28.5.10

Actividades de atención á infancia-Verán 2010


1. INFORMACIÓN XERAL SOBRE “ESPAZOS DE ATENCIÓN Á INFANCIA”.


CENTROS HORARIO VERÁN PERIODO

Roseiras 8:00 – 15:00 h. 23 xuño – 8 setembro (*)

Monte Alto 9:00 - 14:30 h. 23 xuño – 8 setembro (*)

Castrillón 16:00 – 20:30 h. 23 xuño – 8 setembro (*). Pendente Agosto

Novo Mesoiro 8:00 – 15:00 h. 23 xuño – 8 setembro (*). Pendente Agosto

(*) pendente calendario inicio escolar


Xa está aberto o prazo de subscrición nos catro centros (salvo Agosto en Castrillón que se abrirá o prazo do 5 de xullo ao 15 de xullo, dependendo da demanda).

Espazo de Novo Mesoiro: As preinscricións realízanse dende o 24 de maio ata o 4 de xuño. O servizo realizaráse ou non no mes de Agosto dependendo da demanda; en caso de non ter usuarios/as suficientes, analizaráse a posibilidade de completar os horarios dos campamentos urbanos que organiza Servizos Sociais, co noso servizo de atención ao domicilio.





2. SÁBADOS EN NOVO MESOIRO

Dende o sábado 8 de maio , e todos os sábados ata o 26 de xuño, realízanse actividades programadas para menores entre os 3.5 e 12 anos . Os horarios adaptáronse á demanda existente , pasando de horario de tarde ( de 17:30 a 20:00 horas) a horario de mañá ( de 10:30 a 13:30 horas).

As actividades desenvolvidas en dito espazo , e recollendo a demanda que fixeron as familias nunha xuntanza previa, abarcan dende o coñecemento da contorna, ata actividades escénicas, musicais e de expresión artística, quedando distirbuidas da seguinte maneira:


SÁBADOS

8 DE MAIO e 5 DE XUÑO: Actividades escénicas e musicais “Do, re mi, ¡¡xa estamos aquí !!!"

15 DE MAIO e 12 DE XUÑO: Actividades coa natureza “Explorando a nosa contorna”

22 DE MAIO e 19 DE XUÑO: Actividades de expresión artística “ O curruncho das artes”

29 DE MAIO e 26 DE XUÑO: Actividades coa natureza “Explorando a nosa contorna"



3. INFORMACIÓN ESTADÍSTICA SOBRE O SERVIZO DE CANGUROS MUNICIPAIS.


A día de hoxe, os datos que figuran no departamento sobre os Servizo de Canguros Municipal, tanto en Espazos de Atención á Infancia como o Servizo a Domicilio son os seguintes:



 Espazos Atención á Infancia.


Unidades familiares 335

Nº de menores 498 Nenos 243 Nenas 255


A motivación da demanda é a seguinte

- Traballo: 266 unidades familiares.
- Cursos de formación ocupacional: 16.
- Cursos de formación contínua: 5
- Entrevistas de traballo: 26
- Actividades de participación cidadá: 2
- Situacións de emerxencia: 10 ( hospitalizacións dun familiar, casa de acollida,etc.).
- Outras causas: 10 ( hospitalización do menor, desplazamento dalgun dos proxenitores,...).



 Atención a Domicilio.



Unidades familiares 245
Nº de menores 366 Nenos 161 Nenas 205


A motivación da demanda é a seguinte

- Traballo: 185 unidades familiares.
- Cursos de formación ocupacional: 10
- Cursos de formación contínua: 6
- Entrevistas de traballo: 23
- Actividades de participación cidadá: 0
- Situacións de emerxencia: 11 ( hospitalizacións dun familiar, casa de acollida,etc.).
- Outras causas: 10 ( hospitalización do menor, desplazamento dalgun dos proxenitores,...


3 comentarios:

  1. Me gustaría que en el espacio del Centro Cívico de Monte Alto los niños pudieran salir a jugar un poco a la plaza y no estar metidos en un aula todo el tiempo, donde no tienen espacio para correr.
    Gracias

    ResponderEliminar
  2. O mesmo pediría eu para o centro dos rosais. É unha mágoa que tendo a praza elíptica á veira non se aproveite para sacar os cativos algunha vez. A mañá é moi longa. Tamén temos o parque de san Pedro ao carón e non estaría mal unha excursionciña de cando en vez, non si?

    ResponderEliminar
  3. Pai dos Rosales27/7/10, 10:28

    Entendo que sacar os cativos fóra é un alto risco. Qué pasa se algún sae correndo por aí, xogueteando, e cruza unha rúa sen mirar???? Quen se responsabiliza se o seguro do Concello e do servizo de canguros seguramente cubre os problemas derivados da actividade na aula?????

    ResponderEliminar