19.1.11

Charla/Xornada sobre búsqueda de emprego no Centro Cívico de Eirís


Desde o Banco do Tempo,e grazas a un dos nosos socios, Felipe García Rei, imos organizar conxuntamente unha charla/xornada sobre procura de emprego e como distinguirnos.

Felipe axudaranos a coñecer cales son as nosas vantaxes, as nosas características para poder sacar todo o noso potencial.

Trátase de coñecernos mellor, ser conscientes das características, que temos cada unha/ou de nós/vos, que nos poden distinguir ante unha oferta de traballo, preparar e afrontar unha entrevista de traballo, coñecer as novas técnicas que se están empregando nas entrevistas persoais, saber onde buscar emprego, como presentarnos....

Ademais tratarase un factor que todas/todos ante unha entrevista ou reunión importante: o medo. Que podemos facer con el ?, Pódenos axudar ?

Para iso animámosvos a participar nesta charla que se celebrará o día 28 de xaneiro de 17 a 19 horas. O lugar escollido é o Centro Cívico de Eirís.

Como chegar premendo AQUÍ.

Dirección:
Rúa Frei Pedro Paio Piñeiro (CCM Eirís), s/n
15009. A Coruña.
Horarios do Centro Cívico:
Luns a venres de 09:00 h. a 14:00 h. e de 16:00 h. a 21:00 h.
Sábado de 10:30 h. a 13:30 h. e de 16:00 h. a 21:00 h.
Domingo de 16:00 h. a 21:00 h.

Teléfono: 636 576 043

Se coñecedes a alguén que poida estar interesada/ou en asistir nesta charla non dubidedes en difuncirlo. O requisito é inscribirse antes do 25 de xaneiro cos seguintes datos:

• Nome e apelidos:
• Idade:
• Situación laboral actual:
• E-mail:
• Número de teléfono:

Podédelo facer vía mail en bdt@coruna.es ou chamando ao 981 18 43 56.

Encantaríanos poder contar coa vosa presenza xa que esta charla pode marcar un antes e un despois. Ídevola perder?

18.1.11

Corrección de erros nas bases do concurso IGUAIS de publicidade antisexista

Consultar bases completas en www.iguais.org


Publicamos aquí a sustitución da cláusula sétima por un erro na súa publicación. En todo caso, este erro afecta ao coñecemento e difusión dos traballos premiados e seleccionados. En ningún caso ao prazo de entrega, forma ou formato.


CORRECCIÓN DE ERROS
SUSTITUÍR CLÁUSULA SÉTIMA POLO SEGUINTE TEXTO:

SÉTIMA. Prazos de concesión e entrega de premio

Unha vez resolto o fallo, o Xurado procederá á apertura dos sobres nº2 das persoas gañadoras, facéndose pública a súa identidade no marco dun acto específico arredor da conmemoración do 8 de marzo, Día internacional das mulleres. Os traballos premiados, así como unha selección das mellores obras a xuízo do Xurado, formarán parte de diferentes proxectos expositivos da Concellaría.


ESTA CORRECCIÓN APARECEU PUBLICADA NO B.O.P. PUBLICADA NO BOP DO 28 DE XANEIRO DE 2011. Consultar corrección no BOP

Servizo municipal de atención á infancia-Canguros Municipais


CANGUROS MUNICIPAIS CONCELLO DA CORUÑA

O SERVIZO DE ATENCIÓN Á INFANCIA

O Servizo de atención á infancia para a conciliación da vida laboral, familiar e persoal (Canguros Municipais), é un servizo especializado no coidado e atención dos/as menores das unidades familiares que desenvolven a súa actividade profesional e/ou formativa na cidade da Coruña, para a conciliación da vida laboral, familiar e persoal. Este servizo está regulado pola correspondente Ordenanza municipal, publicada no BOP nº 44 do 23/02/2009.

Este servizo contempla as seguintes modalidades:

1) ESPAZOS DE ATENCIÓN Á INFANCIA DE CARÁCTER COLECTIVO (E.A.I.):

Esta modalidade do servizo proporciona acollemento e desenvolvemento de actividades lúdico-educativas a grupos de menores de idades comprendidas entre os catro e doce anos (artigo 8 da Ordenanza). As excepcoionalidades a este tramo de idade serán resoltas polo equipo técnico do programa de Canguros.

Ubicacións:

Centro de Formación e Emprego dos Rosales
Estrada dos Fortes s/n e Rúa Simón Bolívar s/n
Horario: 15:00 a 20:00 horas

Centro Cívico do Castrillón
Praza Pablo Iglesias s/n
Horario: 16:00 a 20:30

Centro Cívico de Monte Alto
Rúa Vereda do polvorín, 4
Horario: 15:00 a 20:30

Centro Social Sagrada Familia (Desde o 24 de xaneiro de 2011)
Rúa Sagrada Familia, 26, baixo.
Horario: 16:30 a 20:30

Pódese empregar un máximo de 40 horas mensuais por menor. Inscrición previa no 981 184 356.

2) ATENCIÓN Á INFANCIA A DOMICILIO:

Esta modalidade do servicio dá resposta no propio domicilio a necesidades de carácter extraordinario e proporciona coidados e atencións lúdico-educativas a menores de idades comprendidas entre os catro meses e os doce anos (artigo 10 da Ordenanza).

Máximo 48 horas anuales por unidade familiar

3) LUDOTECAS:

Esta modalidade do servizo está dirixida á poboación infantil de idades comprendidas entre os catro e doce anos, favorecendo o seu desenvolvemento persoal, social, afectivo e congnitivo, a través de xogos e xoguetes (artigo 9 da Ordenanza). As ludotecas atopándse reguladas polo Decreto 354/2003, do 16 de setembro, publicado do DOG nº 187 do 26/09/2003.

Segundo a disposición transitoria da Ordenanza do servizo, a posta en marcha de cada una das modalidades do servizo realizarase en función da dispoñibilidade dos recursos materiais e persoais necesarios para a súa axeitada realización.

Ubicación:

Centro Cívico e Social de Novomesoiro
Rúa Ancares s/n
Horario: de luns a venres 17:30 a 20:30. Sábados de 10:30 a 13:30   

Inscrición previa no 981 184 356

REQUISITOS XERAIS PARA ACCEDER AO SERVIZO:

Para acceder a este servizo deberán cumplirse os seguintes requisitos:

a) Precisar medidas de conciliación da vida persoal, laboral e familiar no municipio da Coruña. Enténdese que concorren estas necesidades no término municipal:

· Para solicitar o servicio de atención a domicilio, cando o responsable do menor ou o menor estean empadroados no municipio da Coruña.

· Para solicitar o servizo nos E.A.I. ou nas ludotecas, cando o responsable do menor ou o menor estean empadroados no municipio da Coruña, o menor estea cursando estudios nun centro de ensino domiciliado no municipio da Coruña ou cando o responsable do menor sea empregado público, traballador por conta propia ou allea, nun centro de traballo domiciliado no municipio da Coruña.

b) Solicitar o servizo, en razón dalgunha das casuísticas ou motivacións sinaladas conforme a cada unha das tres modalidades de atencións.

c) Non dispor doutro recurso axeitado, según informe motivado dos técnicos municipais.

d) Que o/a menor non requira coidados especiais que excedan da capacidade do servizo, según a valoración do persoal técnico municipal.

Co Servizo de atención á infancia para a conciliación da vida laboral, familiar e persoal,
A CORUÑA ATENDE EN IGUALDADE

PARA SABER MAIS SOBRE ESTE SERVIZO, INFÓRMATE EN:

Centro de Información ás Mulleres (CIM)
Barrio das Flores - Rúa Hortensias s/n, 15008, A Coruña
Teléfono: 981 184356 - Fax: 981 184357

Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá do Concello da Coruña
Praza de María Pita s/n, 15001, A Coruña
Teléfonos: 981 184309 - Fax: 981 184312
e-correo: igualdade@coruna.es

A continuación, dun xeito moi sinxelo, poderás descargar a solicitude de ALTA no Servizo. Unha vez cumprimentada, podes entregala no Rexistro Xeral do Concello en María Pita ou no existente no Fórum Metropolitano no Parque Europa. Debes acompañala da seguinte documentación básica:

Documentación que se ten que achegar coa SOLICITUDE DE ALTA no servizo:

- Fotocopia do DNI/NIE da persoa solicitante responsábel da/o menor.

- Documentación que acredite a relación da persoa solicitante coa/o menor ( Fotocopia do libro de familia ou, no seu caso, resolución xudicial ou administrativa )

Unha vez presentada no Rexistro Xeral a SOLICITUDE DE ALTA no servizo, desde o Centro Municipal de Información ás Mulleres (CIM) contactarase por teléfono coa/s persoa/s solicitante/s para concretar a data e hora dunha ENTREVISTA e presentar a documentación complementaria.

A COMUNICACIÓN da necesidade das diferentes modalidades que contempla o servizo realizarase no Centro Municipal de Información ás Mulleres, sito no Barrio das Flores, r/ Hortensias s/n, Tlf.: 981 18 43 56.

Alta no Servizo Municipal de Atención á Infancia:




13.1.11

Presentada a Guía para a convivencia nas comunidades veciñais



A “Guía para a Convivencia nas Comunidades Veciñais” é un pequeno manual de actuación dirixido á veciñanza da Coruña, co obxecto de mellorar a convivencia e as relacións entre as persoas que integran unha comunidade veciñal.

Desde a Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá pretendemos ofertar á cidadanía unha ferramenta informativa útil e sinxela para dar resposta a moitas dúbidas comúns que se presentan nas comunidades veciñais.

O obxectivo é poñer a disposición da cidadanía un instrumento que contribúa a favorecer a tolerancia, o civismo e o respecto entre veciños e veciñas da Coruña, axudando a evitar e resolver pacíficamente os posibles problemas ou desavinzas que xurden inevitablemente na convivencia diaria.

A “Guía para a convivencia nas comunidades de veciños e veciñas” edítase cunha doble finalidade:

 Apoiar e complementar as actuacións desenvolvidas no Programa Convive de mediación en conflitos veciñais.

 Dar resposta a unha demanda de información detectada na cidadanía coa posta en marcha deste recurso municipal de mediación.

Efectivamente, desde o inicio do Programa Convive, recíbense no Centro de Participación Cidadá do Birloque numerosas consultas relativas ao funcionamento dunha comunidade veciñal, dereitos, obrigas, axudas, normativa ou recursos dispoñibles.

A “Guía para a convivencia nas comunidades de veciños e veciñas” reune moita información útil para dar resposta a este tipo de demandas de información:

- Normativa municipal sobre ruídos o tenencia de animais domésticos.
- Mantemento de espazos comúns dos edificios.
- Identificación e evitación de condutas molestas.
- Funcionamento das comunidades de propietarios/as.
- Obrigas e dereitos de propietarios/as e inquilinos/as.
- Reformas, instalación de ascensores, axudas á rehabilitación.

As guías están xa a disposición da cidadanía para a súa consulta no Centro de Igualdade e Participación Cidadá do Birloque e na páxina web da Concellaría.

Nos próximos días farase unha distribución da publicación que incluirá:

 Asociacións veciñais da cidade.
 Outras asociacións e entidades sociais.
 Centros Cívicos, asociativos e veciñais municipais.
 Bibliotecas municipais.
 Oficina Municipal de Información al Consumidor (OMIC).
 Oficina Municipal de Rehabilitación Urbana e Vivenda (“O Porto”).
 Administracións de fincas da cidade e Colexio Oficial.

A “Guía para a convivencia nas comunidades de veciños e veciñas” complementa as actuacións levadas a cabo no marco do Programa Convive de mediación en conflitos veciñais.

O Programa Convive é un recurso municipal totalmente gratuíto, dirixido á resolución pacífica de conflitos e problemas veciñais, e que atende a cidadáns e cidadás da Coruña, maiores de idade, e sempre a título individual e particular.

O programa centralízase nas dependencias do Centro de Participación Cidadá do Birloque, na Avda. de Glasgow 10, donde se realiza a atención presencial ás persoas interesadas en formular unha solicitude. As solicitudes poden facerse tamén vía telefónica e a través do correo electrónico ou a páxina web da concellaría.

A decisión de optar pola mediación como forma de solucionar un problema é sempre voluntaria para ambas partes, aínda que preséntase como unha boa opción. O proceso vai ser sempre máis rápido que outras vías de resolución de conflitos e pode evitar a vía legal.

O obxectivo é buscar de forma voluntaria unha solución pacífica de maneira conciliadora sin necesidade de recurrir á xustiza, o que normalmente supón un proceso moito máis longo e costoso.

O funcionamento do Programa Convive aséntase sobre un voluntariado cualificado. Neste momento están xa traballando un grupo de 11 persoas voluntarias, formadas e capacitadas para guiar os procesos de mediación.
Cada sesión do proceso é conducida por unha parella de mediadores e as reunións lévanse sempre a cabo nas dependencias do Centro de Participación Cidadá do Birloque, en horario de mañá ou de tarde, segundo á dispoñibilidade e as preferencias das dúas partes en conflito.

A figura do mediador ou mediadora é neutral e imparcial, NON XULGA, nin resolve. A súa función é a de axudar ás partes a xestionar os conflitos, favorecendo a comunicación e o diálogo entre ambas as dúas partes, para que sexan elas mesmas quenes cheguen á mellor solución.

No próximo mes de febreiro comenzará a impartirse un novo curso de formación en mediación veciñal, co obxecto de ampliar o equipo de mediadores e mediadoras do programa e ofrecer unha atención a cidadanía o máis flexible posible.

Este curso formativo é gratuíto e non se exise unha formación académica específica para formar parte do alumnado. A formación, moi práctica, é impartida por un grupo de profesionais en mediación e capacita ás persoas participantes para actuar como mediadoras.


DATOS DO PROGRAMA:

Dende o momento en que a Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá puxo en marcha este recurso, a finais do mes de setembro, atendéronse numerosas consultas telefónicas demandando información sobre o Programa Convive e problemas de convivencia en comunidades veciñais.

A data de hoxe, temos recibido 17 solicitudes formalizadas para iniciar proceso de mediación. Destes procesos, 8 xa están pechados e 9 continúan en proceso. Os datos concretos son os seguintes:

 6 procesos de mediación resoltos con éxito mediante acordos de resolución.
 1 caso considerado non mediable por estar fora da competencia do programa.
 1 caso pechado porque unha das partes non accedeu a participar na mediación.
 9 procesos de mediación continúan abertos, pendentes de resolución.

Non hai un perfil determinado das persoas usuarias deste recurso. Aténdense tanto homes como mulleres de distintas idades. No que se refire a orixe, a maioría trátase de persoas de nacionalidade española e só nalgún caso aparecen implicadas persoas de nacionalidade estranxeira.

Segundo os datos de que dispomos, non existe unha zona ou un barrio da cidade donde existan maior número de conflitos. As 17 solicitudes repártense entre diferentes zonas da Coruña. Non hai ningunha coincidencia.

En canto á natureza dos conflitos, os ruídos molestos e a deshoras sitúanse claramente á cabeza dos problemas manifestados polas persoas usuarias. De feito, 10 das solicitudes de mediación veciñal foron por problemas deste tipo.

O resto dos conflitos manifestados foron por temas de salubridade e desacordos en canto a elementos comúns da comunidade veciñal.

5.1.11

Bases do concurso "IGUAIS" de publicidade antisexista


Consultar bases no BOP da provincia da Coruña de data 5 de xaneiro

Consultar corrección de erros publicada no BOP do 28 de xaneiro

Entrar en www.iguais.org

BASES DO CONCURSO DE PUBLICIDADE ANTISEXISTA “IGUAIS” DA CONCELLARÍA DE IGUALDADE E PARTICIPACIÓN CIDADÁ DO CONCELLO DA CORUÑA

PREÁMBULO

Da mesma forma en que a publicidade reflicte en moitísimas ocasións unha igualdade que existe, de certo, en tanto existe un corpus lexislativo que a consagra e en tanto houbo un cambio recente nos costumes que conduce cara a consecución deste obxectivo social común, tamén resulta en máis dunha ocasión un vehículo de perpetuación e transmisión de roles e estereotipos desigualitarios, cando non discriminatorios, que axudan, e de que forma, a perpetualos no tempo e a dotar de argumentarios de conciencia a aquelas persoas que non cren nesa igualdade nin na súa necesidade.

Con este Concurso de publicidade antisexista “IGUAIS” que convoca a nosa Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá do Concello da Coruña pretendemos reflexionar sobre os códigos da publicidade gráfica actual, a que resulta desde logo máis vistosa e, posiblemente, influínte, á vez que achegar unha outra posible visión desta desde códigos igualitarios sen que se perda, en ningún momento, o seu carácter promocional e de difusión tanto de produtos como de ideas e necesidades.

PRIMEIRA. Participantes

Poderán participar nesta convocatoria todas as persoas físicas ou xurídicas, profesionais ou non, maiores de idade e de calquera nacionalidade, individualmente ou en grupo, que presenten soamente unha obra ou composición inédita e non premiada con anterioridade e co texto en galego.

SEGUNDA. Temática

O tema do concurso é “ A igualdade entre xéneros, unha reinterpretación da publicidade de carácter sexista e discriminatorio”. | Serán admitidos traballos de deseño realizados con calquer técnica, sempre nunha linguaxe cercana ao cartelismo e a publicidade. Os traballos presentados poderán afondar no concepto da contrapublicidade sempre e cando ésta non menoscabe os dereitos das empresas creadoras do deseño orixinal, e sen fundamentarse en referencias explícitas. Valoraráse a creatividade, calidade e carga crítica, que axuden ao espectador a reinterpretar as claves que actualmente rixen a linguaxe publicitaria, mostrando alternativas e visións diferentes sobre o cambio de roles. Así mesmo, será valorada a inclusión de textos ou slogans que axuden á dita reinterpretación.

TERCEIRA. Formato

Medidas: (45x65) Será presentado en cartón pluma de 1 cm. De grosor, sen cristal protector nin marco. Poderá utilizarse calquera técnica que permita a súa reprodución fotomecánica. Achegarase obrigatoriamente 1 copia dos traballos en soporte dixital en formato TIF a 300 puntos de resolución permitindo a súa reprodución a un tamaño mínimo de 100x70 cm.

Os traballos serán presentados de xeito que queden absolutamente ocultos, constando sobre o anverso do envoltorio a lenda “ I Concurso de publicidade antisexista IGUAIS”, e o título do traballo. Nunca a identidade da persoa concursante, a fin de garantir o anonimato:

Sobre número 1: Neste sobre entregarase o cartón pluma. No anverso consignarase con claridade “Sobre nº1” e o título da obra. Na mesma non aparecerá nome nin sinatura do autor ou autora.

Sobre número 2: Neste sobre entregarase o soporte dixital. No anverso consignarase con claridade “Sobre nº2” e o título do debuxo, e conterá un documento cos datos persoais da persoa concursante: nome e apelidos, enderezo completo, número de teléfono e dirección de correo electrónico. Ademáis, deberá incluir fotocopia do Documento Nacional de Identidade.

A Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá do Concello da Coruña resérvase o dereito a engadir posteriormente o seu logotipo para a edición das obras que esta Concellaría premie e seleccione.

CUARTA. Dotación económica do premio

Establécense os seguintes premios:

Un Primeiro Premio, por valor de 5.000 euros.

Ata dous accésits de 2.500 euros.

O xurado pode contemplar desertos calquera dos accésits, premiando únicamente unha das obras presentadas.

QUINTA. Publicación, prazo e forma de presentación

Estas bases serán publicadas no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.

O plazo de presentación das obras comenzará o día 10 de xaneiro de 2011 e finalizará o día 10 de febreiro de 2011 ás 13:00 horas.

Os traballos presentaranse en man no Rexistro Xeral do Concello da Coruña en calquera das súas ubicacións (Praza de María Pita, 1/ Rúa da Franxa 20-22/ Forum Metropolitano-Parque Europa) dirixidos á Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá.

SEXTA. Composición e actuación do xurado.

Co fin de avaliar os traballos presentados, así como propoñer a selección da persoa ou persoas gañadoras do concurso, constituirase un xurado que estará presidido por Margarida Vázquez, Concelleira de Igualdade e Participación Cidadá do Concello da Coruña, ou persoa en quen delegue.

Formarán parte do mesmo como vocais as persoas que por ela se designen entre profesionais do ámbito social, cultural, artístico, da publicidade ou medios de comunicación.

O xurado actuará en pleno, sendo necesaria a asistencia de dous terzos dos seus membros. O Xurado adoptará as súas decisións con total independencia, sobre a base dos traballos presentados ao concurso de xeito anónimo, e o seu fallo deberá ser motivado. O fallo do Xurado será inapelable. A proposta de fallo será decidida polo xurado por maoiría de votos dos seus membros presentes. Finalmente, redactarase a acta correspondente. O réxime xurídico e de funcionamento do xurado será o disposto nos artigos 22 a 27 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

O Xurado está facultado para resolver cantas dúbidas sexan plantexadas sobre a aplicación e interpretación destas bases e das súas xuntanzas, que serán secretas. Será levantada acta pola súa Secretaria.

Recibidos os traballos, o xurado procederá á apertura dos sobres numerados co nº1. Da análise e valoración dos contidos dos traballos das persoas concursantes obterase polo Xurado a proposta dos gañadores e o fallo do concurso.

SÉTIMA. Prazos de concesión e entrega de premio


Unha vez resolto o fallo, o Xurado procederá á apertura dos sobres nº2 das persoas gañadoras, facéndose pública a súa identidade, entregándose premios no marco de celebración do Festival Arte + Parte o día 05 de marzo de 2011.


A anterior cláusula queda sustituída pola seguinte. Este cambio, que non afecta a prazo de entrega, forma ou formato en absoluto, será publicado no BOP durante o mes de xaneiro.


SÉTIMA. Prazos de concesión e entrega de premio

Unha vez resolto o fallo, o Xurado procederá á apertura dos sobres nº2 das persoas gañadoras, facéndose pública a súa identidade no marco dun acto específico arredor da conmemoración do 8 de marzo, Día internacional das mulleres. Os traballos premiados, así como unha selección das mellores obras a xuízo do Xurado, formarán parte de diferentes proxectos expositivos da Concellaría. 


OITAVA. Devolución das obras

Darase un prazo de ata o 30 de marzo para a retirada das obras non premiadas nin seleccionadas, trascorrido o cal poderán ser destruídas.

NOVENA.

A participación nesta convocatoria supón total aceptación destas bases.



A Coruña, 5 de xaneiro de 2011

4.1.11

A CONCELLARÍA DE IGUALDADE E PARTICIPACIÓN CIDADÁ PRESENTA O CONCURSO “IGUAIS” DE PUBLICIDADE ANTISEXISTA


( +INFO E BASES A PARTIR DO 10 DE XANEIRO EN www.iguais.org )

 Margarida Vázquez e a artista local Elba Fernández “Pequena Suricata” presentaron as bases, que aparecerán publicadas no BOP de mañá, a imaxe gráfica e a web informativa e promocional deste concurso

 Os traballos poderán presentarse entre o 10 de xaneiro e o 10 de febreiro de 2011. As propostas premiadas, xunto cunha selección dos mellores traballos, serán coñecidas na primeira metade do mes de marzo, coincidindo coa conmemoración do 8 de marzo, Día internacional das mulleres

Da mesma forma en que a publicidade reflicte en moitísimas ocasións unha igualdade que existe, de certo, en tanto existe un corpus lexislativo que a consagra e en tanto houbo un cambio recente nos costumes que conduce cara a consecución deste obxectivo social, tamén resulta en máis dunha ocasión un vehículo de perpetuación e transmisión de roles e estereotipos desigualitarios, cando non discriminatorios, que axudan a perpetualos no tempo.

Durante o acto de presentación celebrado no Salón Real do Palacio de María Pita, Margarida Vázquez sinalou que coa convocatoria deste primeiro Concurso de publicidade antisexista “IGUAIS” se pretende reflexionar sobre os códigos da publicidade gráfica actual, a que resulta desde logo máis vistosa e influínte, á vez que achegar unha outra posible visión desta desde códigos igualitarios sen que se perda, en ningún momento, o seu carácter promocional e de difusión tanto de produtos como de ideas e necesidades.



Poderán participar nesta convocatoria todas as persoas físicas ou xurídicas, profesionais ou non, maiores de idade e de calquera nacionalidade, individualmente ou en grupo, que presenten soamente unha obra ou composición inédita e non premiada con anterioridade e co texto en galego.

O tema do concurso é “ A igualdade entre xéneros, unha reinterpretación da publicidade de carácter sexista e discriminatorio”. Serán admitidos traballos de deseño realizados con calquer técnica, sempre nunha linguaxe cercana ao cartelismo e a publicidade. Os traballos presentados poderán afondar no concepto da contrapublicidade sempre e cando ésta non menoscabe os dereitos das empresas creadoras do deseño orixinal, e sen fundamentarse en referencias explícitas. Valoraráse a creatividade, calidade e carga crítica, que axuden ao espectador a reinterpretar as claves que actualmente rixen a linguaxe publicitaria, mostrando alternativas e visións diferentes sobre o cambio de roles. Así mesmo, será valorada a inclusión de textos ou slogans que axuden á dita reinterpretación.

Establécense os seguintes premios:

Un Primeiro Premio, por valor de 5.000 euros.

Ata dous accésits de 2.500 euros.

O xurado realizará unha selección dos mellores traballos para que a Concellaría realice diferentes proxectos expositivos.

O 83,3% dos concellos españois conta cun centro dedicado á atención das mulleres


▪O 54% dos municipios españois dispón de plans de igualdade en vigor

▪ O 90% dos municipios apoia o asociacionismo prol igualdade

O Instituto da Muller subvencionou, no marco da convocatoria I+D+I, o estudo “O impacto das políticas de igualdade no ámbito local”, co fin de analizar as políticas de xénero que se están levando a cabo nos municipios españois.

Este estudo, realizado polo equipo investigador que dirixe Ramón Bouzas da Universidade de Santiago de Compostela, tamén ten como finalidade investigar os factores que explican a creación e o desenvolvemento de unidades de atención á muller, desvelar as principais características de devanditas unidades, estudar o resultado da implantación das medidas de igualdade, analizar os plans de igualdade elaborados polas Administracións locais e, para rematar, explorar o impacto das políticas municipais de igualdade de xénero á hora de xerar emprego.

METODOLOXÍA

Para a realización deste estudo, cuxo traballo de campo levouse a cabo entre os anos 2007 e 2009, utilizáronse os datos extraídos dunha enquisa que se realizou a 198 municipios españois cunha poboación de entre 25.000 e 100.000 habitantes. Así mesmo, tamén se levaron a cabo entrevistas en profundidade a persoal con competencias no área municipal, grupos de discusión compostos por usuarios individuais e colectivos dos municipios e catro estudos de caso.

PRINCIPAIS RESULTADOS

Contorna política-administrativo

Segundo os datos obtidos, o número de alcaldes supera en 3 a 1 ao de alcaldesas, así como que a paridade na composición dos equipos de goberno só se cumpre no 55, 6% dos municipios españois. Así mesmo, o estudo conclúe que as áreas ou concellarías máis frecuentemente ocupadas por mulleres son a de Muller/Igualdade, nun 88,4%, e a de Benestar/Servizos Sociais, nun 84, 3%, e que nun de cada tres municipios recoñécese abiertamente que a igualdade de xénero non é unha prioridad.

Empregadas/os Municipais

Respecto ao persoal municipal, existe un predominio masculino entre as persoas que traballan con cargo ao orzamento dos municipios. 6 de cada 10 empelados son homes. Así mesmo, só 6 de cada 10 municipios puxeron en marcha iniciativas formativas de xénero para os seus empeladas/vos e que a presenza masculina en devanditas iniciativas é minoritaria.

Estrutura Municipal e Igualdade de Xénero

O 55,5% dos gobernos locais emprega o término “igualdade” para definir as entidades municipais dedicadas aos temas relacionados coa muller ou coa igualdade. Igualmente, só o 22,7% das concellarías que traballan en temas de igualdade dedícanse a devandita materia en exclusividad e no 93,4% de casos á fronte do organismo atópase unha muller.

O estudo conclúe que un 24,3% dos municipios afirma que o diñeiro que destina ao área de muller /igualdade é insuficiente para poder levar a cabo as tarefas máis básicas (a cantidade media sitúase nos 59.840 euros anuais) e que un 38,4% do total dos municipios encuestados non destina recursos económicos ao ámbito da igualdade e o emprego.

A investigación tamén constata que soamente a metade do persoal dedicado a temas de muller/igualdade ten unha formación específica como técnicas/os de igualdade; que a coordinación entre a entidade de muller/igualdade e as restantes áreas do Concello é considerada mayoritariamente aceptable e que é infrecuente que os propios municipios evalúen o impacto real da políticas de igualdade que aplican.

Plans de Igualdade Municipais

O 54% dos municipios españois dispón de plans de igualdade en vigor e o 30% destes carece de financiamento específico.

Só o 8% dos municipios analizados dispón de partidas destinadas á igualdade de oportunidades laborais entre homes e mulleres e máis do 30% de municipios non xera información con datos desagregados por sexo para o deseño das políticas municipais. Igualmente a elaboración de orzamentos en clave de xénero segue sendo unha práctica pouco estendida. Pola contra, as iniciativas de carácter formativo en materia de igualdade están moi estendidas, un 84% dos municipios afirma realizalas.

No referente ás accións de planificación equitativa do tempo, só un 7,1% dos municipios di implementarlos.
Centros Municipais da Muller

O 83,3% dos municipios encuestados conta cun centro dedicado á atención das mulleres e o financiamento do 73,3% de devanditos centros procede das arcas municipais.

Respecto á vez que levan funcionando os centros, a media atópase nos 10, 66 anos e as áreas de traballo ofertadas viran contorna á orientación xurídica, a atención a vítimas de violencia de xénero e a posta en marcha de campañas de sensibilización.

En relación ás canles de comunicación empregados, o principal é a presencial na oficina, 97%, seguido da atención telefónica e a atención virtual. O 95% do persoal de devanditos centros son mulleres e o 24% do persoal posúen formación específica.

Participación, Apoio Institucional Externo, Redes e Igualdade de Xénero. Políticas de Emprego con Perspectiva de Xénero

Malia que o 90% dos municipios afirma que apoia ao asociacionismo prol igualdade, só 6 de cada 10 municipios ten un Consello Municipal da Muller ou órgano análogo.

No 7,1% dos municipios analizados existen asociacións en prol da igualdade dirixidas aos homes. Así mesmo, os Pactos Locais pola Igualdade de Oportunidades de Emprego só están dispoñibles no 7,6% dos municipios.

Outras conclusións que se extraen do estudo son que 9 de cada 10 municipios declaran solicitar axudas para o desenvolvemento de políticas de igualdade e tamén que case a metade dos municipios non participa en ningunha rede de intercambio con outras administracións en materia de política de xénero.

No que se refira ás políticas de emprego con perspectiva de xénero, as máis habituais están dirixidas a persoas inactivas ou desempleadas, 62,1%; emprendedoras/é, 48%; traballadores/as, 46,5% e empresas en xeral, 40,4%. Dentro deste segmento da sociedade, as accións máis habituais son a formación e o acompañamiento á inserción laboral, a promoción e formación no emprego de vítimas de violencia de xénero e os talleres de motivación e autoafirmación para desempleadas.