27.4.10

Foro de debate: Cosmética e estética


As actrices Penélope Cruz, Mo`Nique e Julia Roberts veñen de escandalizar a sociedade benpensante de Hollywood, e por extensión a toda a occidental, coa súa férrea defensa do vello feminino, isto é, dunha política estética da non-depilación. A idea xenerou moitísimos máis rexeitamentos que apoios, mesmo entre o conxunto das mulleres, se ben son cada vez máis as actrices xóvenes de Hollywood que se apuntan a esta defensa. Mulleres consideradas universalmente belas e que defenden un outro modelo de beleza alonxado dos cánones actuais.

A nosa Concellaría, a través do Proxecto DESENFOCADAS, analizou os contidos das revistas dirixidas a rapazas novas, atopándose con condicionantes esaxerados de corte estético desde moi temprana idade: pernas curtas ou longas, brazos curtos ou longos, orellas grandes ou pequenas, colo estreito ou ancho, cadeiras prominentes ou escasas, peito avultado ou plano, porosidade evidente no pel da cara, coloretes ou palidez......Todos estes condicionantes levan asociados produtos, cosméticos ou estéticos, que son incitados para o seu consumo. Cando estas rapazas crecen, as publicacións dirixidas ao público adulto reinciden na mesma temática prácticamente ata a vellez.

Actualmente, as publicacións masculinas máis sonadas comezan a introducir elementos como a depilación, a musculación, o ton do pel, as tatuaxes, as bolsas dos ollos, a falta de pelo na cabeza.....Son todos eles condicionantes masculinizados asociados tamén a produtos cosméticos e/ou pretendidamente naturais.

E isto último un auténtico sinal de igualdade real? Éo talvez a defensa desas mulleres do seu vello feminino? Vivimos realmente condicionados por estes estereotipos estéticos? Son obrigas reais nacidas dos nosos reais sentimentos para co sexo que nos atrae? Cara onde camiñamos?

Participade neste espazo

2 comentarios:

  1. Pois eu penso que camiñamos moi mal; unha sociedade onde se prima moito máis a beleza exterior, onde os esteriotipos parece que xa se fixan por ley......cara onde vamos ?....o seculo que ven xa o comprobaremos; oxalá cheguemos a velo, porque será peculiar.

    ResponderEliminar
  2. Igual nesta sociedade na que estamos valórase máis a beleza exterior, ainda que o que realmente importe sexa a interior, pero cada un é libre de face-lo que queira e debiamos fixarnos máis no noso e non no dos demais.

    ResponderEliminar