3.4.09

Exposición "O traballo visible das coruñesas"


NOTICIA DE ÚLTIMA HORA:

DEBIDO AO ÉXITO ENORME E Á CANTIDADE DE PETICIÓNS DE NUMEROSAS E NUMEROSOS VECIÑOS SOLICITANDO QUE SE AMPLIASEN AS DATAS PARA PODER VISIONALA, ACORDOUSE A SÚA PERMANENCIA NA SALA DE EXPOSICIÓNS DE MARÍA PITA ATA O 17 DE MAIO.




Entre o 17 de marzo e o 26 de abril poderemos gozar da oportunidade de visitar, na sala de exposicións do Palacio Municipal de María Pita, da exposición adicada ao traballo fóra do fogar das mulleres entre os séculos XVIII e primeir metade do XX. Compoñen esta exposición documentos e gravados orixinais procedentes do Arquivo Municipal da Coruña, destacando entre todos eles as reproducións a gran tamaño de fotografías e recortes de prensa. Quen visite "O traballo visible das coruñesas" terá a oportunidade de contemplar e admirar, con sumo realismo, as diversas tipoloxías e casuísticas relativas ao traballo das mulleres da nosa cidade abranguendo un momento histórico relativamente recente.



Cartel conmemorativo das actividades arredor do 8 de Marzo, Día Internacional das Mulleres. Concellería de Igualdade e Participación Cidadá do Concello da Coruña (I+PC)




Redeira no Porto da Coruña. Foto procedente da exposición "O traballo visible das coruñesas"




Inauguración da exposición por parte do Alcalde Don Francisco Javier Losada de Azpiazu. Ao fondo, Margarida Vázquez Veras, Concelleira de Igualdade e Participación Cidadá





Palacio de María Pita
Sala de Exposicións
Do 17 de Marzo ao 26 de Abril.AMPLIADO O PRAZO ATA O 17 DE MAIO.
Horario: de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00

No hay comentarios:

Publicar un comentario