19.4.10

Grande acollida á inauguración da Ludoteca de Novomesoiro


Como era de agardar nun barrio tan xoven e con tantos cativos e cativas como Novomesoiro, os peques foron os auténticos protagonistas da xornada inaugural e, como non podía ser doutra forma, a súa Ludoteca. Este novo espazo que forma parte do Servizo de atención á infancia que ten posto en marcha a Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá dentro do macro-programa "Concilia os teus tempos" engádese aos xa existentes no Centro de Formación dos Rosales, no Centro Cívico de Monte Alto e no Centro Cívico do Castrillón.



Segundo as cifras facilitadas polas magníficas monitoras da empresa Vitae encargada de xestionar esta Ludoteca, un total de 80 rapaces e rapazas pasaron por alí nas tres horas que durou a festa de inauguración, sendo os máis pequerrechos os amos da pista e do inchable alí instalado. Todo un récord que amosa cómo nestes espazos se poden acoller a un número importantísimo de usuarios ao longo do tempo que se presta o servizo sen custe algún para os proxenitores e cunha moi ben estudada relación entre a calidade do servizo que se presta e o custe para o Concello, que somos todas e todos.



O próximo sábado 24 de abril, entre as 10:30 e as 13:00 horas que se celebra o Foro de Participación de Novomesoiro para a programación de actividades do Centro, estarán novamente estas rapazas e o seu inchable para todas aquelas persoas que se queiran achegar a esta cita veciñal imprescindible de cara á posta en marcha inmediata da actividade regular deste novo Centro. Agardamos contar con tod@s vós!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario