18.1.11

Servizo municipal de atención á infancia-Canguros Municipais


CANGUROS MUNICIPAIS CONCELLO DA CORUÑA

O SERVIZO DE ATENCIÓN Á INFANCIA

O Servizo de atención á infancia para a conciliación da vida laboral, familiar e persoal (Canguros Municipais), é un servizo especializado no coidado e atención dos/as menores das unidades familiares que desenvolven a súa actividade profesional e/ou formativa na cidade da Coruña, para a conciliación da vida laboral, familiar e persoal. Este servizo está regulado pola correspondente Ordenanza municipal, publicada no BOP nº 44 do 23/02/2009.

Este servizo contempla as seguintes modalidades:

1) ESPAZOS DE ATENCIÓN Á INFANCIA DE CARÁCTER COLECTIVO (E.A.I.):

Esta modalidade do servizo proporciona acollemento e desenvolvemento de actividades lúdico-educativas a grupos de menores de idades comprendidas entre os catro e doce anos (artigo 8 da Ordenanza). As excepcoionalidades a este tramo de idade serán resoltas polo equipo técnico do programa de Canguros.

Ubicacións:

Centro de Formación e Emprego dos Rosales
Estrada dos Fortes s/n e Rúa Simón Bolívar s/n
Horario: 15:00 a 20:00 horas

Centro Cívico do Castrillón
Praza Pablo Iglesias s/n
Horario: 16:00 a 20:30

Centro Cívico de Monte Alto
Rúa Vereda do polvorín, 4
Horario: 15:00 a 20:30

Centro Social Sagrada Familia (Desde o 24 de xaneiro de 2011)
Rúa Sagrada Familia, 26, baixo.
Horario: 16:30 a 20:30

Pódese empregar un máximo de 40 horas mensuais por menor. Inscrición previa no 981 184 356.

2) ATENCIÓN Á INFANCIA A DOMICILIO:

Esta modalidade do servicio dá resposta no propio domicilio a necesidades de carácter extraordinario e proporciona coidados e atencións lúdico-educativas a menores de idades comprendidas entre os catro meses e os doce anos (artigo 10 da Ordenanza).

Máximo 48 horas anuales por unidade familiar

3) LUDOTECAS:

Esta modalidade do servizo está dirixida á poboación infantil de idades comprendidas entre os catro e doce anos, favorecendo o seu desenvolvemento persoal, social, afectivo e congnitivo, a través de xogos e xoguetes (artigo 9 da Ordenanza). As ludotecas atopándse reguladas polo Decreto 354/2003, do 16 de setembro, publicado do DOG nº 187 do 26/09/2003.

Segundo a disposición transitoria da Ordenanza do servizo, a posta en marcha de cada una das modalidades do servizo realizarase en función da dispoñibilidade dos recursos materiais e persoais necesarios para a súa axeitada realización.

Ubicación:

Centro Cívico e Social de Novomesoiro
Rúa Ancares s/n
Horario: de luns a venres 17:30 a 20:30. Sábados de 10:30 a 13:30   

Inscrición previa no 981 184 356

REQUISITOS XERAIS PARA ACCEDER AO SERVIZO:

Para acceder a este servizo deberán cumplirse os seguintes requisitos:

a) Precisar medidas de conciliación da vida persoal, laboral e familiar no municipio da Coruña. Enténdese que concorren estas necesidades no término municipal:

· Para solicitar o servicio de atención a domicilio, cando o responsable do menor ou o menor estean empadroados no municipio da Coruña.

· Para solicitar o servizo nos E.A.I. ou nas ludotecas, cando o responsable do menor ou o menor estean empadroados no municipio da Coruña, o menor estea cursando estudios nun centro de ensino domiciliado no municipio da Coruña ou cando o responsable do menor sea empregado público, traballador por conta propia ou allea, nun centro de traballo domiciliado no municipio da Coruña.

b) Solicitar o servizo, en razón dalgunha das casuísticas ou motivacións sinaladas conforme a cada unha das tres modalidades de atencións.

c) Non dispor doutro recurso axeitado, según informe motivado dos técnicos municipais.

d) Que o/a menor non requira coidados especiais que excedan da capacidade do servizo, según a valoración do persoal técnico municipal.

Co Servizo de atención á infancia para a conciliación da vida laboral, familiar e persoal,
A CORUÑA ATENDE EN IGUALDADE

PARA SABER MAIS SOBRE ESTE SERVIZO, INFÓRMATE EN:

Centro de Información ás Mulleres (CIM)
Barrio das Flores - Rúa Hortensias s/n, 15008, A Coruña
Teléfono: 981 184356 - Fax: 981 184357

Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá do Concello da Coruña
Praza de María Pita s/n, 15001, A Coruña
Teléfonos: 981 184309 - Fax: 981 184312
e-correo: igualdade@coruna.es

A continuación, dun xeito moi sinxelo, poderás descargar a solicitude de ALTA no Servizo. Unha vez cumprimentada, podes entregala no Rexistro Xeral do Concello en María Pita ou no existente no Fórum Metropolitano no Parque Europa. Debes acompañala da seguinte documentación básica:

Documentación que se ten que achegar coa SOLICITUDE DE ALTA no servizo:

- Fotocopia do DNI/NIE da persoa solicitante responsábel da/o menor.

- Documentación que acredite a relación da persoa solicitante coa/o menor ( Fotocopia do libro de familia ou, no seu caso, resolución xudicial ou administrativa )

Unha vez presentada no Rexistro Xeral a SOLICITUDE DE ALTA no servizo, desde o Centro Municipal de Información ás Mulleres (CIM) contactarase por teléfono coa/s persoa/s solicitante/s para concretar a data e hora dunha ENTREVISTA e presentar a documentación complementaria.

A COMUNICACIÓN da necesidade das diferentes modalidades que contempla o servizo realizarase no Centro Municipal de Información ás Mulleres, sito no Barrio das Flores, r/ Hortensias s/n, Tlf.: 981 18 43 56.

Alta no Servizo Municipal de Atención á Infancia:




1 comentario:

  1. Hola, soy maestra infantil y me gustaría saber como puedo trabajar con vosotros como canguro. Hace unos meses envié mi curriculum al correo igualdade@coruna.es pero no obtuve cualquier contestación. Si necesitáis más personal, por favor no dudéis en contactarme. Mi correo es el lenagrosso@gmail.com y mi teléfono es el 666 891 459. Gracias
    Helena Grosso

    ResponderEliminar