TERÁ LUGAR OS VINDEIROS 21, 22 E 23 DE MAIO NO PAVILLÓN SAN FRANCISCO JAVIER
A Coruña, 14 de maio de 2010.- O concelleiro de Deportes, Xan Xosé Martínez Caxigal, e a concelleira de Igualdade e Participación Cidadá, Margarida Vázquez, presentaron esta mañá o III Memorial Tito Villar Pispieiro que terá lugar os vindeiros 21, 22 e 23 de maio no pavillón San Francisco Javier.
O Memorial está organizado conxuntamente pola Federación Galega de Balonmán e o Club Balonmán Coruña e conta coa colaboración das Concellarías de Deportes, Iguadalde e Turismo, asi como a Deputación da Coruña, Secretaría Xeral para o deporte, Deporte Galego, Coca-Cola, Autos Vázquez, Deportegal e Mudegá.
Os organizadores de evento destacaron o alto nivel dos equipos que participarán o que fai prever un torneo moi atractivo tanto no plano deportivo como para o público.
A concelleira de Igualdade, Margarida Vázquez, suliñou o papel importante da cidade da Coruña non mundo do balonman no que desde sempre foi un referente e destacou a colaboración da súa Concellaría co obxetivo de potenciar e apoiar a tradición do balonmán feminino na nosa cidade apostando pola consecución dunhas condicións igualitarias entre homes e mulleres no mundo do deporte sobre todo no ámbito da profesionalización.
O concelleiro de Deportes pola súa banda destacou o esforzo levado a cabo polos organizadores e animou a todos os cidadáns a disfrutar deste III Memorial Tito Villar Pispeiro no que participarán as seleccións absolutas de Gran Bretaña, Portugal, Euskadi, Catalunya e Galicia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario