O pasado xoves 21 de outubro, no marco do Seminario "Educando en igualdade", presentouse a Guía para practicar unha educación antisexista, excelente traballo realizado por Ana Iglesias Galdo por encargo da Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá. Se estads interesados/as en conseguir un exemplar desta publicación, enchede o seguinte formulario de contacto e procuraremos atendervos coa máxima rapidez posible Evidentemente, estas peticións atenderanse ata esgotar existencias.
Esta guía pretende ser un recurso que contribúa a eliminar os sexismos da nosa vida cotiá, profesional, doméstica, social; convida a agudizar a mirada para detectar os elementos culturais que puideran ser discriminatorios para algún grupo social en particular, e require da implicación de toda a cidadanía.
Persoal técnico/voluntariado de diferentes servizos ou programas de dinamización sociocultural e deportivos, familias, profesorado, educadoras e educadores sociais... Persoas que asumen a práctica da igualdade entre mulleres e homes nun asunto da súa incumbencia, nun tema que lles afecta e intúen que se non se paran a pensar, alí onde só hai acción, acostuman a ser moi activos os estereotipos e prexuízos.
Non é esta unha temática cómoda, lúdica, para o esparcimento, ou o descanso. É unha proposta intrusa, incómoda, dado que se mete co modo de ser e de relacionarnos co mundo, introdúcesenos no ámbito máis privado. Toca a nosa biografía persoal que ten tanto de sociocultural.
Pensada para vós, para unha cidadanía que decide non ser cómplice de prácticas sexistas. É unha cuestión de xustiza social!
Hola soy Marta Doval del Servicio de Canguros de Monte Alto, y me guataría recibir el ejemplar, para asi tener más material para trabajar con los niños y niñas.
ResponderEliminarmuchas Gracias. Bicos