5.1.11

Bases do concurso "IGUAIS" de publicidade antisexista


Consultar bases no BOP da provincia da Coruña de data 5 de xaneiro

Consultar corrección de erros publicada no BOP do 28 de xaneiro

Entrar en www.iguais.org

BASES DO CONCURSO DE PUBLICIDADE ANTISEXISTA “IGUAIS” DA CONCELLARÍA DE IGUALDADE E PARTICIPACIÓN CIDADÁ DO CONCELLO DA CORUÑA

PREÁMBULO

Da mesma forma en que a publicidade reflicte en moitísimas ocasións unha igualdade que existe, de certo, en tanto existe un corpus lexislativo que a consagra e en tanto houbo un cambio recente nos costumes que conduce cara a consecución deste obxectivo social común, tamén resulta en máis dunha ocasión un vehículo de perpetuación e transmisión de roles e estereotipos desigualitarios, cando non discriminatorios, que axudan, e de que forma, a perpetualos no tempo e a dotar de argumentarios de conciencia a aquelas persoas que non cren nesa igualdade nin na súa necesidade.

Con este Concurso de publicidade antisexista “IGUAIS” que convoca a nosa Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá do Concello da Coruña pretendemos reflexionar sobre os códigos da publicidade gráfica actual, a que resulta desde logo máis vistosa e, posiblemente, influínte, á vez que achegar unha outra posible visión desta desde códigos igualitarios sen que se perda, en ningún momento, o seu carácter promocional e de difusión tanto de produtos como de ideas e necesidades.

PRIMEIRA. Participantes

Poderán participar nesta convocatoria todas as persoas físicas ou xurídicas, profesionais ou non, maiores de idade e de calquera nacionalidade, individualmente ou en grupo, que presenten soamente unha obra ou composición inédita e non premiada con anterioridade e co texto en galego.

SEGUNDA. Temática

O tema do concurso é “ A igualdade entre xéneros, unha reinterpretación da publicidade de carácter sexista e discriminatorio”. | Serán admitidos traballos de deseño realizados con calquer técnica, sempre nunha linguaxe cercana ao cartelismo e a publicidade. Os traballos presentados poderán afondar no concepto da contrapublicidade sempre e cando ésta non menoscabe os dereitos das empresas creadoras do deseño orixinal, e sen fundamentarse en referencias explícitas. Valoraráse a creatividade, calidade e carga crítica, que axuden ao espectador a reinterpretar as claves que actualmente rixen a linguaxe publicitaria, mostrando alternativas e visións diferentes sobre o cambio de roles. Así mesmo, será valorada a inclusión de textos ou slogans que axuden á dita reinterpretación.

TERCEIRA. Formato

Medidas: (45x65) Será presentado en cartón pluma de 1 cm. De grosor, sen cristal protector nin marco. Poderá utilizarse calquera técnica que permita a súa reprodución fotomecánica. Achegarase obrigatoriamente 1 copia dos traballos en soporte dixital en formato TIF a 300 puntos de resolución permitindo a súa reprodución a un tamaño mínimo de 100x70 cm.

Os traballos serán presentados de xeito que queden absolutamente ocultos, constando sobre o anverso do envoltorio a lenda “ I Concurso de publicidade antisexista IGUAIS”, e o título do traballo. Nunca a identidade da persoa concursante, a fin de garantir o anonimato:

Sobre número 1: Neste sobre entregarase o cartón pluma. No anverso consignarase con claridade “Sobre nº1” e o título da obra. Na mesma non aparecerá nome nin sinatura do autor ou autora.

Sobre número 2: Neste sobre entregarase o soporte dixital. No anverso consignarase con claridade “Sobre nº2” e o título do debuxo, e conterá un documento cos datos persoais da persoa concursante: nome e apelidos, enderezo completo, número de teléfono e dirección de correo electrónico. Ademáis, deberá incluir fotocopia do Documento Nacional de Identidade.

A Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá do Concello da Coruña resérvase o dereito a engadir posteriormente o seu logotipo para a edición das obras que esta Concellaría premie e seleccione.

CUARTA. Dotación económica do premio

Establécense os seguintes premios:

Un Primeiro Premio, por valor de 5.000 euros.

Ata dous accésits de 2.500 euros.

O xurado pode contemplar desertos calquera dos accésits, premiando únicamente unha das obras presentadas.

QUINTA. Publicación, prazo e forma de presentación

Estas bases serán publicadas no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.

O plazo de presentación das obras comenzará o día 10 de xaneiro de 2011 e finalizará o día 10 de febreiro de 2011 ás 13:00 horas.

Os traballos presentaranse en man no Rexistro Xeral do Concello da Coruña en calquera das súas ubicacións (Praza de María Pita, 1/ Rúa da Franxa 20-22/ Forum Metropolitano-Parque Europa) dirixidos á Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá.

SEXTA. Composición e actuación do xurado.

Co fin de avaliar os traballos presentados, así como propoñer a selección da persoa ou persoas gañadoras do concurso, constituirase un xurado que estará presidido por Margarida Vázquez, Concelleira de Igualdade e Participación Cidadá do Concello da Coruña, ou persoa en quen delegue.

Formarán parte do mesmo como vocais as persoas que por ela se designen entre profesionais do ámbito social, cultural, artístico, da publicidade ou medios de comunicación.

O xurado actuará en pleno, sendo necesaria a asistencia de dous terzos dos seus membros. O Xurado adoptará as súas decisións con total independencia, sobre a base dos traballos presentados ao concurso de xeito anónimo, e o seu fallo deberá ser motivado. O fallo do Xurado será inapelable. A proposta de fallo será decidida polo xurado por maoiría de votos dos seus membros presentes. Finalmente, redactarase a acta correspondente. O réxime xurídico e de funcionamento do xurado será o disposto nos artigos 22 a 27 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

O Xurado está facultado para resolver cantas dúbidas sexan plantexadas sobre a aplicación e interpretación destas bases e das súas xuntanzas, que serán secretas. Será levantada acta pola súa Secretaria.

Recibidos os traballos, o xurado procederá á apertura dos sobres numerados co nº1. Da análise e valoración dos contidos dos traballos das persoas concursantes obterase polo Xurado a proposta dos gañadores e o fallo do concurso.

SÉTIMA. Prazos de concesión e entrega de premio


Unha vez resolto o fallo, o Xurado procederá á apertura dos sobres nº2 das persoas gañadoras, facéndose pública a súa identidade, entregándose premios no marco de celebración do Festival Arte + Parte o día 05 de marzo de 2011.


A anterior cláusula queda sustituída pola seguinte. Este cambio, que non afecta a prazo de entrega, forma ou formato en absoluto, será publicado no BOP durante o mes de xaneiro.


SÉTIMA. Prazos de concesión e entrega de premio

Unha vez resolto o fallo, o Xurado procederá á apertura dos sobres nº2 das persoas gañadoras, facéndose pública a súa identidade no marco dun acto específico arredor da conmemoración do 8 de marzo, Día internacional das mulleres. Os traballos premiados, así como unha selección das mellores obras a xuízo do Xurado, formarán parte de diferentes proxectos expositivos da Concellaría. 


OITAVA. Devolución das obras

Darase un prazo de ata o 30 de marzo para a retirada das obras non premiadas nin seleccionadas, trascorrido o cal poderán ser destruídas.

NOVENA.

A participación nesta convocatoria supón total aceptación destas bases.



A Coruña, 5 de xaneiro de 2011

No hay comentarios:

Publicar un comentario