Ás 9:30 horas de mañá, mércores 3 de novembro, inaugúrase oficialmente o Curso de Limpeza Industrial organizado pola Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá e que se desenvolverá nas instalacións da oficina Municipal do URBANA-C -Rúa Corcubión, 8- ata o próximo 14 de decembro.
É este o segundo Curso posto en marcha dirixido a rapazas e mulleres do barrio da Agra do Orzán despois de que a semana pasada dese comezo o Curso de Educación Secundaria para Adultos.
Estes son os datos relativos ao Curso de Limpeza Industrial:
NOME DO CURSO: CURSO LIMPEZA INDUSTRIAL
DATAS DE REALIZACIÓN: 3 de novembro ao 14 de decembro 2010 (horas lectivas na aula).
O curso ten unha carga lectiva de 130 horas:
- 108 horas de teoría en aula.
- 22 horas de prácticas en empresas do sector.
TEMARIO:
Contexto social e empresarial da limpeza.
Coñecementos sobre produtos.
Coñecementos sobre suciedade, limpeza e superficie.
Técnicas e utensilios de limpeza.
Método de limpeza.
Organización do traballo.
Prevención de riscos laborais.
Calidade na limpeza. / Sensibilización medioambiental.
Módulo de igualdade de oportunidades.
Módulo de orientación laboral.
HORARIO: de luns a venres de 9:30 a 13:30 horas
DIRECCIÓN: r/ Corcubión 8, baixo.
15010 A Coruña
CONTACTO NO PROGRAMA: Esperanza Castelo ou Chus Vizcaíno.
TELÉFONO: 981 92 62 48
(luns, mércores e venres de 9:30 a 14:00 h.)
No hay comentarios:
Publicar un comentario