RECOLLE AS ESTREMECEDORAS HISTORIAS DE NUMEROSAS MULLERES DURAMENTE REPRESALIADAS POR ANDAR NA CLANDESTINIDADE E APOIAR O MOVEMENTO GUERRILLEIRO
O PASE ENMÁRCASE NOS ACTOS PROGRAMADOS CON MOTIVO DA CONMEMORACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES
A Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá estreará o venres, 8 de abril, na Domus: Casa da Humanidade, o documental histórico "Silenciadas", froito dun traballo de investigación de Aurora Marco e dirixido por Pablo Ces, con guión de ambos os dous e banda sonora de Pilo Sierra e Kiko Reimúndez. Este pase, que terá lugar ás 20.30 horas, forma parte do ciclo audiovisual organizado dentro das actividades programadas con motivo da conmemoración do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres.
Este film, dunha hora de duración, destaca pola súa fondura e o estremecemento que producen as súas historias: vidas de numerosas mulleres que andiveron na clandestinidade ou apoiaron desde a chaira o movemento guerrilleiro, pezas fundamentais para a superviviencia daquel e que por defendelo, foron duramente represaliadas: cárcere, tortura física e psicolóxica, exilio e incluso morte.
No hay comentarios:
Publicar un comentario