Mostrando entradas con la etiqueta web. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta web. Mostrar todas las entradas

28.7.10

Actividades do programa ADA e folla de inscrición

Deixámosvos aquí cumprida información sobre os cursos que están prontos a comezar dentro das actividades do noso Programa ADA.

Para contactar directamente co programa, entrade no espazo web de ADA.





29.6.10

Participa na elaboración do II Plan de equidade do Concello da Coruña


Xa se pode participar na elaboración da diagnose de xénero previa á realización e efectivización do II Plan para a promoción da equidade do Concello da Coruña. Os enlaces desde onde podes intervir son os seguintes:


Web de Igualdade e Participación Cidadá en coruna.es

Blog de Igualdade en galego

Blog de Igualdade en castelán


Por outra banda, a prensa local faise eco da presentación do inicio desta campaña:


Voz de Galicia

Opinión de A Coruña

Ideal Gallego

12.5.10

A Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá estrea novo espazo web


• A CONCELLEIRA, MARGARIDA VÁZQUEZ PRESENTOU O NOVO ESPAZO WEB ESTA MAÑÁ QUE SE SUMA AOS ESPAZOS XA EXISTENTES COMO OS BLOGS IGUALDADE CORUÑA, PARTICIPACIÓN CORUÑA OU MULLERES ARTE+PARTE ASI COMO UN CANAL PROPIO EN YOUTUBE, FACEBOOK E TWITTER

• PÓDESE ACCEDER A NOVA WEB DESDE HOXE NAS DIRECCIÓNS: WWW.CORUNA.ES/IGUALDADE OU WWW.CORUNA.ES/PARTICIPACION


A Coruña, 12 de maio de 2010.- A Concelleira de Igualdade e Participación Cidadá, Margarida Vázquez, presentou esta mañá a nova web da súa Concellaría, accesible desde a web municipal coruna.es. Esta nova ferramenta para a promoción, difusión e intercambio de ideas súmase aos espazos xa existentes como os blogs Igualdade Coruña, Participación Coruña ou Mulleres arte+parte, así como un canal propio en youtube, facebook, cuns dous mil seguidores, ou twitter.

A partir dun deseño inspirado na propia web municipal, de cara a manter ante os potenciais usuarios unha aparente relación co conxunto da web do Concello da Coruña, a Concellaría de Igualdade e Participación explora ao máximo as súas posibilidades procurando, por un lado “o acceso ao máximo de información con apenas dous clics”, como sinalou Margarida Vázquez, así como unha desexada interrelación e intercomunicación da Concellaría cos usuarios e usuarias da web mediante o uso de aplicacións que permiten comentar as noticias, abrir foros de debate, colgar enquisas, compartir as novas nas diferentes redes sociais, etc.



Persoal técnico da Concellaría foi o encargado de subir todos os contidos dispoñibles. Esta web estaba pendente desde a creación da Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá hai menos de tres anos, polo que o seu deseño foi sufragado desde o Departamento de Planificación do Concello.

Desde hoxe pódese acceder a esta nova web entrando a través da dirección www.coruna.es, ou directamente en www.coruna.es/igualdade ou www.coruna.es/participacion

Esta web consta dun portal de INICIO, desde o que se pode acceder tanto aos contidos exclusivos da área de Igualdade como os de Participación Cidadá. Neste último apartado, resaltan o uso dunhas enquisas abertas que solicitan das e dos cidadáns a súa opinión sobre diferentes programas que desenvolve a Concellaría, aínda que Margarida Vázquez adiantou que no futuro poderán referirse a todo tipo de temas de interese cidadá.


4.5.10

Foro de debate: o pano galego e o hiyab


Estes últimos tempos está aberto entre a cidadanía un debate que agroma nos diferentes Estados europeos que acollen un importante número de persoas procedentes de lugares de tradición relixiosa musulmana: o “hiyab”.

Efectivamente, o confronto entre o dereito das mulleres e rapazas a levar ese pano na cabeza como símbolo cultural, segundo din uns, ou como símbolo de respecto relixioso, como sinalan outras fontes, está a provocar unha gran controversia arredor dos límites desta liberdade.

A negativa dun Centro de ensino público a permitir a unha rapaza de orixe magrebí entrar no Centro con ese “hiyab” posto e os cambios regulamentarios que outros Centros do contorno aprobaron estes días, para recoller este conflitivo aspecto que impediría tamén a entrada de rapazas neses Centros se levasen posta esta prenda, aprofundou aínda máis a discusión establecida entre os defensores da liberdade das rapazas á hora de usar un pano na cabeza e as persoas que, considerándoo un símbolo de sumisión da muller a respecto do home, solicitan unha medida restritiva de carácter xeral.

O antropólogo galego Manuel Mandianes, nunha interesantísima entrevista aparecida nun medio de comunicación local, sinala que o pano galego foi, no comezo, un símbolo de sumisión: “El pañuelo gallego, o pano, como se llamaba, era un símbolo de sumisión. Tiene un origen religioso que ya se encuentra en la Biblia. En el caso del hiyab que llevan las mujeres árabes, supone también un símbolo de sumisión al hombre. Y aquí no solo se utilizaba el pañuelo, sino también el velo para ir a la iglesia, donde las mujeres debían ir cubiertas y los hombres descubiertos. -Así que, al menos en su origen, ambas prendas no se diferencian tanto(...)” LER ENTREVISTA COMPLETA AQUÍ.

Participa neste foro de debate dándonos a túa opinión ao respecto deste tema.


27.4.10

Foro de debate: Cosmética e estética


As actrices Penélope Cruz, Mo`Nique e Julia Roberts veñen de escandalizar a sociedade benpensante de Hollywood, e por extensión a toda a occidental, coa súa férrea defensa do vello feminino, isto é, dunha política estética da non-depilación. A idea xenerou moitísimos máis rexeitamentos que apoios, mesmo entre o conxunto das mulleres, se ben son cada vez máis as actrices xóvenes de Hollywood que se apuntan a esta defensa. Mulleres consideradas universalmente belas e que defenden un outro modelo de beleza alonxado dos cánones actuais.

A nosa Concellaría, a través do Proxecto DESENFOCADAS, analizou os contidos das revistas dirixidas a rapazas novas, atopándose con condicionantes esaxerados de corte estético desde moi temprana idade: pernas curtas ou longas, brazos curtos ou longos, orellas grandes ou pequenas, colo estreito ou ancho, cadeiras prominentes ou escasas, peito avultado ou plano, porosidade evidente no pel da cara, coloretes ou palidez......Todos estes condicionantes levan asociados produtos, cosméticos ou estéticos, que son incitados para o seu consumo. Cando estas rapazas crecen, as publicacións dirixidas ao público adulto reinciden na mesma temática prácticamente ata a vellez.

Actualmente, as publicacións masculinas máis sonadas comezan a introducir elementos como a depilación, a musculación, o ton do pel, as tatuaxes, as bolsas dos ollos, a falta de pelo na cabeza.....Son todos eles condicionantes masculinizados asociados tamén a produtos cosméticos e/ou pretendidamente naturais.

E isto último un auténtico sinal de igualdade real? Éo talvez a defensa desas mulleres do seu vello feminino? Vivimos realmente condicionados por estes estereotipos estéticos? Son obrigas reais nacidas dos nosos reais sentimentos para co sexo que nos atrae? Cara onde camiñamos?

Participade neste espazo

3.7.09

Igualdad Coruña, a nosa porta de entrada ao mundo hispano-falante.


Por sorte, son cada vez máis as persoas non galegas ou galegas castelán-falantes interesadas nas políticas de Igualdade e Participación Cidadá que se están a desenvolver no noso Concello.

Últimamente mantivemos contactos con entidades e institucións de León, Barakaldo, Córdoba ou Valencia. Moi especialmente en todo o que se refire aos Canguros Municipais, mais tamén en canto ás políticas de participación. Concretamente, o Programa ADA para a integración das mulleres inmigradas extracomunitarias, do que vos falaremos pronto.

É por isto que, desde a nosa Concellaría, decidimos poñer en marcha un portal único que integrase diferentes post, escollidos entre os dos nosos blogs de Igualdade e Participación Cidadá, traducidos ao español, como un recurso máis para a promoción e extensión das políticas que levamos a cabo desde o noso Departamento.

Na columna superior dereita podedes atopar o enlace a un tradutor web galego-español moi atinado ( non sempre é así ), pero para as persoas ás que lles poida resultar complicado o seu uso, xa que a función de tradución web aparece ao final da páxina, decidimos poñer en marcha esta Igualdad Coruña que esperamos sexa do voso agrado e utilidade.


30.6.09

Nova web do Grupo Municipal do BNG.


O grupo municipal do BNG dispón dunha nova ferramenta para a comunicación, transmisión e recepción de información. Trátase da nova web, á que vos recomendamos que vos acheguedes. Dispoñedes de todos os enlaces a continuación, pero poderedes atopalos sempre na columna da vosa dereita, na sección de Enlaces de Interese. Agardamos os vosos comentarios.