Mostrando entradas con la etiqueta Casa Museo Emilia Pardo Bazán. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Casa Museo Emilia Pardo Bazán. Mostrar todas las entradas

9.3.10

Inauguración da exposición "Visibilidade". Unánime valoración positiva entre as persoas asistentes.


Onte, 8 de marzo, inaugurouse a exposición VISIBILIDADE, acto central do Concello da Coruña para a conmemoración do Día internacional das mulleres. O aplauso ante a montaxe desenvolvida nesta sala de exposicións do Palacio de María Pita foi, francamente, unánime. O responsable desta, Jose Luis Rey, destacou a creación dun contorno escuro que "visibiliza" as pezas alí expostas así como pon en valor os contidos que se queren transmitir.



Durante o acto inaugural, a Concelleira de Igualdade e Participación Cidadá, Margarida Vázquez, xenerou unha grande expectación entre as persoas asistentes ao convidalas a traspasar o muro que antecede para visibilizar eses labores e traballos menos valorados, ás veces invisibles, que realizan principalmente as mulleres. Na foto superior, inytervención de Margarida ante o Alcalde e varios membros do goberno municipal como Quique Tello, María Xosé Bravo, Mario López Rico, todos eles á esquerda, e Nieves Vázquez, Obdulia Taboadela e Yoya Nreira á dereita.

Posteriormente, o Alcalde da Coruña, o señor Javier Losada, destacou os diferentes programas que o Concello da Coruña desenvolve para favorecer a conciliación da vida laboral, familiar e persoal así como a inminente posta en marcha dun Plan de Conciliación Local, para o que a nosa concellaría conta co apoio do departamento de Persoal así como unha subvención europea dentro do programa "Equilibrio entre a vida laboral, familiar e persoal no Estado español e en Noruega", desenvolvido polo Ministerio de Igualdade.



A continuación destas intervencións, os asistentes iniciaron o acceso á sala non sen antes atoparse frontalmente cunha enorme representación da imaxe escollida este ano pola Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá para a promoción e reivindicación deste día: A palabra VISIBILIDADE sobrescrita nun estropallo de limpeza que agarra unha man feminina enfundada nun guante azul-violáceo de goma. Unha aposta decididamente atrevida e conceptual creada pola deseñadora Uqui Permui. Estaríamos, pois, ante unha man que ben puidera ser a de calquera das mulleres que realizan os calados e invisibles labores do fogar, non remunerados nin valorizados, ou ben a dunha das múltiples mulleres que profesionalizaron eses traballos para atoparse cunha absoluta falta de consideración social destes. Unha imaxe que é todo un achádego.


O Alcalde da Coruña e a Concelleira de Igualdade contemplan divertidos unha imaxe de Margarida solucionando problemas mecánicos na propia Praza de María Pita. O texto elaborado por Vitoria Rei lembrábanos como a presenza de mulleres nos estudos relacionados coa mecánica é, aínda hoxe, totalmente testemuñal.


De xeito moi semellante, traballos e profesións como a albanelería ou a pintura "de brocha gorda" semellan aínda terreo prácticamente vedado ás mulleres. Nestas instantáneas, Ángeles Penas, directora do Museo de Belas Artes, e Carmen Marón, segunda Tenente de Alcalde e responsable das áreas de Economía e Facenda.


Varias asistentes contemplan a imaxe de Antonio Couceiro, director xerente de Begano S.A.


Uqui Permui, deseñadora do cartel conmemorativo, acompañada de Anxela Caramés.


Ana Montes, Xerente de IFECO-Recinto Ferial EXPOCORUÑA, ao volante do Ferrari de Kimi Räikkönen.


Nesta foto vemos reunidas de esquerda a dereita a Uqui Permui, autora da imaxe visual que vemos tras elas, Anxela Caramés, Elba Fernández "Pequena Suricata", autora das imaxes desta exposición, e Ana Luísa Bouza, última Directora Xeral do Servizo Galego de Igualdade.


Nesta simpática e sorpresiva instantánea Xulia Santiso, Directora da Casa Museo Emilio Pardo Bazán, comproba os diferentes materiais empregados polos responsables da impresionante montaxe.


Deixámosvos uns enlaces de prensa:




En definitiva, un día para recordar e para reivindicar.


17.9.09

Últimas dúas xornadas ‘Contra vento e marea. Verbas e pegadas dos Feminismos’


• NELAS FAISE UN PERCORRIDO DESDE AS PRIMEIRAS LOITAS FAMINISTAS DO SÉCULO XIX ATA Á ACTUALIDADE FACENDO ESPECIAL FINCAPÉ NO ÁMBITO GALEGO E TENTADO AMOSAR UNHA PANORÁMICA AMPLA E PRURAL

• ORGANIZA A CASA-MUSEO EMILIA PARDO BAZÁN EN COLABORACIÓN COA CONCELLARÍA DE IGUALDADE E PARTICIPACIÓN CIDADÁ E A DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Coruña, 16 de setembro de 2009.- A Casa-Museo Emilia Pardo Bazán acollerá o peche das xornadas ‘Contra vento e marea. Verbas e pegadas dos Feminismos” que terán lugar hoxe e mañá.

Hoxe, ás 17.00 horas, Aurora Marco ofrecerá unha conferencia baixo o título ‘Pioneiras e anónimas’ na que rescatará figuras femininas do ámbito galego, anónimas e pioneiras de finais do século XIX até a Guerra Civil. Profesora de Didáctica da Lingua de Literatura Galega na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago. É autora do ‘Diccionario de mulleres galegas. Das orixes a 1975’ (2007), ‘Vidas de mestras’ (2002) ou ‘As precursoras. Achegadas para o estudo da escrita feminina’ (1993).
Tamén terá lugar ás 19.00 horas a actividade ‘Contenedor de Feminismos: as loitas conserveiras’ no que intervirán Loli Romero Lores, Mari Luz García Vigo, Uqui Permui e Carme Nogueira, actividade coa que se retomará o arquivo feminista de Galicia.
Ás 21.00 horas terá lugar a inauguración do contenedor de feminismos na entrada da Real Academia Galega.




Venres, 18 de setembro 2009

Suspendese a conferencia de Beatriz Preciado por motivos persoais co que o programa de actividades para o venres comezará ás 18.00 horas (adiántase unha hora da programación orixinaria) a mesa redonda ‘A revolución dos xéneros’ con Beatriz Suárez Briones e Rubem Centeno Paradela que falará da revisión das masculinidades, facendo unha revisión do movemento gai. Sociólogo e activista do coletiva queer Maribolheras Precarias da Coruña, integrnates da rede internacional polo ‘Descontrol do xénero e sexual’. Teñen desenvolto numerosas campañas e accións en torno a problemáticas de xénero, sexualidade, migración e precariedade laboral. Organizaron as primeiras manifestacións queer, como alternativa ao institucionalizado Día do Orgullo Gai, en Galicia. Editan ademais a revista ‘As+perralheiras’.

As 21.00 horas terá lugar o making-off de xénero ‘Os Dildos’ de Chévere que terá lugar no Paraninfo da Universidade. Un espectáculo que consta de dúas partes. Por un lado, unha charla parateatral sobre a construción e a deconstrución dos xéneros e por outra parte o concerto punk-rock de Os Díldos, con letras inspiradas no ‘Manifesto Scum’ de Valerie Solanas.


14.9.09

Xogo de Damas. Construción de espazos de recreación, de Mónica Cabo.

O pasado venres 11 de setembro inaugurouse a construción artística Xogo de damas. Contrución de espazos de recreación, obra da artista Mónica Cabo, e que se poderá visitar ata fins deste mes na muralla da cidade vella, á altura da Fundación Luís Seoane.

"Quería que a área elixida do espazo público, ao ser intervida polos efectos da experiencia lúdica do patchwork, puidera converterse nun novo lugar de ocio para os cidadáns", indicounos a responsable desta obra.

Non fai falla que vos recomendemos a súa visita. Estas imaxes falan por si soas.
No centro da seguinte imaxe de satélite, onde se aprecian dúas estruturas horizontais de formigón, podedes observar o lugar exacto onde se ubican as dúas obras de Mónica.


















11.9.09

Fotos da xornada de onte de Contra Vento e Marea













ATENCIÓN.....A VER SE RECOÑECEDES A ESTES.....PERSONAXES!!!!!!!!!






Tarde intensa na Casa Museo........

Novo éxito de asistentes a estas Xornadas Contra Vento e Marea. Verbas e Pegadas dos Feminismos, que se están a celebrar na Casa Museo Emilia Pardo Bazán e que están apoiadas, entre outros, pola nosa Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá. De feito, o Salón de actos da Real Academia Galega, unha sorte de bastión da masculinidade que está a ser feminizado a marchas forzadas grazas aos esforzos de Xulia Santiso, Anxela Caramés e todas as persoas que están a participar, contou novamente coa presenza de Margarida Vázquez Veras, a nosa concelleira, quen valorou máis que positivamente tanto a elección do programa de charlas e actividades paralelas como a resposta do público, non só coruñés, todo hai que dicilo, senon chegado tamén dos concellos da nosa comarca.


Nesta foto, Anxela Caramés (esquerda) modera o debate posterior ás intervencións de María Jesús Fariña (centro) e Carmen Blanco (dereita) sobre as figuras de Emilia Pardo Bazán e Rosalía de Castro, respectivamente.


Nesta outra instantánea, tomada durante o debate sobre o papel e situación das traballadoras do fogar, vemos, de esquerda a dereita, a Anxela Caramés, Rocío Fraga (Nonmepisesofreghao), Carmela Casal (Xiara), Paula lobagueira (Centro de atención Hogar-Cáritas) e Marta Casal (ACSUR).


As fotos do Maribingo-Cóckteil colgarémolas nun momentiño.......sede pacientes!!!

10.9.09

Rosa Cobo ofrecerá mañá unha conferencia baixo o título ‘Feminismos: Diferencia e Igualdade’



 A CONTINUACIÓN TERÁ LUGAR DEBATE SOBRE AS REVISTAS FEMINISTAS GALEGAS COA PARTICIPACIÓN DE REPRESENTANTES DAS REVISTAS ANDAINA E FESTA DA PALABRA SILENCIADA

 TAMÉN MAÑÁ INAUGURASE O DE XOGO DE DAMAS DE MÓNICA CABO NA MURALLA DO HOSPITAL MILITAR

 HOXE SERÁ MARÍA JESÚS FARIÑA BUSTO E CARMEN BLANCO FALARÁN DAS FIGURAS DE EMILIA PARDO BAZÁN E ROSALÍA DE CASTRO ÁS 17.00 HORAS. A CONTINUACIÓN TERÁ LUGAR UNHA MESA DE DEBATE SOBRE AS TRABALLADORAS DO FOGAR NO QUE PARTICIPARÁN DISTINTAS ASOCIACIÓNS SOCIAIS (XIARA, ACSUR, CENTRO ATENCIÓN HOGAR-CÁRITAS, E NOMEPISESOFREGHAO). A XORNADA REMATA COA REPRESENTACIÓN DE ‘MAIBINGO-CÓCTEL’ A CARGO DO GRUPO MARIBOLHERAS PRECÁRIAS

A Coruña, 10 de setembro de 2009.- As xornadas ‘Contra Vento e Marea. Verbas e pegadas dos feminismos’ organizadas pola Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá que dirixe Margarida Vázquez, continúan hoxe coas conferencias de María Jesús Fariña Busto e Carmen Blanco que falarán das figuras de Emilia Pardo Bazán e Rosalía de Castro (Casa- Museo Emilia Pardo Bazán, 17.00 horas). A continuación terá lugar unha mesa debate sobre ‘As traballadoras do fogar’ no que participarán as asociacións Xiara, ACSUR, Centro de Atención Hogar- Cárias, e Nomepisesofreghao.
Xornada de hoxe remata ás 21.00 horas coa representación de Maribingo a cargo de Maribolheras Precarias. Os ‘maribingos’ son unha recuperación dos tradicionais bingos nos que as mulleres de xerazóns anteriores atopaban un lugar onde poder reunirse e falar das súas cousas, superando o ámbito do doméstico e equiparándose ás actividades de tipo social dos homes. O colectivo reiventa este formato dotándolle dun contido crítico respecto ao xénero, pero sen esquecer o compoñénte lúdico de festa, na liña do resto das súas accións e produccións.
Venres, 11 de setembro
As xornadas ‘Contra vento e marea. Verbas e pegadas dos feminismos’ continúan mañá coa conferencia de Rosa Cobo que analizará e explicará as diversas correntes feministas desenvolvidas na segunda metade do século XX: diferenza, igualdade, construccionismo... Será na Casa-Museo Emilia Pardo Bazán ás 17.00 horas.
Rosa Cobo, profesora na Facultade de Socioloxía de A Coruña, onde foi unha das fundadoras do Seminario Interdisciplinar de Estudos Feministas. Foi codirectora do Máster Experta en Xénero e Políticas de Igualdade. Ten escrito abundantes artigos sobre xénero e actualmente investiga sobre feminismos, multiculturalidade e globalización.
Durante a xornada de mañá venres terá lugar un debate tamén na Casa Museo Emilia Pardo Bazán ás 19.00 horas sobre Revistas feministas galegas na que intervirá a editora xefa da revista Andaina vencellada desde o principio ao Movemento Feminista Galego, e María Xosé Queizán, directora da revista de cultura Festa da palabra silenciaza que saíu á luz no ano 1983 co propósito de sacar da escuridade a escrita feminina e as teorías feministas vixentes nese momento.

Ás 21.00 horas as xornadas trasládanse á muralla do Hospital Militar para a inauguración de Xogo de Damas a cargo de Mónica Cabo. Esta artista posiciónase desde o activismo queer para subverter os roles de xénero tradicionais, amosando corpos e prácticas sexuais alonxadas de calqueira tipo de normativización social. A propia artista explica que “quería que a área elixida do espazo público, ao ser intervida polos efectos da experiencia lúdica do patchwork, puidera converterse nun novo lugar de ocio para os cidadáns. Non sería tanto invadir a rúa a través de prácticas do ámbito privado como crear un lugar que aluda á memoria colectiva, recuperando de materiais de construción dos nosos fogares como o sintasol”.
O lema "Contra vento e marea" fora elixido por Emilia Pardo Bazán para reivindicar o seu compromiso co traballo intelectual tendo en conta as evidentes trabas da época. Interésanos poñer en valor o legado da Condesa na actualidade, unha figura recoñecida pola súa defensa na debatida cuestión da educación das mulleres. Así, nestas xornadas esperase manter esta mesma pulsión de liberdade, recollendo a testemuña do espírito aberto e transgresor da primeira muller catedrática da Universidade española.
Por isto a Concellaría de Igualdade propón un achegamento ás cuestións de xénero a través de dous bloques temáticos, pioneiras e anónimas e feminismo(s), facendo un percorrido desde as primeiras loitas feministas do século XIX ata a actualidade, con especial fincapé no ámbito galego, tentando amosar unha panorámica ampla e plural (teoría, activismo, literatura, arte) por medio de conferencias, debates, teatro, danza e intervencións artísticas na rúa.


9.9.09

Mañá continúan as xornadas ‘Contra vento e marea. Verbas e pegadas dos Feminismos’ na Casa-Museo Emilia Pardo Bazán



 MARÍA JESÚS FARIÑA BUSTO FALARÁ MAÑÁ DA FIGURA EMILIA PARDO BAZÁN E CARMEN BLANCO FALARÁ DA FIGURA DE ROSALÍA DE CASTRO, SEGUIDO DUNHA MESA REDONDA SOBRE AS TRABALLADORAS DO FOGAR E UNHA REPRESENTACIÓN A CARGO DE MARIBOLHERAS PRECARIAS

 NESTAS XORNADAS FAISE UN PERCORRIDO DESDE AS PRIMEIRAS LOITAS FAMINISTAS DO SÉCULO XIX ATA Á ACTUALIDADE FACENDO ESPECIAL FINCAPÉ NO ÁMBITO GALEGO E TENTADO AMOSAR UNHA PANORÁMICA AMPLA E PRURAL

 ORGANIZA A CASA-MUSEO EMILIA PARDO BAZÁN EN COLABORACIÓN COA CONCELLARÍA DE IGUALDADE E PARTICIPACIÓN CIDADÁ E A DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Coruña, 9 de setembro de 2009.- Mañá xoves continúan as Xornadas de ‘Contra vento e marea. Verbas e Pegadas dos Feminismos’ organizadas pola Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá que dirixe a nacionalista Margarida Vázquez, en colaboración coa Casa-Museo Emilia Pardo Bazán e a Deputación, nas que se inclúen conferencias, debates, teatro, danza e intervencións artísticas na rúa.
A xornada de mañá conta coa conferencia de María Jesús Fariña Busto e Carmen Blanco ás 17.00 horas quenes falaran das figuras de Emilia Pardo Bazán e Rosalía de Castro respectivamente.
María Jesús Fariña Busto presentará a figura de Emilia Pardo Bazán densde o feminismo. Profesora de Literatura, Española na Universidade de Vigo. A súa investigación está centrada na obra de escritoras, fundamentalmente hispanoamericanas como Cristina Peri Rossi, desde unha perspectiva teórica feminista. Ten publicado diversos artigos especializados e é coeditora de Escribir en femenino: poéticas e políticas (2001).
Carmen Blanco falará de Rosalía de Castro desde unha óptica feminista. Profesora de Literatura Galega na Facultade de Humanidades do Campus de Lugo (USC). Participou activamente no movemento feminista galegos desde os anos setenta. Escribiu numerosos libros sobre cuestións referidas á escrita de mulleres ou a relación do xénero co poder, como O contradiscurso das mulleres (1995) ou Sexo e lugar (2006).
Despois destas dúas conferencias, ás 19.00 horas, terá lugar unha mesa dedebate sobre as ‘Traballadoras do fogar’ na que participarán representantes de distintas entidades como Xiara, ACSUR, Centro Atención Hogar-Cáritas, e Nomepisesofreghao.
A xornada rematará ás 21.00 horas coa representación de Maribingo a cargo de Maribolheras Precarias. Os ‘maribingos’ son unha recuperación dos tradicionais bingos nos que as mulleres de xerazóns anteriores atopaban un lugar onde poder reunirse e falar das súas cousas, superando o ámbito do doméstico e equiparándose ás actividades de tipo social dos homes. O colectivo reiventa este formato dotándolle dun contido crítico respecto ao xénero, pero sen esquecer o compoñénte lúdico de festa, na liña do resto das súas accións e produccións.
O lema ‘Contra vento e marea’ fora elixido por Emilia Pardo Bazán para reivindicar o seu compromiso co traballo intelectual tendo en conta as evidentes trabas da época. Con esta actividade búscase poñer en valor o legado da Condesa na actualidade, unha figura recoñecida pola súa defensa na debatida cuestión da educación das mulleres.
Así, proponse unhas xornadas de achegamento ás cuestións de xénero nas que a través de dous bloques (pioneiras e anónimas e feminismo) farase un percorrido desde as primeiras loitas feministas do século XIX ata a actualidade, facendo especial fincapé no ámbito galego e tentando amosar unha panorámica ampla e plural.
As xornadas son gratuítas, de acceso libre e realizaranse na Casa Museo Emilia Pardo Bazán (rúa Tabernas, 11) todos os xoves e venres do mes de setembro.

4.9.09

Con vento a favor......


Difícilmente poderíamos imaxinar un mellor comezo ao ciclo de Xornadas "Contra Vento e Marea. Verbas e Pegadas dos Feminismos". A primeira boa noticia foi saber, por boca da Directora da Casa-Museo, Xulia Santiso, que o acto se trasladaba ao Salón de Actos da Real Academia Galega, antigo e clásico templo da masculinidade intelectual vedado ás mulleres ata hai ben pouco tempo. O motivo deste traslado forzado foi a cantidade de público asistente que tiña ateigado o local inicialmente previsto desde quince minutos antes das 17:00 horas.

A expectación por escoitar e compartir sentimentos e vivencias con María Reimóndez, autora de "O Club da Calceta", e da máis recente "Pirata", era enorme, como enorme foi a ovación que se levaron tanto María como as actrices Elina Luaces e Laura Ponte ao final da tarde, contra as 20:00 horas.


Seguindo o modelo das tertulias, María Reimóndez departiu co numeroso público sobre O Club e sobre feminismo nun formato ameno que non defraudou, tamén en moi boa parte grazas a Xulia Santiso, quen exerceu de mestra de cerimonias demostrándonos a tod@s que non era a primeira gran tertulia que dirixía e coordinaba.


Ás 19:00 horas en punto as actrices Elina Luaces e Laura Ponte interpretaron dous monólogos extraídos desta novela e da súa adaptación ao teatro. Magníficamente interpretados por estas mulleres, puxeron o broche de ouro a esta primeira intensa, entretida e calurosa xornada.


Para o día de hoxe, a cita trasládase ao Paraninfo da Universidade onde, ás 21:00 horas, Experimentadanza Teatro presentará A Cita. Agardamos contar con tod@s as persoas, homes e mulleres, que gozastes nesta fabulosa tarde de 3 de setembro.