Novo éxito de asistentes a estas Xornadas Contra Vento e Marea. Verbas e Pegadas dos Feminismos, que se están a celebrar na Casa Museo Emilia Pardo Bazán e que están apoiadas, entre outros, pola nosa Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá. De feito, o Salón de actos da Real Academia Galega, unha sorte de bastión da masculinidade que está a ser feminizado a marchas forzadas grazas aos esforzos de Xulia Santiso, Anxela Caramés e todas as persoas que están a participar, contou novamente coa presenza de Margarida Vázquez Veras, a nosa concelleira, quen valorou máis que positivamente tanto a elección do programa de charlas e actividades paralelas como a resposta do público, non só coruñés, todo hai que dicilo, senon chegado tamén dos concellos da nosa comarca.
Nesta foto, Anxela Caramés (esquerda) modera o debate posterior ás intervencións de María Jesús Fariña (centro) e Carmen Blanco (dereita) sobre as figuras de Emilia Pardo Bazán e Rosalía de Castro, respectivamente.
Nesta outra instantánea, tomada durante o debate sobre o papel e situación das traballadoras do fogar, vemos, de esquerda a dereita, a Anxela Caramés, Rocío Fraga (Nonmepisesofreghao), Carmela Casal (Xiara), Paula lobagueira (Centro de atención Hogar-Cáritas) e Marta Casal (ACSUR).
As fotos do Maribingo-Cóckteil colgarémolas nun momentiño.......sede pacientes!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario