12.4.10

Batucadas feministas: ritmos de liberdade!

Pasamos a información enviada pola Marcha mundial das mulleres na Coruña relativa a unha nova actividade que van desenvolver no Centro Veciñal de Pescadores.

Batucadas Feministas: Ritmos de Liberdade!



As batucadas feministas: ritmos de liberdade! é unha iniciativa que xurde dun grupo de mulleres novas da Marcha Mundial das Mulheres no Brasil como parte da campaña "O meu corpo não é mercadoria!". Construíron os seus instrumentos con materiais reciclados e ensináronse as unhas as outras para poder batucar ao ritmo e visibilizar as súas reivindicacións con enerxía na rúa.

Na Coruña propoñemos iniciar o noso propio proceso coa xente interesada para achegar o feminismo á poboación através da música, língua universal, e pois, para pasar tamén un rato divertido e creativo.

Este sábado 17 de abril, ás 11 da mañá reunirémonos no Centro Cívico de Pescadores (Rúa Cangas do Morrazo, 17) para construír conxuntamente o grupo de batucadas no que todas aportaremos coñecementos sobre música, sobre iniciativas de batucadas noutros lugares, de cómo facer instrumentos con materiais reciclados, falaremos de feminismo e moitas cousas mais, e teremos a nosa primeira aula de percusión con Cristina Asenjo. A partir de aí e entre todas deseñaremos as futuras reunións nas que nos iremos autoformando e creando así as nosas propias batucadas.

Se queres participar achégate ao Centro Cívico Pescadores o sábado 17 ás 11:00 ou contacta coa Marcha Mundial das Mulleres na Coruña en marchacorunha@gmail.com

IMPORTANTE!!! Trae calquera cousa coa que podas batucar, con un cubo, unha lata, unha pota, unha pandeireta, unha caixa de sapatos, ou de galletas, unha garrafa de plástico ou vidro...e un ou dous paos, de momento será suficiente.

Todas benvidas e a batucar!!!!

Para chegar ao centro cívico Pescadores, ide ata o cruce da Ronda de Outeiro coa rúa Almirante Mourelle, ali veredes a Axencia Imobiliaria "Luz", meterse por esa rúa (Almirante Mourelle) e no final da mesma virar para a direita na rúa Antonio Pedreira Ríos, baixar 10 metros e virar á esquerda na rúa Cangas do Morrazo. Verás unha praza en forma de U, o Centro Cívico é o edificio Central.

Podedes ver a localización AQUÍ:


Ver mapa maior

No hay comentarios:

Publicar un comentario