A CONTINUACIÓN TERÁ LUGAR DEBATE SOBRE AS REVISTAS FEMINISTAS GALEGAS COA PARTICIPACIÓN DE REPRESENTANTES DAS REVISTAS ANDAINA E FESTA DA PALABRA SILENCIADA
TAMÉN MAÑÁ INAUGURASE O DE XOGO DE DAMAS DE MÓNICA CABO NA MURALLA DO HOSPITAL MILITAR
HOXE SERÁ MARÍA JESÚS FARIÑA BUSTO E CARMEN BLANCO FALARÁN DAS FIGURAS DE EMILIA PARDO BAZÁN E ROSALÍA DE CASTRO ÁS 17.00 HORAS. A CONTINUACIÓN TERÁ LUGAR UNHA MESA DE DEBATE SOBRE AS TRABALLADORAS DO FOGAR NO QUE PARTICIPARÁN DISTINTAS ASOCIACIÓNS SOCIAIS (XIARA, ACSUR, CENTRO ATENCIÓN HOGAR-CÁRITAS, E NOMEPISESOFREGHAO). A XORNADA REMATA COA REPRESENTACIÓN DE ‘MAIBINGO-CÓCTEL’ A CARGO DO GRUPO MARIBOLHERAS PRECÁRIAS
A Coruña, 10 de setembro de 2009.- As xornadas ‘Contra Vento e Marea. Verbas e pegadas dos feminismos’ organizadas pola Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá que dirixe Margarida Vázquez, continúan hoxe coas conferencias de María Jesús Fariña Busto e Carmen Blanco que falarán das figuras de Emilia Pardo Bazán e Rosalía de Castro (Casa- Museo Emilia Pardo Bazán, 17.00 horas). A continuación terá lugar unha mesa debate sobre ‘As traballadoras do fogar’ no que participarán as asociacións Xiara, ACSUR, Centro de Atención Hogar- Cárias, e Nomepisesofreghao.
Xornada de hoxe remata ás 21.00 horas coa representación de Maribingo a cargo de Maribolheras Precarias. Os ‘maribingos’ son unha recuperación dos tradicionais bingos nos que as mulleres de xerazóns anteriores atopaban un lugar onde poder reunirse e falar das súas cousas, superando o ámbito do doméstico e equiparándose ás actividades de tipo social dos homes. O colectivo reiventa este formato dotándolle dun contido crítico respecto ao xénero, pero sen esquecer o compoñénte lúdico de festa, na liña do resto das súas accións e produccións.
Venres, 11 de setembro
As xornadas ‘Contra vento e marea. Verbas e pegadas dos feminismos’ continúan mañá coa conferencia de Rosa Cobo que analizará e explicará as diversas correntes feministas desenvolvidas na segunda metade do século XX: diferenza, igualdade, construccionismo... Será na Casa-Museo Emilia Pardo Bazán ás 17.00 horas.
Rosa Cobo, profesora na Facultade de Socioloxía de A Coruña, onde foi unha das fundadoras do Seminario Interdisciplinar de Estudos Feministas. Foi codirectora do Máster Experta en Xénero e Políticas de Igualdade. Ten escrito abundantes artigos sobre xénero e actualmente investiga sobre feminismos, multiculturalidade e globalización.
Durante a xornada de mañá venres terá lugar un debate tamén na Casa Museo Emilia Pardo Bazán ás 19.00 horas sobre Revistas feministas galegas na que intervirá a editora xefa da revista Andaina vencellada desde o principio ao Movemento Feminista Galego, e María Xosé Queizán, directora da revista de cultura Festa da palabra silenciaza que saíu á luz no ano 1983 co propósito de sacar da escuridade a escrita feminina e as teorías feministas vixentes nese momento.
Ás 21.00 horas as xornadas trasládanse á muralla do Hospital Militar para a inauguración de Xogo de Damas a cargo de Mónica Cabo. Esta artista posiciónase desde o activismo queer para subverter os roles de xénero tradicionais, amosando corpos e prácticas sexuais alonxadas de calqueira tipo de normativización social. A propia artista explica que “quería que a área elixida do espazo público, ao ser intervida polos efectos da experiencia lúdica do patchwork, puidera converterse nun novo lugar de ocio para os cidadáns. Non sería tanto invadir a rúa a través de prácticas do ámbito privado como crear un lugar que aluda á memoria colectiva, recuperando de materiais de construción dos nosos fogares como o sintasol”.
O lema "Contra vento e marea" fora elixido por Emilia Pardo Bazán para reivindicar o seu compromiso co traballo intelectual tendo en conta as evidentes trabas da época. Interésanos poñer en valor o legado da Condesa na actualidade, unha figura recoñecida pola súa defensa na debatida cuestión da educación das mulleres. Así, nestas xornadas esperase manter esta mesma pulsión de liberdade, recollendo a testemuña do espírito aberto e transgresor da primeira muller catedrática da Universidade española.
Por isto a Concellaría de Igualdade propón un achegamento ás cuestións de xénero a través de dous bloques temáticos, pioneiras e anónimas e feminismo(s), facendo un percorrido desde as primeiras loitas feministas do século XIX ata a actualidade, con especial fincapé no ámbito galego, tentando amosar unha panorámica ampla e plural (teoría, activismo, literatura, arte) por medio de conferencias, debates, teatro, danza e intervencións artísticas na rúa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario