRO DÍAZ
Profesora do Programa Oficial de Posgrao en Estudos de Xénero da Universidade de Vigo

XOVES, 21 DE OUTUBRO

16:00 h Construíndo cidades coeducadoras…
Guía para practicar unha educación antisexista
SRA. DNA. ANA IGLESIAS GALDO
Profesora Universidade da Coruña

18:30 h Mesa Redonda
“Experiencias para Coeducar” “Cómo compartir a vida en igualdade. Guía práctica para rapazas e rapaces”
SRA. DNA. ROSA ESCAPA GARRACHÓN
Licenciada en Dereito. Experta en Igualdade de Oportunidades
“A igualdade, un traballo en equipo. A corresponsabilidade no ámbito familiar”
SRA. DNA. MARÍA DEL CARMEN CORDÓN CAÑERO
Instituto Andaluz de la Mujer
“Xogos e xoguetes non sexistas”
SRA. DNA. MARÍA LUISA ABAD ABAD
Orientadora IES Menéndez Pidal da Coruña

20:30 h Acto de Clausura
SRA. DNA. JULIETA GUNDÍN FANDIÑO
Presidenta da Fundación IEPS
SRA. DNA. MERCEDES B. RICO RODRÍGUEZ
Directora do CIM da Coruña
SRA. DNA. ANA IGLESIAS GALDO
Profesora da Universidade da Coruña
SR. D. NARCISO GABRIEL FERNÁNDEZ
Decano da Facultade de CC. da Educación

No hay comentarios:

Publicar un comentario