15.12.09

Inaúgurase o Banco do Tempo da Coruña impulsado pola Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá



INFO INSCRICIÓN: 981 184 356

• O OBXECTIVO É PROMOVER INTERCAMBIOS DE TEMPO E/OU COÑECEMENTOS ENTRE PERSOAS MAIORES DE IDADE SEN QUE MEDIE DIÑEIRO ALGÚN NESTES INTERCAMBIOS
• ENTRE AS TAREFAS QUE SE PODERÍAN INCLUIR NOS INTERCAMBIOS ESTÁN POR EXEMPLO ACOMPAÑAR AOS NENOS/AS AO COLEXIO, LER CONTOS OU XOGAR CON MENORES, PASAR TRABALLOS A ORDENADOR, AXUDAR A FACER DEBERES, ACOMPAÑAR PERSOAS MAIORES AO MÉDICO...
• A CONCELLEIRA DO BNG E RESPONSABLE DO ÁREA, MARGARIDA VÁZQUEZ, SULIÑOU A IMPORTANCIA DE CONTAR COA MAIOR PARTICIPACIÓN CIDADÁ POSIBLE PARA ACADAR CON ÉXITO OS OBXECTIVOS MARCADOS


A Coruña, 15 de decembro de 2009.- A Concelleira de Igualdade e Participación Cidadá, Margarida Vázquez, presentou esta mañá o inicio do Banco do Tempo do Concello da Coruña incluido dentro do programa ‘Concilia os teus tempos’ e que contempla esta iniciativa como unha das medidas fundamentais para promover a harmonización dos tempos.
A nivel galego, a Lei da Igualdade no Traballo das Mulleres de Galicia, recolle os Bancos de Tempo coma unha estratexia vencellada coas medidas de planificación do tempo que facilitan unha organización do mesmo máis igualitaria para toda a poboación.
O Banco do Tempo da Coruña ten como obxectivo promover intercambios de tempo e/ou coñecementos entre persoas maiores de idade sen que medie diñeiro algún nestes intercambios.


O intercambio está dirixido principalmente a ofrecer e demandar servizos para resolver necesidades puntuais da vida diaria. Tales prestacións non deberán nunca ser configuradas nin asimiladas a relacións de traballo autónomo ou susceptíbeis de contratación laboral.
A unidade de intercambio é a hora, sexa cal sexa o servizo que se demanda ou se ofrece. O ámbito territorial de actuación do Banco do Tempo será a cidade da Coruña. Cada persoa adscrita será titular dunha conta corrente de tempo e disporá dun talonario persoal con cheques que deberá entregar ás persoas que lle teñan proporcionado un determinado servizo.


As persoas adscritas ao Banco do Tempo ofrecerán un determinado número de horas para realizar os servizos que desexen ofertar e deberán demandar un número de horas similar para recibir servizos ofertados por outras persoas.
Algúns exemplos de intercambios poderían ser:
• Acompañar a nenos e nenas ao colexio, ou a outras actividades.
• Ler contos ou xogar con menores.
• Acompañar a persoas maiores ao médico
• Pasar traballos a ordenador.
• Axudar a facer deberes.
• Facer a compra a persoas maiores ou doentes.
• Axudar a preparación e xestión de trámites burocráticos.
• Realizar pequenas tarefas domésticas.


• Coidar animais ou plantas.
• Facer pequenas reparacións.
• Facer unha consulta profesional.
• Pasear, acompañar ao cine, ao teatro.

Tal e como sinalou a concelleira nacionalista para acadar con éxito os obxectivos do Banco do tempo, é preciso contar coa maior participación cidadá posible, o que require promover a confianza e o coñecemento entre as persoas potencialmente usuarias, así como proporconar información clara e precisa sobre este recurso.


Nesta liña, o Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá está a desenvolver unha campaña de difusión na que establecense contactos con axentes sociais e culturais da cidade así como a planificación para o desenvolvemento de varios obradoiros informativo-formativos referidos a este recurso.

Os obxectivos que se persiguen coa posta en marcha destes talleres son proporcionar información clara e precisa aos axentes e persoas interesadas sobre a posta en marcha e o funcionamento do Banco do Tempo da cidade da Coruña, e ademais incentivar a creación un grupo inicial de persoas usuarias do Banco do Tempo.

Os obradoiros estarán dirixidos a calquer persoa interesada en formar parte do Banco do Tempo e desenvolveranse ao longo dos meses de xaneiro e febreiro do exercicio 2010, na rede de Centros Cívicos da cidade e nalgunha entidade social interesada en informar e formas aos/ás socios/as ademais de na Universidade.

Esta presentación contou coa presenza da Técnica do Concello da Coruña responsable do programa Chus Gutiérrez e unha intervención-mostra por parte de Manicómicos.

8 comentarios:

  1. E non vai haber unha páxina web onde facer a inscrición e/ou xestionar as nosas ofertas e demandas?

    ResponderEliminar
  2. Si. Esperamos poder tela operativa en febreiro. Por agora, podes facer a solicitude tamén vía este blog. Graciñas.

    ResponderEliminar
  3. hai páxina xa?

    ResponderEliminar
  4. parece que no hay paxina non si?

    ResponderEliminar
  5. podría utilizar el castellano??

    ResponderEliminar
  6. Si:

    http://igualdadcoruna.blogspot.com/search/label/Banco%20de%20Tiempo

    ResponderEliminar
  7. ¿CUANDO HAN EMPEZADO CON ESTE PROYECTO? QUISIERA INFORMARME MAS. GRACIAS

    ResponderEliminar
  8. Chama ao teléfono 981 184 356 e pregunta pola persoa responsable. Graciñas.

    ResponderEliminar