A CAMPAÑA
Ao longo do transcurso deste ano 2010 son xa 60 as mulleres que perderon a vida vítimas do maior crime co que convivimos diariamente, como é o da violencia de xénero, a violencia exercida contra as mulleres por seren mulleres.
Estas accións criminais están, hoxe por hoxe, ben lonxe da súa desaparición. Desgrazadamente, nos próximos días, semanas, meses e seguramente anos continuaremos asistindo a este continuo goteo que en non poucas ocasións remata definitiva e traxicamente coa vida das mulleres. Neste ano, ademais, resalta o dato de que a mínima parte destas mulleres tiveran realizado denuncia, polo que non foi posible poñer todos os recursos dispoñibles desde a administración para protexer as súas vidas, como indica a moción aprobada polo Concello da Coruña o pasado 2 de novembro.
Na Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá consideramos, como xa expuxéramos no proxecto expositivo “DESENFOCADAS” , que a educación sentimental de nenas, adolescentes e mulleres promove uns roles e estereotipos en canto á relación de parella e a posición que a muller debe adoptar nela que favorece unha relación de sumisión que en ocasións conduce aos diferentes episodios de violencia de xénero que estas mulleres padecen ou padecerán. A educación, a formal, a que se recibe nos Centros educativos, é para nós unha das chaves do presente polas que procurar un mellor futuro. Un futuro de xustiza é un futuro igualitario onde o fenómeno da violencia de xénero non ten en absoluto cabida.
A imaxe e lema escollida nesta campaña parte da estética do relato infantil e do modelo “princesa” de conformación da personalidade feminina. “Que non che mintan, princesa” pretende facer un chamado de conciencia sobre os roles e estereotipos difundidos desdes o propio mundo do relato infantil e despois perpetuados desde todo tipo de produtos e situacións asociados á formación da persoa. Non se trata de poñer en tea de xuízo a existencia e disfrute destes relatos, pero si a necesaria reflexión sobre o que eses mesmos relatos nos transmiten, nomeadamente a aquelas persoas que viven o seu período de maduración.
Esta imaxe poderase ver repartida por practicamente toda a cidade através de perto de 60 mupis luminosos, como 60 son as vítimas deste ano, así como será proxectada entre os días 23 e 26 de novembro sobre o edificio da DOMUS, traducida popularmente como Casa do Home, entre o atardecer e as 12:00 horas da noite. O propio 23 realizarase un eventoinaugural a cargo do grupo de danza Entracaixas ás 19:00 horas. Así mesmo, dúas pasarelas en sentido entrada da cidade sobre Alfonso Molina incluirán tamén esta imaxe e este lema.
O ACTO CENTRAL
O acto central o propio 25 de novembro consistirá na instalación no Obelisco, en horario de mañá e tarde, dun “Bosque de desexos e palabras” contra a violencia de xénero. Trátase da recreación de dez árbores, realizados en materiais reciclables, coas súas correspondentes follas onde as/os cidadáns poderán escribir os seus desexos contra a violencia de xénero transformados en palabras. Esta instalación foi deseñada polas artistas Rebeca Ponte e Belén Cossío.
Para estimular o máximo de participación cidadá algunhas destas árbores percorreran os diferentes Centros Cívicos da cidade de cara a que desde estes Centros se estimule a participación de persoas que, doutra forma, non poderían formar parte da actividade se desenvolverá o propio 25 de novembro. Ese mesmo día, ás 12:00 horas da mañá, terá lugar o acto institucional do Concello da Coruña dentro da propia instalación, incluíndo a leitura dun manifesto.
DÍA CENTRO
17 C. C. e V. Pescadores
18 C.C. Monte Alto
C.C. San Diego
19 C.C. Castrillón
22 C.C. Elviña
C.C. Rosales
23 C.C. Labañou
C.C. Palavea
24 C.C. Mallos
C.C. Monelos
SEN PECADO CONCEBIDA
Este domingo 14 de novembro, a partir das 19:00 horas, terá lugar no Centro Cívico e Social de Mesoiro, coñecido tamén como Centro Cívico de Novomesoiro, a representación teatral "Sen pecado concebida", da compañía Mariclown. Esta obra dá comezo ás actividades que a Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá desenvolverá arredor da conmemoración do 25 de novembro, día internacional contra a violencia de xénero. O día 24 de novembro representarase no Centro Vívico de Labañou. Nas dúas ocasións esta obra comezará ás 19:00 horas. Esta obra fora estreada o 27 de marzo 2010 no Teatro Jofre de Ferrol, coincidindo co galo do Día Internacional do Teatro.
ARGUMENTO:
Esta traxicomedia comenza no funeral pola morte de Don Paco Mª da Pena, ilustre entre os ilustres, infiel esposo e un bon pai. Petarda alba, muller anacrónica, nai castrante e viuva polo estado civil, recrudece a relación coas súas fillas, Conchita e Purita. Terán que gardar loito por maís de oito anos........
A entrada é libre ata completar aforo.
DÍA HORA CENTRO
14 19:00 C.C.e S. Mesoiro
24 19:00 C.C. Labañou
OBRADOIROS DE PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO NA MOCIDADE
CONTAMOS X = Contamos por igual ( 5º e 6º de Primaria)
“Contamos X =” é unha intervención de carácter educativo que se enmarca dentro da campaña conmemorativa do vindeiro 25 de novembro, “Día Internacional para a eliminación da Violencia de Xénero”. Dita intervención realizarase nos centros educativos de ensino primario que a soliciten.
Ademais do propio espectáculo do “contacontos”, as historias que se conten permitirán un traballo posterior onde se analizará “o que pasou” nos contos, o que hai oculto, as implicacións no día a día, … A través de actividades lúdicas complementarase a proposta para que as nenas e os nenos poidan descubrir novos patróns de conduta máis igualitarios.
NIN PRÍNCIPES, NIN LARANXAS (4º da ESO)
A intervención “Nin príncipes, nin laranxas” forma parte do conxunto de actuacións enmarcadas dentro da campaña que o Concello da Coruña ,a través da Concellaría de Igualdade e Participación cidadá, realizará con motivo do vindeiro 25 de novembro “día internacional para a eliminación da Violencia de Xénero”.
O obxectivo xeral da intervención é desmontar os mitos e tópicos do denominado “amor romántico”, así como previr as situacións de violencia ,en todas as súas formas, durante as relación de noivado na mocidade.
Asemade, procuraremos xenerar unha reflexión crítica, sobre as diferentes discriminacións que as mulleres sofren no día a día, recorrendo para iso á presentación e análise de diferentes estudos estatísticos. Do mesmo xeito é fundamental desmitificar a idea de que a violencia exercida cara as mulleres nas relacións de parella, está asociada a unhas determinadas condicións sociais e culturais.
GALA “ELAS FALAN”
Espectáculo poético-musical do GRUPO OURIOL
TEATRO ROSALÍA DE CASTRO, VENRES 26 DE NOVEMBRO, 20:30 HORAS
“Elas fan valer a voz de todas as mulleres. A través dos seus poemas –estarrecedores, lúcidos , valentes, fermosísimos- revélannos algo que, máis aló das circunstancias históricas e biográficas nas que se producen, atinxen aos homes e ás mulleres de toda época e condición. Porque a poesía é coñecemento ou como escribiu Luísa Villalta: Isto é poesía. Un ruído provocado. [...] Un tambor que desperta. [...] Isto é tamén unha muller que resiste.
ELAS SON:
Anna Ajmátova (Rusia, 1889-1966). Tradución ao galego de Penélope Pedreira, Pilar Pallarés.
Marina Tsveitáieva ( Rusia,1892-1941). Trad. de Pilar Pallarés.
Sylvia Plath (Boston, 1932-Londres, 1963). Trad. de Xoán Abeleira
Alejandra Pizarnik (Bos Aires, 1936-1972). Trad. de Dores Tembrás
Nazik Al Malaika (Bagdad 1923-El Cairo 2007). Trad. De Teresa Seara
Luísa Villalta (A Coruña, 1957-2004).
Clarice Lispector (Ucrania 1920- Río de Xaneiro, 1977)
Pilar Pallarés (Culleredo -A Coruña, 1957).
Luz Pozo Garza (Ribadeo, 1922)
Wislava Szymborska (Polonia, 1923). Trad. de Pilar Pallarés.
OURIOL SON
EVA VEIGA, interpretación e selección dos poemas
FITO ARES, flauta traveseira
BERNARDO MARTÍNEZ, clarinete e percusións
Produción e presentación: Comba Campoy
Creación artística: Alfonso Costa
Vestiario: Charoa
Asesoramento atístico: Carlos Neira
Iluminación: Octavio Mas
Son: Andrés Teijeiro
Duración: 70 minutos
Entrada libre ata completar aforo.
Perfecto.
ResponderEliminarCampaña completísima, parabéns
ResponderEliminarEl jueves estaré en el "Bosque", Saludos.
ResponderEliminarLa campaña está de cine, pero en esta ciudad, existieron asociaciones sin ánimo de lucro, que ayudaban a víctimas de violencia de género, en donde mujeres regalaban su tiempo y dinero para ayudar a otras que sufrian daños psiquicos, físicos y carecían de recursos. La falta de ayuda de la administración hizo que cerrasen. Las ayudas de la Xunta llegan tarde, mientras tanto ¿de que viven estas mujeres y sus hijos?. La campaña, repito, está muy bien, pero a demás de la concienciación se necesita ayuda en el día a día. Menos publicidad y mas realidad.
ResponderEliminarCompartimos algunhas das túas apreciacións, mais non cremos que desde a nosa Concellaría nos adiquemos máis á publicidade que á realidade. Esta campaña non é publicidade, é sensibilización e educación en igualdade.
ResponderEliminarComo ya he dicho estoy de acuerdo en que se trate de sensibilizar y fomentar la educación en igualdad, esa, todos sabemos, es la base para que que este mal "genetico" de nuestra sociedad se cure. Haced campañas en colegios, se gasta menos en carteles, y, a la larga, estoy segura que nuestros hijo e hijas estaran mejor educados y viviran en una sociedad sin diferencias, existe una asignatura "proyecto interdisciplinar" en la que se podrían incluir seminarios sobres este tema, por ejemplo. Pero las mujeres maltratadas y sus hijos tienen que comer, vestir, VIVIR, y si se cortan las iniciativas particulares en este sentido, si no se ayuda a la gente que quiere y puede ayudar pasa lo que pasa, según parece la Administración puede con todo, pero no teneis mas que ver el número de víctimas de este año. Creo que sabeis de la que hablo ¿verdad?.
ResponderEliminarPódese descargar desde algún sitio o vídeo desta campaña que se ve nos buses urbanos?
ResponderEliminarEntra no noso buzón da dereita e contacta con nós. Podo enviarche un arquivo coa animación.
ResponderEliminarMe parece fantástica cualquier iniciativa para proteger a mujeres que han tenido la gran desgracia de sufrir cualquier tipo de maltrato, pero también me gustaría exponer y recordar a aquellos hombres, que tienen la misma desgracia de sufrir exactamente cualquier tipo de maltrato por parte de sus parejas. Sabemos que son un grupo más minoritario y sabemos que la sociedad hace aún más minoritarias sus voces de auxilio. Pero por favor, convirtamos entre todos la mal llamada "violencia machista" en "violencia de género" ayundando así a cualquier PERSONA.
ResponderEliminar