5.10.10

Nova convocatoria á Mesa de Concertación do Plan de Programación do Tempo da Cidade da Coruña

Desde a Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá estamos poñéndonos en contacto novamente coas entidades sociais co obxecto de convidalas a participar na última mesa de concertación do Plan de Programación do Tempo.

No marco desta iniciativa celebráronse xa varias xuntanzas nas que se recolleu información e se debatiu profundamente, xunto a asociacións e entidades, sobre os usos do tempo na cidade da Coruña.

Resultado deste traballo, editamos a publicación "Diagnose aplicada sobre os usos do tempo na cidade da Coruña" (podedes lela e descargala no enlace anterior), e definíronse e priorizáronse os eixos de intervención e as medidas a implantar, centradas en aspectos como a flexibilidade de horarios laborais, os servizos que melloran a xestión dos tempos, a mobilidade ou a importancia de implementación de medidas vencelladas ás TIC,s.

Convidamos ás entidades a participar nesta última xuntanza da Mesa de Concertación coa finalidade de presentar as medidas e actuacións concretas que estarán incluídas finalmente no Plan de Programación do Tempo da Cidade da Coruña.

No caso de non contar co material de traballo manexado durante o desenvolvemento deste proceso (diagnose ou cuestionario de priorización), a Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá achegarao antes do inicio da sesión.

A Mesa de Concertación celebrarase hoxe martes, 5 de outubro, ás 18,30 h., na Fundación Paideia (Praza de María Pita, 17).

Descargar documentación da xornada.

Agradecemos de antemán a participación de todas as persoas en dita Mesa. Para calquera información relativa a este proceso podedes chamar ao 981 189 869. Tamén podedes enviarnos un correo electrónico a igualdade@coruna.es

Vémonos pola tarde!!!!

A concelleira de Igualdade e Participación Cidadá,
Margarida Vázquez Veras

No hay comentarios:

Publicar un comentario