Por primeira vez na historia desta institución, unha muller, Ana Tarrío Tobar (1963, Santiago de Compostela), profesora de Matemáticas e vicerreitora de Organización Académica da Universidade da Coruña, .foi a encargada de impartir a lección inaugural para o curso universitario 2010-2011 cunha conferencia sobre Xeometría Integral.
Ver o seu currículum
Ler o seu traballo sobre María Josefa Wonenburger Planells
Por outra banda, María Josefa Wonenburger Planells (Montrove-Oleiros, 1927-) foi investida Doutora Honoris Causa pola Universidade da Coruña en recoñecemento a unha traxectoria vencellada ao mundo das matemáticas. De feito, formou parte da 1ª promoción de licenciados e licenciadas propiamente en Matemáticas cunha carreira de cinco anos, xa que ata daquela eran catro anos e denominábase "Ciencias Exactas". Foi a primeira muller española en gañar unha das bolsas concedidas polo Instituto de Educación Internacional dos EE UU. Especializada nas publicacións sobre Teoría de Grupos e Teoría de Álxebras de Lie, dirixiu a tese doutural de Robert Moody, que deu lugar á teoría coñecida como as Álxebras de Kac-Moody.
María Wonenburger e o seu "Grupo de Lie", Banff 2001 (Fotografía de Sylvia Thompson - Copyright © Robert V. Moody)
Para saber máis:
As mulleres nas matemáticas
Matilde Ríos Fachal
Baía Edicións. 2008
No hay comentarios:
Publicar un comentario