25.10.10

Guía para practicar unha educación antisexista

O pasado xoves 21 de outubro, no marco do Seminario "Educando en igualdade", presentouse a Guía para practicar unha educación antisexista, excelente traballo realizado por Ana Iglesias Galdo por encargo da Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá. Se estads interesados/as en conseguir un exemplar desta publicación, enchede o seguinte formulario de contacto e procuraremos atendervos coa máxima rapidez posible Evidentemente, estas peticións atenderanse ata esgotar existencias.

Esta guía pretende ser un recurso que contribúa a eliminar os sexismos da nosa vida cotiá, profesional, doméstica, social; convida a agudizar a mirada para detectar os elementos culturais que puideran ser discriminatorios para algún grupo social en particular, e require da implicación de toda a cidadanía.

Persoal técnico/voluntariado de diferentes servizos ou programas de dinamización sociocultural e deportivos, familias, profesorado, educadoras e educadores sociais... Persoas que asumen a práctica da igualdade entre mulleres e homes nun asunto da súa incumbencia, nun tema que lles afecta e intúen que se non se paran a pensar, alí onde só hai acción, acostuman a ser moi activos os estereotipos e prexuízos.

Non é esta unha temática cómoda, lúdica, para o esparcimento, ou o descanso. É unha proposta intrusa, incómoda, dado que se mete co modo de ser e de relacionarnos co mundo, introdúcesenos no ámbito máis privado. Toca a nosa biografía persoal que ten tanto de sociocultural.
Pensada para vós, para unha cidadanía que decide non ser cómplice de prácticas sexistas. É unha cuestión de xustiza social!

14.10.10

Rutas de sendeirismo do Banco de Tempo da Coruña


Desde o Banco do Tempo queremos organizar unha reunión xa que moitas e muoitos de vós estades interesadas/os en compartir rutas de sendeirismo. É por isto que as e os que estedes interesadas/os teñamos unha reunión o próximo luns 18 ás 17:00 horas no Centro de Información á Muller.

Co fin de organizármonos o mellor posible, por favor, confirmádenos via mail se pensades asistir.

Moitas grazas pola vosa colaboración.

Un saúdo

bdt@coruna.es
Centro de Información ás Mulleres
R/ Hortensias s/n
Telf 981 18 43 56

Imaxe conmemorativa da figura de Rosalía de Castro

A deseñadora coruñesa Elba Fernández, Pequena Suricata, déixanos esta creación gráfica que procura un xogo de actualización da figura de Rosalía de Castro a partir dunha das súas imaxes máis coñecidas. Estupendo traballo.



13.10.10

Novas actividades de ADA



O proxecto ADA INTEGRA continua coas súas actividades. Durante os vindeiros meses temos previsto poñer en marcha 2 novas actuacións, nas que terán prioridade as mulleres migrantes que residan na nosa cidade:

- CAMINATAS EN-RED-ADAS: paseos para coñecer diferentes espazos da nosa cidade, para participar, relacionarnos, facer exercicio físico e crear redes de mulleres.

- OBRADOIRO DE INGLÉS: clases de inglés para familiarizarse co vocabulario, conversas, desenvolverte nas túas viaxes… OS MÉRCORES DE 5 A 6 DA TARDE.

- CLUBE DE COSTURA: OS MARTES DE 11 A 12 E OS XOVES DE 5 A 6 DA TARDE.

- CLUBE DE EMPREGO: OS XOVES DE 11 A 13 HORAS.

Ademais continuamos: coas CLASES DE IOGA , agora todos os martes de 6 a 7 horas da tarde...

- ACCESO LIBRE AO AULA DE INFORMÁTICA: Quenda de mañá: de luns a venres de 9 a 11 horas.

Quenda de tarde: luns e mércores de 4,30 a 6,30 horas.

PODES VISITARNOS EN: http://proxectoada.wordpress.com

Todas as actividades e os servizos son gratuítas, poderán contar (previo aviso) de servicio de canguraxe (previa isncrición) e se realizan no Centro Municipal da Muller, rúa Hortensias, s/n.

Agradecemos de antemán a vosa colaboración na difusión desta información.

NO CENTRO MUNICIPAL DA MULLER

(ZONA MONELOS. RÚA HORTENSIAS S/N)

Para máis información contactar con Natalia Domínguez

981 184 356 ou en proxectoada@gmail.com ou