2.11.10
As mulleres tamén queren ser profesionais do futbol.
Malia que a presenza da muller no mundo do futbol crece e gaña valor diariamente, en España non se lle permita á muller exercer a profesión de futbolista.
Mudegá (Mulleres Deportistas Galegas) únese á campaña iniciada por María José López, presidenta da asociación española de clubs de futbol feminino.
Crearon unha páxina no facebook, o día 19 de Outubro: Firmas para que a las mujeres futbolistas se les permita ser profesionales, e como podedes ver, en poucos días conseguiron superar os 10000 apoios.
Esta foi a súa evolución:
19 de Outubro: 1 firma
20 de Outubro: 1.728 firmas
21 de Outubro: 3.746 firmas
22 de Outubro: 5.128 firmas
23 de Outubro: 6.435 firmas
24 de Outubro: 7.012 firmas
25 de Outubro: 7.850 firmas
26 de Outubro: 8.300 firmas
27 de Outubro: 9.052 firmas
28 de Outubro: 9.846 firmas
29 de Outubro ; Chegamos ao noso obxectivo, superar os 10000 apoios
1 de Novembro 11140 persoas apoian que as mulleres teñan dereito a ser profesionais no mundo do futbol.
As futbolistas tamén queren ser profesionais, que se lles dea de alta na Seguridade Social, que non teñan que compaxinar o deporte a nivel profesional con outros traballo porque non lles dea para vivir.
Queren e teñen dereito.
A muller, en España, pode ser avogada, mestra, arquitecta, mineira, doutora... pero non pode vivir de darlle patadas a un balón.
Os clubes femininos poden asumir a profesionalidade en solitario, pero non teñen dereito a ser membros da Asamblea, a acollerse ao convenio colectivo, a dotarse dunha Liga de Fútbol Profesional, a beneficiarse das quinielas e contratos publicitarios. É dicir, non teñen nin voz nin voto.
O non permitirlle ás mulleres ser profesionais do futbol está empurrando aos equipos femininos a cometer ilegalidades, ao non poder asinar un contrato en condicións, a xogadora vese exposta, en caso dunha lesión grave, a quedar desprotexida, veríase na rúa, e sen ningún dereito.
O motivo de abrir esta páxina, é para axudar a liquidar estas e outras discriminacións que sofre a muller futbolista, agora que a lei do deporte, está en pleno debate no congreso dos deputados.
Logo de tanto diñeiro gastado en Proxectos de Igualdade, Concellerías e ata un Ministerio propio, seguen existindo casos flagrantes de discriminación e este, desde logo, é un deles.
Desde a Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá do Concello da Coruña queremos manifestar o noso total apoio a todas as mulleres futbolistas e en especial, ás futbolistas galegas.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario